Rueda destaca que o Goberno galego cumpriu o 100% das medidas anunciadas para os 100 primeiros días

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Salienta o valor da "palabra dada" para consolidarse como unha administración na que os cidadáns poden confiar
  • Apunta á relevancia de iniciativas como a gratuidade da matrícula universitaria, o impulso de nova vivenda pública e máis prazas para maiores e persoas con discapacidade
  • Recorda tamén outras propostas como o solo industrial gratuíto os primeiros 8 anos, a redución da tributación das herdanzas entre parentes ou a ampliación da fecundación in vitro e da conxelación de óvulos

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que o Goberno galego xa cumpriu o 100% das medidas anunciadas para os primeiros 100 días. Así o sinalou esta mañá durante un acto de balance no que estivo acompañado por todo o equipo de goberno e no que se repasou o estado de tramitación de todas estas iniciativas.

Na súa intervención, o titular do Executivo galego puxo en valor "todo o traballo que hai detrás" desta acción de Goberno, que permite que Galicia sexa cada día "un pouco mellor" e "un pouco máis referente". 

Ademais, salientou a importancia de ser fiel á "palabra dada" porque "en Galicia somos de fiar". Así, considerou que a través do impulso de medidas como a gratuidade da matrícula universitaria, de nova vivenda pública ou de máis prazas para maiores e persoas con discapacidade, a Administración autonómica devolve a confianza que os galegos depositaron nela.

De cara ao resto de lexislatura, animou a todo o equipo de goberno a continuar mantendo "a ambición", "a frescura", "os ollos e oídos abertos" e "os pés na rúa" para seguir "traballando xuntos" coa mesma intensidade que durante os primeiros cen días. 

Por último, agradeceu o traballo dos conselleiros, cadros directivos e "do excelente persoal público" por ter conseguido cumprir o 100% das medidas, un fito que considerou "para estar moi orgulloso".

Medidas dos 100 primeiros días

En concreto, nestes meses cumpríronse ou iniciáronse os trámites para dar cumprimento a medidas como a remodelación e reapertura do estadio do Couto e finalización da parte autonómica do complexo acuático de Monterrei; a gratuidade dos primeiros gastos para adoptar un animal de compañía; os trámites para que desde o vindeiro curso a primeira matrícula universitaria sexa gratis; o impulso das 1.000 novas prazas públicas de residencias, centros de día e centros de discapacidade; o establecemento de solo público empresarial gratuíto para os primeiros 8 anos; ou a elaboración dos plans directores do naval e a automoción.

Ademais, tamén estaban incluídos nestes compromisos máis urxentes a redución da tributación das herdanzas entre parentes cunha nova rebaixa que pode beneficiar a máis de 9.500 persoas ao ano; a tramitación da primeira Lei de Intelixencia Artificial dunha rexión europea; os avances nas autovías Tui-A Guarda e Nadela-Sarria; e o impulso á construción de 375 vivendas públicas.

Así mesmo, súmanse a incorporación da vacina intranasal para os cativos de dous a cinco anos e novos programas piloto de cribado de cancro de próstata e de pulmón; avances para que as mulleres de ata 45 anos poidan acceder á reprodución humana asistida na sanidade pública  e  posibilitar que as mulleres poidan conxelar os seus óvulos sen necesidade de ter unha patoloxía previa; a creación da rede dinamización cultural no rural; unha convocatoria novidosa para impulsar a contratación de mulleres en ocupacións masculinizadas de alto valor engadido; o programa de primeira experiencia profesional para fomentar a contratación de menores de 30 anos nas empresas galegas; o impulso aos polígonos agroforestais no rural; e o novo Plan de Acción Marisqueiro 2024-2025. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
337341 {"title":"Rueda destaca que o Goberno galego cumpriu o 100% das medidas anunciadas para os 100 primeiros días","published_date":"2024-07-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/104721-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"337341"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-19/337341-rueda-destaca-goberno-galego-cumpriu-100-das-medidas-anunciadas-os-100-primeiros-dias https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.