A Xunta colabora co Club de Remo de Ares na adquisición dun esquife adaptado

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A entidade beneficiouse da liña de axudas da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para equipamento deportivo adaptado 
  • Aneiros coñeceu ademais a nova nave de embarcacións do club destinada a cubrir as necesidades de almacenamento 

Ares (A Coruña), 17 de xullo de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta tarde o Club de Remo de Ares, acompañada polo seu presidente Germán Sánchez, entre outros membros da directiva, que fixo de anfitrión polas novas instalacións e deu a coñecer os proxectos de futuro da entidade deportiva.

A entidade acaba de incorporar á súa frota de embarcacións un esquife adaptado -un tipo de bote de competición de remo deseñado para unha soa persoa- adquirido grazas a unha subvención de 6.200 euros da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no marco da liña de axudas para equipamento deportivo adaptado que o Goberno galego convocou por primeira vez o pasado ano. Esta incorporación incrementará a competitividade do club que ata o momento non teña presenza en ningunha competición de remo adaptado.

Na área de Ferrolterra tamén se beneficiaron destas achegas o Club Cabanas KDM, a Agrupación de Deportiva Minusválidos Ferrol, o club hípico Equo Alalma, de Ferrol; o club Pulpeiros Mugardos; o club tenis de mesa Cidade de Narón, e o club Náutico Folixa, das Pontes. O importe conxunto da axudas ascende a preto de 34.000 euros.

Nova nave de almacenamento

Aneiros tivo a oportunidade ademais de coñecer a nova nave de embarcacións do club, un inmoble destinado a cubrir as necesidades de almacenamento das embarcacións de banco fixo e facilitar os adestramentos dos distintos equipos e que contou cunha contribución de máis de 30.000 euros da Secretaría Xeral para o Deporte, concretamente para a construción do faiado da nave.

A delegada territorial aproveitou a ocasión para felicitar ao club polos bos resultados que está colleitando na máxima competición autonómica de traiñeiras que está a disputar estas semanas e destacou a necesidade de seguir fomentando a actividade deportiva tanto desde as administracións públicas como desde o clubs.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
333014 {"title":"A Xunta colabora co Club de Remo de Ares na adquisición dun esquife adaptado","published_date":"2024-07-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278582\/20240716PartidoEspa%C3%B1aBelxica1.jpg","id":"333014"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-17/333014-xunta-colabora-co-club-remo-ares-na-adquisicion-dun-esquife-adaptado https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.