Todas las noticias de c. de política social e igualdade en Galicia en los últimos 30 días
Más de 100 Resultados. Desde Sábado 10 Febrero 2024 hasta Domingo 9 Febrero 2025
Si no encuentras lo que buscas, usa los filtros de búsqueda para afinar la búsqueda y obtener resultados más precisos.
Viernes 7 Febrero 2025
A Xunta inviste 4 M€ no futuro centro integral de Friol que situará a Galicia como referente na atención ás persoas con trastorno do espectro autista
- Fabiola García destaca que esta nova residencia, que será xestionada por Aspanaes e contará con 48 prazas, permitirá crear novos postos de traballo, favorecendo o asentamento de poboación no rural
- A conselleira pon en valor a colaboración entre a Administración autonómica e o tecido asociativo para seguir mellorando a vida das persoas con discapacidade
Jueves 6 Febrero 2025
A Xunta sinala que o centro de crise 24 horas de Ourense é un punto de referencia na loita contra a violencia de xénero na provincia
- Galicia conta con cinco recursos destas características que ofrecen atención e asesoramento ás vítimas a través de profesionais multidisciplinares
A Xunta abre mañá o prazo para que os concellos e as entidades sociais soliciten axudas para os seus programas de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de conciliación corresponsable
- A primeira orde de subvencións, de 12,2 M€ e dirixida aos concellos, agrupa tres liñas de achegas: as de conciliación corresponsable no ámbito local, as de promoción da igualdade e prevención e tratamento da violencia de xénero e as do programa de apoio aos CIM
- A segunda, de 2,2 M€, financiará iniciativas de entidades sociais para a atención de mulleres en situación de especial vulnerabilidade, a conciliación e a corresponsabilidade entre mulleres e homes
Fabiola García salienta a vocación emprendedora e social da Fundación Lingoreta
- Fai fincapé na importancia desta fundación para dar máis visibilidade á saúde mental e aos problemas de desenvolvemento que afectan á infancia e á mocidade
A Xunta coñece o modelo integrado de atención sanitaria e social do Hospital de Xixón
Santiago de Compostela, 6 de xaneiro de 2025 O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou onte o Hospital de Xixón co obxectivo de coñecer de primeira man o modelo do centro, que integra nun mesmo edificio servizos hospitalarios e centro sociosanitario. Durante a visita, Antón Acevedo tivo a ocasión de conversar coa directora do centro, Elsa Rodríguez, e con profesionais asistenciais, que explicaron o fu...
Miércoles 5 Febrero 2025
A Xunta pon en valor as iniciativas impulsadas polas entidades sociais destinadas á prevención da violencia de xénero
- O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero destacou que a colaboración da administración e o tecido asociativo é fundamental para lograr sociedades máis igualitarias
Martes 4 Febrero 2025
A Xunta presenta o seu modelo de coidados en centros residenciais ás profesionais do sector
- Galicia foi pioneira no desenvolvemento dun sistema baseado na atención personalizada, o uso das novas tecnoloxías, a mellora dos equipamentos e a formación continua
A Xunta pon en valor a colaboración coas tres universidades públicas para impulsar iniciativas de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero
- Na reunión cos equipos das Unidades de Igualdade acordaron seguir traballando en conxunto para a posta en marcha de novos programas orientados a promover as masculinidades igualitarias, a corresponsabilidade e a prevención da violencia de xénero
A Xunta suma apoios ao protocolo contra violencias sexuais e LGTBIfóbicas nunha xuntanza cos empresarios do ocio nocturno de Lalín
- O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero salienta a importancia de adherirse a este protocolo para garantir unha resposta rápida e coordinada ante posibles agresións
Lunes 3 Febrero 2025
A Xunta fomenta o envellecemento saudable das persoas maiores que viven no rural
- O obxectivo é que aqueles que o desexen poidan facerse maiores na súa contorna cos coidados e apoios que necesitan
Sábado 1 Febrero 2025
A Xunta pon en marcha unha nova edición da campaña 'Agresión off, eu digo non á violencia sexual'
- O obxectivo desta iniciativa é informar á cidadanía sobre a violencia de xénero, especialmente a de carácter sexual
- Este ano desenvolveranse medio cento de actuacións dentro do ámbito local
A Xunta destaca a posta en marcha de dúas novas casas do maior en Fisterra, que suman dez prazas de atención diúrna gratuíta
- Estes dous novos recursos reforzan aínda máis a rede de casas do maior que supera as 140 nas catro provincias galegas
Fabiola García reúnese coas presidentas de Empresarias de Galicia e da Asociación de Familias e Mulleres Rurais
- A conselleira de Política Social e Igualdade agradeceu o traballo de ambas entidades e acordou seguir colaborando para impulsar o papel da muller no mundo laboral
