A Xunta mantén un encontro co novo equipo directivo do centro de menores Santo Anxo de Rábade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A educadora María Lence é a nova directora en substitución de Óscar Viñas, que deixa o posto para formar parte da nova estrutura provincial da Xunta

Rábade (Lugo), 16 de xullo de 2024

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, mantivo esta mañá un encontro co novo equipo directivo do centro de protección de adolescentes Santo Anxo, en Rábade. A reunión serviu como presentación da nova directora destas instalacións, a educadora María Lence, que asume o posto en substitución de Óscar Viñas.

O director xeral destacou que María Lence conta con formación especializada no eido da infancia e ata agora formaba parte do cadro de persoal deste centro. Así mesmo, lembrou que este cambio responde a que o anterior director, Óscar Viñas, pasou a integrar a nova estrutura provincial da Xunta en Lugo.

Neste sentido, Jacobo Rey destacou que o Goberno galego apostou pola experiencia dunha persoa que xa coñece o funcionamento diario do centro. Así mesmo, puxo en valor a calidade asistencial da rede de protección a menores do Goberno galego que procura unha correcta atención dos nenos e adolescentes para que poidan transitar á vida adulta e realizar o seu proxecto de vida da maneira máis autónoma posible.

Á presentación asistiron o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey; a nova directora do centro, María Lence (á dereita do director xeral); o director saínte e novo director territorial da Consellería de Política Social e Igualdade na provincia de Lugo, Óscar Viñas; e a coordinadora do centro, Asunción Veiga.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
329371 {"title":"A Xunta mantén un encontro co novo equipo directivo do centro de menores Santo Anxo de Rábade","published_date":"2024-07-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/104002-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"329371"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-16/329371-xunta-manten-encontro-co-novo-equipo-directivo-do-centro-menores-santo-anxo-rabade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.