A Xunta lamenta que os 500 M€ que o Goberno central prometeu para un plan de reforzo das matemáticas e a lectura se queden en 95

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Os representantes da Consellería que participaron na Comisión Xeral de Educación expuxeron que os 5,27M€ que lle corresponden a Galicia son insuficientes para levar a cabo as melloras necesarias

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2024

A Xunta de Galicia lamenta que o Goberno do Estado rebaixe de 500 a 95 millóns de euros para o conxunto de España a dotación inicial para un Plan de reforzo en Matemáticas e Lectura prometido polo presidente do Goberno do Estado nun acto de campaña electoral o pasado mes de xaneiro. 

A contía de 95M€ -dos cales 5,27 lle corresponden a Galicia- foi comunicada hoxe polo Ministerio de Educación e Formación Profesional durante a reunión da Comisión Xeral de Educación, á que asistiron en representación da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP o secretario xeral técnico, Manuel Vila, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández. Os representantes do departamento educativo do Goberno galego trasladáronlle aos responsables estatais que se trata dunha partida insuficiente para levar a cabo os programas de mellora necesarios neste eido, máxime cando se partía dunha proposta inicial de 500M€.

Non obstante, e pese á falta de apoios por parte do Goberno central, Galicia continuará coa súa folla de ruta con accións específicas de apoio para consolidar un modelo educativo propio, baseado na calidade, na convivencia, na equidade e na igualdade de oportunidades. Non en balde, a comunidade galega é unha das que máis inviste por alumno. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
329442 {"title":"A Xunta lamenta que os 500 M€ que o Goberno central prometeu para un plan de reforzo das matemáticas e a lectura se queden en 95","published_date":"2024-07-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278582\/160724+Encontro+directores+centros+educativos+OU+1.JPG","id":"329442"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-16/329442-xunta-lamenta-os-500-m-goberno-central-prometeu-plan-reforzo-das-matematicas-e-lectura-se-queden-95 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.