Viernes 31 Enero 2025
A Xunta apoia ao equipo de ciclismo feminino Team Farto, un exemplo do impulso pola igualdade de xénero no deporte profesional
- A conselleira de Política Social e Igualdade desexou o mellor dos éxitos "nunha tempada especial e chea de retos"
- Agradeceu o traballo realizado polo equipo nos seus sete anos de traxectoria, sendo un referente en Galicia e no resto do país
- Fabiola García animou ás deportistas a seguir rompendo barreiras e avanzando no deporte feminino
Fabiola García inaugura o novo centro de día do fogar e clínica San Rafael de Vigo, que contará con 36 prazas
- Puxo en valor o bo facer desta entidade, que leva 90 anos traballando polo benestar das persoas con discapacidade e as súas familias
A Xunta financia obras de mellora da accesibilidade e un programa de estimulación cognitiva na residencia de maiores As Dores
- Destina preto de 150.000 euros con cargo ao 0,7 % do IRPF a estas actuacións, que redundarán no benestar das persoas usuarias do centro
Jueves 30 Enero 2025
Fabiola García pon en valor a importancia do audiovisual como ferramenta de cambio social e de impulso da igualdade
- A conselleira felicitou a todas as participantes no certame e agradeceu o seu labor para lograr unha Galicia máis igualitaria
A Xunta participa no Congreso Internacional de Educación de Persoas Adultas 'Caxato' que se celebra en Galicia
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2025 O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou na inauguración do Congreso Internacional de Educación de Persoas Adultas Caxato, que se celebra en Galicia e no que participan institucións de varios países que realizan actividades formativas arredor do Camiño de Santiago. Antón Acevedo destacou que a Xunta de Galicia mantén unha aposta firme pola formación d...
A Xunta enxalza o traballo de entidades sociais como Special Olympics que acompañan cada día ás persoas con discapacidade
- A conselleira destacou que esta edición do certame volveu ser un éxito tanto na participación como na calidade dos traballos
Miércoles 29 Enero 2025
A Xunta enxalza os traballos creativos realizados polas usuarias do centro ocupacional Esclavas de la Virgen Dolorosa de Mos
- O Executivo galego financia con máis de 1,6 millóns de euros un total de 79 prazas de atención residencial e diúrna neste centro
A Xunta reforza a rede de Centros de Información á Muller cun investimento de máis de 6,5 M€
- Destacou que xa está en marcha o Plan Integral dos CIMS para dar resposta ás necesidades das traballadoras e para melloras no servizo
A Xunta pon en valor a apertura dun novo servizo de asesoramento a persoas migrantes en Sanxenxo
- Este novo punto de atención forma parte do programa Gadea que conta cunha achega do Executivo galego de preto de 100.000 euros con cargo ao 0,7% do IRPF
Martes 28 Enero 2025
Belén do Campo visita a nova casa do maior que empezará a funcionar este ano en Irixoa
- A nova orde de axudas do 2024 permitiu a apertura de oito casas novas na provincia da Coruña o que eleva a 45 o número total de unidades deste tipo na Coruña este ano
- A delegada subliñou sinalou que se trata dun servizo fundamental para garantir a mellor atención e coidado aos maiores das zonas máis despoboadas e lembrou que forma parte da aposta da Xunta de Galicia para posibilitar o envellecemento activo
As residencias de maiores da Milagrosa e das Gándaras, en Lugo, renovan o certificado que garante a calidade dos seus servizos
- O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitou hoxe o centro da Milagrosa, no que se acometerán obras de rehabilitación integral por importe de 1,7 M€
- Destaca que estas acreditacións reflicten o compromiso de mellora continua por parte do persoal que se ocupa da atención aos usuarios
A Xunta crea nos seus departamentos territoriais servizos específicos para discapacidade
- Habilítanse catro Xefaturas de servizo específicas, unha por provincia
- Esta medida forma parte do Plan galego de axilización y simplificación, en vigor desde o pasado día 1 de xaneiro
Domingo 26 Enero 2025
A residencia de maiores da Xunta en Campolongo recibe o certificado de centro libre de suxeicións
- Esta á segunda residencia da rede pública autonómica en obter este recoñecemento, tras a coruñesa Torrente Ballester
Sábado 25 Enero 2025
A Xunta pon de relevo os avances acadados por Fademga na mellora da atención ás persoas con discapacidade
- O Executivo galego destinará neste 2025 máis de 176 millóns de euros para seguir reforzando o eido da discapacidade e apoiando ao tecido asociativo
A Xunta reafirma o seu compromiso coa atención aos maiores do concello de Arbo
- Neste concello hai 40 persoas beneficiarias do Bono coidado no fogar que reciben 5.000 euros anuais para ser coidados nas súas vivendas por persoas achegadas
Jueves 23 Enero 2025
