A Xunta impulsa a divulgación do oficio da sombreirería no 'Festival Asnot' de Padrón

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron hoxe na presentación deste evento que busca animar ao uso de sombreiros a través do humor e do enxeño
  • A Xunta patrocina un mercado de sombreirería este mércores 24 de xullo, a 1ª edición do concurso Chapeu Contest que busca reinterpretar un sombreiro tradicional galego e unhas xornadas profesionais de sombreirería que se celebran entre hoxe e mañá

Padrón (A Coruña), 22 de xullo 2024

A Xunta colabora por primeira vez na celebración do Festival Asnot de Padrón, un evento centrado na divulgación do sombreiro a partir da retranca, do humor e do enxeño. O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron esta mañá na presentación do evento que comeza hoxe cunhas xornadas profesionais e cuxa programación principal terá lugar este mércores 24 de xullo. Durante a presentación, Alén destacou o apoio do Goberno galego a este evento monográfico co obxectivo de que chegue a converterse en referente para os profesionais da sombreirería e dos complementos de moda de Galicia. 

A través da Fundación Artesanía de Galicia, patrocínanse diferentes partes do evento, entre as que destaca a primeira edición do Premio de Sombreirería de Asnot Chapeu Contest, dotado con 600 euros. Co lema "Re-visita con mirada presente", este galardón pretende convidar a profesionais e afeccionados a reinterpretar un sombreiro vinculado ao traxe tradicional galego -un sancosmeiro, unha monteira ou un pucho- co obxectivo de revalorizar estes sombreiros tradicionais e de traelos á actualidade. As pezas finalistas están expostas en diferentes establecementos comerciais do centro de Padrón, e os gañadores daranse a coñecer este mércores 24 de xullo. 

A Xunta colabora tamén coa segunda edición do Chapeu Market, un mercado de sombreirería que se celebra tamén o día 24, no Paseo do Espolón en horario de 11,00 a 21,30 horas. Esta iniciativa busca consolidarse como un punto de encontro profesional do sombreiro en Galicia e neste espazo está previsto que participen tres profesionais da marca Artesanía de Galicia: os sombreireiros Félix de Martín (Ourense) e Julia Vilariño (Pontedeume), e a cesteira María Isabel Liñares Recimil (Silleda), especializada en labores de palla. 

Outra das novidades da edición deste ano é a organización das Xornadas Profesionais de Sombreirería. Tradición e contemporaneidade, que se celebran entre hoxe e mañá na Casa Museo Rosalía de Castro. A entrada é de balde, previa inscrición. Entre os relatores atópanse o sombreireiro español con sede en Londres Rafa Peinador, a deseñadora galega Jana López, creadora da marca Maar Hats, o sombreireiro Félix de Martín -que tamén é o coordenador das xornadas- e a asociación cultural Trenzarte, de Mazaricos, especializada nas labores de palla e na elaboración dos tradicionais sombreiros sancosmeiros.  

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
342607 {"title":"A Xunta impulsa a divulgación do oficio da sombreirería no 'Festival Asnot' de Padrón","published_date":"2024-07-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105501-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"342607"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-22/342607-xunta-impulsa-divulgacion-do-oficio-da-sombreireria-festival-asnot-padron https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.