A Xunta intensifica a oferta turística do verán da cidade da Coruña co seu apoio ao Morriña Festival

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participan na presentación da cita que se celebra o venres e sábado
  • Xosé Merelles salienta o compromiso do Goberno galego coa cidade co apoio de grandes eventos como este e outras citas musicais recentes como os concertos de Maná, Juan Luis Guerra, Luis Miguel ou o próximo de Rod Stewart, entre outros

A Coruña, 22 de xullo de 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participaron hoxe na presentación da nova edición do Morriña Festival que se celebrará este venres e sábado co apoio da Xunta de Galicia. Xosé Merelles puxo de manifesto o compromiso do Goberno autonómico coa celebración desde festival "coa intención de intensificar a oferta turística da cidade que está a ser un dos destinos urbanos máis salientables", dixo.

Neste sentido, recordou que A Coruña é o segundo destino urbano con maior demanda turística de Galicia e que este ano está a crecer a un ritmo do 4%. "É un destino que gusta, e gusta moito, e con grandes eventos e citas musicais como estas contribuímos a incrementar o seu atractivo", expresou.

Puxo como exemplo o éxito dalgunhas das citas xa celebradas durante o ano co apoio da Xunta como os concertos de Queens of the Stone Age e Maná, no marco do Gozo Festival; os de Juan Luis Guerra e Gilberto Santa Rosa ou o festival de música electrónica Wake Up Dreams e os concertos de Coruña Sounds de Emilia, Camilo, Robe Luis Miguel e este mércores de Chris Isaak. Salientou, ademais, vindeiras citas como o concerto de Rod Stewart en decembro con Gozo Festival ou os espectáculos que ofrecerán tamén a finais de ano na cidade Sara Baras ou Raphael, entre outros.

No que se refire ao Morriña Festival, o director de Turismo de Galicia agradeceu aos seus promotores, Bring the Noise o seu "incansable traballo" por "conseguir consolidar" este festival que está considerado o festival urbano máis grande de España e que chega á súa terceira edición avalado polas boas cifras do ano pasado con máis de 15.000 espectadores cada un dos días. Recordou que o apoio da Xunta se enmarca na estratexia do Goberno autonómico por reforzar a marca turística Galicia a través dos festivais.

Artistas e grupos

Salientou tamén a importancia destas iniciativas para que A Coruña continúe a consolidarse como o segundo destino urbano de Galicia, cuxa demanda está a medrar a un ritmo do 4% nos cinco primeiros meses do ano con máis de 365.000 noites nos hoteis e pensións da cidade.


O Morriña Festival terá lugar o 26 e 27 de xullo e contará coas actuacións xa o mesmo venres de Louis Tomlinson, Editors, Nicki Nicole, Iván Ferreiro, Dani Fernández, Juan Magán, Sen Senra, Dorian, Marlena e Enol. O sábado 27 de xullo será a quenda de Aitana, Lola Índigo, La La Love You, Yandel, Iñigo Quintero, Dei V, Pedro Capó, Malmö 040, Dollar Selmouni, Yeico x Troni, Garabatto, Tashi e Toni Seijas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
341987 {"title":"A Xunta intensifica a oferta turística do verán da cidade da Coruña co seu apoio ao Morriña Festival","published_date":"2024-07-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105797-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"341987"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-22/341987-xunta-intensifica-oferta-turistica-do-veran-da-cidade-da-coruna-co-seu-apoio-ao-morrina-festival https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.