A Xunta avalía os retos que afrontan as mulleres emprendedoras para reforzar e optimizar medidas como o programa Emega
- Fabiola García destaca que o investimento de 27M€ na última década permitiu apoiar a máis de 2.000 emprendedoras galegas, a maioría delas autónomas, e xerar máis de 4.000 empregos femininos na comunidade
Miércoles 22 Enero 2025
A Xunta pon en valor as iniciativas impulsadas polos concellos destinadas á prevención da violencia de xénero
- O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero destacou que a colaboración entre administracións é fundamental para lograr sociedades máis igualitarias
- Roberto Barba lembrou que está aberta a convocatoria de axudas para os concellos destinadas a consolidar os CIMS e desenvolver accións de prevención da violencia de xénero
Fabiola García coñece o proxecto da Mancomunidade de Verín para a mellora e ampliación do Centro de Información á Muller
- A conselleira destacou que a nova orde de axudas da Xunta contempla diferentes actuacións para rehabilitación, adquisición de equipamento ou reforma destes recursos
Fabiola García ratifica o compromiso da Xunta coas vítimas de violencia de xénero ao convocar axudas por importe de máis de 10 M€
- Xa se poden solicitar as achegas periódicas de ata 800 euros ao mes, as axudas de pago único, as de indemnización e as destinadas especificamente a mulleres gravemente feridas, orfos e vítimas de violencia vicaria
- A conselleira agradeceu o traballo e compromiso do persoal deste centro da Xunta, que atende cada ano a unhas 100 mulleres e aos seus fillos e fillas, dándolles apoio e seguimento e axudándolles a recuperar a súa vida
Martes 21 Enero 2025
A Xunta destina máis de 300.000 euros para o reforzo da atención a maiores e persoas con discapacidade do concello de Valga
- O Executivo galego investiu máis de 134.000 euros para a adquisición dun vehículo e a realización de melloras no centro de día e no CODI
- Así mesmo, a Consellería de Política Social e Igualdade concedeu a este municipio 190.000 do plan concertado para un programa de atención á discapacidade
A Xunta concede axudas por valor de 185.000 euros a 14 proxectos liderados por mulleres nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal
- A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a unha das beneficiarias deste programa autonómico destinado a fomentar o emprendemento feminino
- Esta convocatoria da Consellería de Política Social e Igualdade contou en 2024 cun orzamento de 5 M€, o máis alto da súa historia
Lunes 20 Enero 2025
Arias aborda con Aurora Carro a celebración do Congreso Rexional de Viúvas en maio na Delegación Territorial da Xunta
Lugo, 20 de xaneiro de 2025 O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, reuniuse hoxe coa presidenta da Asociación de Viúvas da provincia, Aurora Carro, para abordar a celebración do Congreso Rexional de Viúvas de Galicia, que se desenvolverá na Delegación Territorial da Xunta. A data prevista é o 24 de maio no Salón de Actos do edificio administrativo. A organización deste encontro na cidade coincide coa conmemoración do 50 aniversa...
A Xunta convoca as axudas de pago mensual de ata 800 € para vítimas de violencia de xénero ás que destina 5,4 M€
- O Diario Oficial de Galicia (DOG) tamén publica hoxe as achegas destinadas á contratación de mulleres vítimas por parte das entidades locais galegas
O Diario Oficial de Galicia publica a resolución da orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF que beneficia a 155 entidades sociais e á que se destinan 33 M€
- Estas axudas facilitarán o desenvolvemento de 744 programas de protección da infancia, atención das persoas maiores e con discapacidade, a inclusión social, a promoción da igualdade e a loita contra a violencia de xénero
A Xunta segue a consolidar a rede de casas niño no rural cun investimento de 10,5 M€ para garantir a súa continuidade ata o ano 2028
- O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe recolle a nova convocatoria de axudas para apoiar o funcionamento destes recursos
- Increméntase en case un 5% as achegas ás titulares das casas, ata os 29.000 euros anuais
- Concédese unha subvención adicional de 1.500 euros para a renovación dos equipamentos
Domingo 19 Enero 2025
A Xunta reforza o apoio aos concellos con máis de 5,6 M€ para a consolidación dos CIMS e accións de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero
- A conselleira destacou que o investimento para sufragar os custos de persoal dos CIMS aumenta este ano un 12% con respecto ao 2024
- Fabiola García sinalou que preto dun millón de euros, un 30% máis que no 2024, están destinados a desenvolver iniciativas de prevención da violencia de xénero
- Ademais, lembrou que está en marcha o Plan integral de renovación e impulso dos CIMS
Sábado 18 Enero 2025
A Xunta destaca o papel das novas narrativas culturais na construción dunha Galicia máis igualitaria
- María Quintiana felicita e pon en valor o traballo do equipo de Nova Galega de Danza para poñer ás mulleres no centro e visibilizar o importante papel que teñen na historia de Galicia
A Xunta amosa o seu apoio a Bumei Galicia no seu traballo en favor da inclusión social das persoas máis vulnerables
- O director de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu á inauguración da nova sede desta entidade en Foz, na que se impartirán itinerarios de inserción sociolaboral
Viernes 17 Enero 2025
A Xunta pon en valor as actividades de envellecemento activo e saudable impulsadas desde as residencias de maiores
- O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria destacou que o Executivo galego conta con diferentes programas para o benestar dos maiores
A Xunta destina máis de tres millóns de euros á rede de casas niño do rural, que ofrece un servizo gratuíto a máis de 500 familias
- As achegas para o funcionamento destes recursos para este ano increméntanse un 5 % con respecto a anos anteriores
- Inclúese ademais unha partida de 1.500 euros adicionais para a renovación de equipamentos ou mellora das instalacións
A Xunta colabora coa Fundación Igualarte na integración das persoas con discapacidade a través das disciplinas artísticas
- A directora xeral de Persoas con Discapacidade visitou a sede da entidade para comprobar a evolución dos proxectos que leva a cabo e as previsións para 2025
Belén do Campo visita a nova casa niño financiada pola Xunta en Paderne
- A representante do Goberno autonómico lembrou que actualmente están en funcionamento 18 centros deste tipo na provincia
- A delegada informou na visita que o Bono Concilia Familia chegou, no 2024, na provincia da Coruña, a case 6.500 solicitudes, o que supón un 44% do total de Galicia, grazas a un investimento de máis de 1,2 millóns de euros, un 44% do orzamento total da comunidade galega
Jueves 16 Enero 2025
A Xunta pon en valor o traballo diario do persoal da residencia pública Torrente Ballester, recoñecida como centro libre de suxeicións
- O centro coruñés convértese no primeiro de Galicia en obter esta acreditación, que se enmarca no desenvolvemento do novo modelo de coidados
Miércoles 15 Enero 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense recibe ao presidente de Autismo Ourense
Ourense, 15 de xaneiro de 2025 O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá na Delegación Territorial co presidente da Asociación Autismo Ourense, Ángel Domínguez, para transmitirlle a total colaboración do Goberno galego no traballo que esta entidade está a desenvolver a prol dunha maior independencia, benestar e calidade de vida das persoas con autismo (Trastorno do Espectro Autista). Manuel Pardo analiz...
Martes 14 Enero 2025
Fabiola García pon en valor o exemplo de superación de Hafsa e Ibrahima, dous adolescentes do sistema de protección que son premios extraordinarios da ESO
- A conselleira felicitounos polo seu esforzo e puido coñecer as historias persoais ao tempo que agradeceu o compromiso dos profesionais que traballan nos centros de menores
Domingo 12 Enero 2025
Fabiola García pon en valor o traballo das entidades sociais na atención ás persoas con ELA
- No encontro destacou o apoio das Administracións públicas para seguir mellorando a calidade de vida dos doentes
- O Executivo galego seguirá apoiando no 2025 ás persoas afectadas cunha achega de 12.000 euros anuais para sufragar os custos derivados da enfermidade
Fabiola García destaca que este 2025 a Xunta seguirá apostando polo complemento ao bono residencias para apoiar aos maiores
Oleiros (A Coruña), 12 de xaneiro de 2025 A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou aos maiores da residencia Raiola de Oleiros. Neste encontro, trasladoulle o compromiso da Xunta de seguir reforzando as iniciativas de apoio aos maiores como o complemento de 1.200 euros ao Bono residencia para sufragar os custos do centro de coidados. Así mesmo, Fabiola García sinalou que esta medida forma parte da aposta da Xunt...
Sábado 11 Enero 2025
A Xunta renova o seu convenio con Acega para seguir fomentando un comercio e restauración totalmente adaptados ás necesidades das persoas celíacas
- Preto de 300 comercios ou centros hoteleiros de toda Galicia participan actualmente neste programa que ofrece formación, asesoramento e controis de alérxenos
A Xunta inviste 60.000 euros nas obras de mellora de eficiencia enerxética da escola infantil pública autonómica de Vite
Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2025 A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou hoxe a escola infantil de Vite, pertencente á rede pública autonómica, na que se realizaron obras por importe de 60.000 euros. En concreto, leváronse a cabo actuacións orientadas á mellora da eficiencia enerxética do centro, incluíndo a renovación integral das cubertas. Fabiola García sinalou que nos últimos anos acome...
Jueves 9 Enero 2025
Fabiola García pon en valor o apoio da Xunta aos concellos con 17 millóns de euros para financiar os seus servizos sociais e programas de inclusión
- A maior contía do Plan Concertado diríxese a sufragar a contratación de máis de 800 profesionais, entre traballadores sociais, educadores sociais, auxiliares administrativos e outras categorías
- Estas subvencións tamén contribúen ao desenvolvemento duns 200 programas de interese social en toda Galicia
- A conselleira subliña que na provincia de Pontevedra o investimento ascende a 4,5M€
Fabiola García subliña que Fornelos de Montes contará cun fogar residencial para maiores grazas a un investimento da Xunta de máis dun millón de euros
- O Executivo galego financia a totalidade das obras para converter as antigas escolas unitarias neste recurso municipal de atención de doce prazas
- Este proxecto está financiado a través do Plan de Investimentos de 18,5 millóns de euros do que se benefician unha vintena de iniciativas en Galicia
A Xunta destaca que os veciños de Bóveda xa contan con dous novos servizos gratuítos de atención a maiores
- Antón Acevedo sinala que estes novos recursos darán servizo a unha decena de veciños da contorna
- Galicia conta con máis de 140 casas do maior en funcionamento situadas nos concellos con menos de 5.000 habitantes
Miércoles 8 Enero 2025
Fabiola García sinala que os veciños do Pino gañarán en calidade de vida coa apertura neste 2025 de dúas novas casas do maior
- Estes servizos convértense nos dous primeiros recurso de atención pública e gratuíta a maiores do municipio
- Galicia ten en funcionamento máis de 140 casas do maior nos concellos de menos de 5.000 habitantes
A Xunta e a Universidade da Coruña desenvolven un programa pioneiro de atención a nenos e adolescentes en situación de risco ou desamparo
- A Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar (UIICF) traballa con menores derivados do sistema autonómico de protección
Martes 7 Enero 2025
A delegada da Xunta visita o Banco de Alimentos de Vigo e destaca o labor realizado na gran recollida do ano 2024
- Ana Ortiz mantivo un encontro coa nova directiva da Fundación Provincial e avanza que o Goberno galego estuda liñas de colaboración coa ONG
A Xunta destaca as actividades do centro de día e a residencia de Mondoñedo para promover o envellecemento activo
- Antón Acevedo destacou que este complexo conta cunha unidade específica para doentes de Alzheimer
Sábado 4 Enero 2025
A Xunta colabora coa Cociña Económica de Ferrol a través da orde de axudas a entidades de iniciativa social
- Recibe unha achega económica de 240.000 euros para o período 2023-2025
Jueves 2 Enero 2025
O Bono Concilia Familia da Xunta chegará este ano a preto de 15.000 fogares, un 37% máis que na convocatoria anterior
- O orzamento final deste programa sitúase en preto de 2,8 millóns de euros
- Está pensado para que familias con nenos ata os 13 anos nas que os proxenitores traballan poidan conciliar en situacións puntuais e durante as vacacións escolares
A Xunta destaca o traballo que se desenvolve no CAPD de Sarria para mellorar a autonomía e benestar das persoas con discapacidade
Sarria (Lugo), 2 de xaneiro de 2025 A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, estivo esta mañá cos usuarios e os profesionais do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria aos que lles desexou un próspero ano novo. Begoña Abeijón destacou o traballo que se leva a cabo neste centro para mellorar a autonomía e o benestar das persoas que diariamente acoden a el. A directora xeral trasladou o firme...
A Xunta mellora os centros ocupacional e de día do concello de Valga cun investimento de 134.000 euros
- As actuacións son o resultado dos convenios de colaboración asinados entra ambas administracións no 2024
- Ademais das obras realizadas, concedeuse unha achega para a compra dun vehículo adaptado para o centro ocupacional
Miércoles 1 Enero 2025
Entra en vigor o Plan da Xunta para axilizar e simplificar o acceso á dependencia e á discapacidade
- Ábrese unha vía preferente de atención para as persoas maiores de 80 anos
- Elimínanse as trabas burocráticas e só coa solicitude é suficiente para iniciar o procedemento
- Establécese unha solicitude única para a dependencia e a discapacidade, que se valorarán e resolverán de maneira conxunta
Lunes 30 Diciembre 2024
A Xunta renova a imaxe exterior do centro de día para persoas maiores de Mondariz
- Financiáronse con 21.000 euros a rehabilitación das fachadas do inmoble e o pintado das estancias interiores
A residencia de maiores Torrente Ballester da Xunta despide por anticipado o ano
A Coruña, 30 de decembro de 2024 Persoas usuarias, familiares e persoal da residencia de maiores Torrente Ballester cumpriron coa tradición e despediron hoxe por anticipado o 2024 cunha gran festa de fin de ano. O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu ao evento e aproveitou para trasladar a todos os mellores desexos para o vindeiro ano. Pola súa banda, o director do centro, Constantino Piñeiro, insis...
Domingo 29 Diciembre 2024
A Xunta pon en valor as actividades de Nadal do Centro de persoas con discapacidade da Coruña
A Coruña, 29 de decembro de 2024 A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou aos usuarios do Centro de atención a persoas con discapacidade (CAPD) da Coruña para coñecer as actividades que desenvolven durante o Nadal. A directora xeral aproveitou a ocasión para conversar cos usuarios e traballadores e desexarlle un próspero ano novo. Ademais, agradeceu o labor que desenvolve o centro para fomentar a autonomía...
Sábado 28 Diciembre 2024
A Xunta convoca unha nova orde de axudas para a continuidade das casas do maior
- O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as axudas ás que poden acollerse os recursos abertos ao longo do 2023
Viernes 27 Diciembre 2024
A Xunta inviste preto de 65.000 € en obras de mellora do seu centro de día e escola infantil en Pantón
- O Executivo galego destinou máis de 55.000 euros á mellora da accesibilidade e impermeabilidade do centro de día
- Ademais, sufragou con preto de 9.000 euros as reparacións da escola infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos
Jueves 26 Diciembre 2024
A Xunta destaca a casa niño de Pedrafita do Cebreiro como o primeiro recurso gratuíto de atención á infancia deste concello
- En Galicia hai máis de 100 casas niño en funcionamento que dan servizo aos concellos máis rurais
A Xunta destina preto de 40.000 euros a mellorar a zona de lecer da súa escola infantil de Baiona
- As actuacións permitiron construír un novo parque de xogos infantil con materiais seguros e adaptados aos cativos
Martes 24 Diciembre 2024
Fabiola García felicita o Nadal aos maiores e traballadores que pasan estas datas sinaladas nas residencias
- A conselleira de Política Social e Igualdade agradeceu o traballo do persoal destes centros que acompaña aos usuarios durante as festas
- O Executivo galego apoia diferentes iniciativas para evitar que as persoas maiores pasen estas datas soas
A Xunta destaca o labor da Cociña Económica da Coruña na inclusión social das persoas en situación de vulnerabilidade
A Coruña, 24 de decembro de 2024 O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou o labor das persoas que forman parte da Cociña Económica da Coruña na atención diaria e integración social das persoas en situación de vulnerabilidade. Esta entidade encárgase de ofrecer cada día un prato de comida e servizos básicos ás persoas que máis o precisan. Neste senso, o director xeral trasladou o compromiso do Executivo galego p...
Lunes 23 Diciembre 2024
A Xunta avalía cos representantes da infancia as necesidades e demandas dos máis novos
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2024 O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, acompañado da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, presidiu o pleno do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia da Xunta (CAIA). Durante a xornada de traballo os membros deste órgano trasladaron as inquedanzas e demandas do seu colectivo. Nesta liña, Jacobo Rey reiterou o compromiso do...
O delegado territorial da Xunta en Ourense visita Aspanas para trasladarlle os mellores desexos nestas datas de Nadal
Ourense, 23 de decembro de 2024 O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá o Centro Ocupacional de ASPANAS para amosarlle, tanto as persoas residentes como a todo o seu persoal, os mellores desexos de cara ás festas de Nadal. ...
A Xunta destaca o traballo da cociña económica de Santiago polo seu labor de atención ás persoas en situación de vulnerabilidade
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2024 O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, durante a súa visita á Cociña Económica de Santiago puxo en valor este servizo que atende diariamente a persoas en vulnerabilidade e atende as súas necesidades co fin de evitar a súa exclusión social. Así, mantivo un encontro coa nova directora, Sor Clara, á que lle desexou a mellor das sortes nesta nova etapa. Neste senso, o director x...
Sábado 21 Diciembre 2024
Fabiola García subliña que "Galicia fai os deberes" e abre en prazo os centros de crise para vítimas de violencia sexual, que xa están plenamente operativos
- Destaca o esforzo da Xunta para conseguir poñelos en marcha antes da data establecida "pese aos atrancos cos que nos atopamos todas as comunidades" e que obrigan ao Ministerio de Igualdade a ampliar o prazo ata xuño de 2025
- Os cinco puntos de atención especializada ofrecen asistencia presencial as 24 horas do día e son atendidos por un completo equipo profesional de carácter multidisciplinar
Viernes 20 Diciembre 2024
Rueda destaca o labor de asociacións como Cáritas na loita polos máis desfavorecidos
- Cáritas atendeu a case 300.000 persoas na nosa comunidade no 2023
A Xunta completa a renovación de espazos exteriores da súa escola infantil en Bande
- Dotouse o acceso ao centro de beirarrúas e dunha nova área de xogos cuberta para que poida ser utilizada polos nenos durante todo o curso
- Esta actuación súmase á nova cuberta do patio de diante do equipamento instalada o ano pasado
A Xunta celebra os 36 anos de traballo do centro ocupacional O Saiar na inclusión das persoas con discapacidade intelectual
Caldas de Reis (Pontevedra), 20 de novembro de 2024 A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou no aniversario do 36 aniversario do centro ocupacional O Saiar. Durante o acto, destacou o importante labor que desempeña a prol da inclusión das persoas con discapacidade intelectual na contorna. Este aniversario coincidiu tamén coa celebración de Nadal da entidade, polo que se expuxeron diferentes traballos reali...
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visita o centro ocupacional O Saiar
Caldas de Reis (Pontevedra), 20 de decembro de 2024 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou hoxe o centro ocupacional O Saiar, en Caldas de Reis, para celebrar o seu XXVI aniversario. ...
A Xunta completa a renovación de espazos exteriores da súa escola infantil en Bande
- Dotouse o acceso ao centro de beirarrúas e dunha nova área de xogos cuberta para que poida ser utilizada polos nenos durante todo o curso
- Esta actuación súmase á nova cuberta do patio de diante do equipamento instalada o ano pasado
Jueves 19 Diciembre 2024
A Xunta pon en valor a Casa da Misericordia como referente na reinserción social das persoas que saen do cárcere
- O obxectivo deste recurso é ofrecer acompañamento e apoio aos reclusos que carecen de medios para a súa inclusión social
- O director xeral de Inclusión Social sinalou que o Executivo galego apoia diferentes programas nos centros penitenciarios para promover a súa reinserción social
Fabiola García pon en valor o compromiso coa investigación medioambiental de María Loureiro, galardoada co Premio Wonenburger 2024
- Destaca o seu traballo de investigación sobre cálculo do impacto económico do cambio climático e a relación entre o consumo e o clima, que a sitúa como "un auténtico referente no eido das ciencias sociais"
- Lembra que o Goberno galego desenvolve políticas públicas en materia de igualdade que "buscan derribar barreiras e elevar as vocacións de nenas e rapazas, a modo de efecto espello no que poidan mirarse"
A Xunta garda un minuto de silencio en sinal de repulsa polo crime machista cometido en Viveiro
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2024.- A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañados polos directores xerais de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, de Promoción da Igualdade, María Quintiana, e doutros membros do Executivo participaron nun minuto de silencio en sinal de repulsa polo crime machista cometido en Viveiro. ...
Miércoles 18 Diciembre 2024
Fabiola García destaca que Galicia conta cun modelo de coidados de vangarda e subliña que os centros residenciais ofrecen "atención de máxima calidade"
- Lembrou que o sistema de coidados posto en marcha polo Goberno galego ten situado a Galicia como referente e líder na reforma do modelo asistencial en España
- En referencia aos delitos de odio por identidade de xénero, avanzou que en 2025 a Xunta "fará o maior investimento para apoiar ás persoas LGTBI en Galicia"
A Xunta salienta que a formación universitaria para maiores é fundamental na promoción do envellecemento activo e saudable
- O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria felicitou aos participantes do programa Uned Sénior
- O Executivo galego mantén diferentes convenios con institucións educativas para impulsar diferentes actividades formativas entre os maiores
Martes 17 Diciembre 2024
A Xunta felicita aos usuarios da Asociación Galega San Francisco polo seu novo Belén vivente
- Begoña Abeijón sinalou que un ano máis os membros desta entidade social volveron amosar con esta representación o seu traballo e esforzo diario
A Xunta destina máis de 150.000 euros á residencia de maiores As Dores de Lalín para a execución de obras de mellora e o impulso de novos programas
- O Executivo galego financia con preto de 130.000 euros as reformas de accesibilidade, melloras da salubridade e eficiencia enerxética
- Ademais, outorga preto de 21.000 euros á iniciativa de Estimulación Cognitiva a través da música
A Xunta renova a fachada da súa escola infantil de Ponteceso para mellorar o illamento térmico do centro
- Destináronse 21.000 euros a esta actuación, que incluíu a colocación de novos estores nas aulas e no vestíbulo da entrada do equipamento
Lunes 16 Diciembre 2024
A Xunta esixe ao Goberno central que reforme a Lei de asistencia xurídica gratuíta para facilitar ás vítimas de violencia sexual o acceso ao servizo desde que se denuncia
- O Executivo central leva dous anos de atraso na execución desta reforma da Lei 10/22 de garantía integral da liberdade sexual
- A normativa galega xa recoñece ás vítimas de violencia sexual como vítimas de violencia de xénero e garante o seu dereito ás mesmas prestacións e servizos
A Xunta enxalza as actividades educativas que promoven e fomentan as relacións interpersoais entre maiores e cativos
- O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou nas actividades interxeracionais que se desenvolven na residencia pública Volta do Castro
Fabiola García recibe a persoal e usuarios do centro ocupacional O Saiar
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2024 A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, recibiu hoxe a persoal e usuarios do centro ocupacional O Saiar, que lle fixeron entrega de decoración de nadal elaborada no propio centro. Fabiola García agradeceulles o detalle e desexoulles unhas boas festas a eles e ás súas familias Ademais, a conselleira quixo poñer en valor as máis de tres décadas de traballo en favor da au...
Viernes 13 Diciembre 2024
A Xunta reivindica a importancia das novas narrativas culturais que incorporan a perspectiva de xénero para concienciar á cidadanía
- O Executivo galego presenta unha unidade didáctica da película galega 'Matria' en colaboración coa produtora do filme dentro da programación especial polo 25N
- Trátase dun novo recurso que se pon á disposición dos concellos e nos Centros de Información ás Mulleres (CIM) de Galicia como valor engadido para o visionamento da película e crear un espazo de reflexión e análise
A Xunta enxalza o labor das entidades sociais que visibilizan o traballo das mulleres e promoven unha igualdade real e efectiva
- O Goberno galego destacou as axudas ao emprendemento feminino que beneficiaron 371 iniciativas en Galicia, 47 delas na provincia lucense
A Xunta destaca que Galicia acadou nos últimos dous anos un saldo migratorio positivo de 53.000 persoas
- O Observatorio Galego de Dinamización Demográfica presentou hoxe o seu informe anual, centrado na mobilidade e os movementos migratorios.
- A chegada de novos cidadáns grazas ás políticas de retorno ten efectos positivos na dinamización do rural e na remuda xeracional de moitos sectores económicos
- O pleno deste órgano consultivo aprobou realizar en 2025 un informe demográfico sobre o envellecemento e a lonxevidade
A Xunta lanza a campaña de difusión dixital 'Pon o bo por diante. Usa o botrato' para concienciar á mocidade sobre as relacións igualitarias
- Esta campaña dos centros Quérote+ pretende amplificar o seu traballo diario e dotar á mocidade de ferramentas útiles para identificar as relacións baseadas no respecto e a igualdade para unha convivencia harmónica e positiva
- O 'botrato' convértese nunha soa palabra co obxectivo de conseguir que co uso cotiá deste termo, tanto na expresión oral como no comportamento diario, algún día poida ser un termo recollido no dicionario, como xa é a palabra maltrato
A Xunta pon en valor o labor das mesas locais contra a violencia de xénero como exemplo de coordinación entre administracións
- O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero participou hoxe na xuntanza celebrada en Cambados, na que se avaliaron os itinerarios de actuación e resposta
Jueves 12 Diciembre 2024
A Xunta destina 365.300 euros á rehabilitación das catro vivendas municipais de Lugo que atenden a mulleres vítimas de violencia de xénero
- O delegado territorial, Javier Arias, e o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, comprobaron esta tarde o resultado das obras, enmarcadas no primeiro dos convenios para mellorar os sete centros de acollida da rede autonómica, entre eles os de Burela e Chantada
A Xunta pon en valor o novo centro ocupacional de Betanzos que fomenta activamente a integración social das persoas con discapacidade intelectual
- A directora xeral de Persoas con Discapacidade destacou que esta iniciativa supón un paso máis na visibilidade e inclusión das persoas afectadas
- Este novo centro forma parte do Pai Menni Irmás Hospitalarias que conta con outros recursos de atención no municipio aos que a Xunta destina máis de 5 millóns de euros
- Estas instalacións sitúanse en pleno centro do concello para fomentar a interacción dos usuarios co resto de veciños
0 Resultados. Desde Sábado 10 Febrero 2024 hasta Domingo 9 Febrero 2025
Si no encuentras lo que buscas, usa los filtros de búsqueda para afinar la búsqueda y obtener resultados más precisos.
Filtros
0 Resultados. Desde Sábado 10 Febrero 2024 hasta Domingo 9 Febrero 2025
Si no encuentras lo que buscas, usa los filtros de búsqueda para afinar la búsqueda y obtener resultados más precisos.
Filtros