A Xunta destaca que Galicia inverteu a evolución demográfica dos últimos anos cun aumento da poboación

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A comunidade galega superou as proxeccións establecidas polos organismos estatísticos oficiais superando a previsión marcada para 2025 en 120.000 habitantes máis
  • Os últimos datos do INE reflicten que en Galicia no mes de maio os nacementos foron un 16% máis altos que no mesmo período do ano anterior
  • Fabiola García sinala que as medidas pioneiras do Executivo galego para as familias están contribuíndo a mellorar a tendencia demográfica
Imagen del artículo A Xunta destaca que Galicia inverteu a evolución demográfica dos últimos anos cun aumento da poboación
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2025

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, avanzou esta mañá que Galicia logrou inverter a evolución demográfica proxectada nos últimos anos grazas ao aumento da poboación. Así o sinalou durante a súa visita á Farmacia Labella situada no centro de Santiago de Compostela e que conta con produtos para o coidado dos bebés e os primeiros anos de vida dos cativos.

Fabiola García sinalou que a comunidade galega logrou superar as proxeccións que estableceran os organismos de estatística oficiais, nas que hai unha década se estimaba que no 2025 habería 2,5 millóns de habitantes, unha cifra que - recalcou- melloramos en 120.000 habitantes. Ao respecto, fixo fincapé en que no último ano rexistráronse 10.700 habitantes máis.

Neste sentido, a conselleira tamén explicou que a última estatística do Instituto Nacional de Estatística (INE) apunta a unha melloría en Galicia que acadou no mes de maio un 16% máis de nacementos con respecto ao mesmo período do ano anterior. Así, García indicou que pese a baixada xeralizada da natalidade en toda España, as cifras amosan un cambio de tendencia positiva na comunidade galega.

Por iso mesmo, Fabiola García fixo fincapé en que "o Executivo galego seguirá intensificando as medidas destinadas a asentar e atraer poboación garantindo sempre o apoio a todas as familias". Ao respecto, tamén sinalou que as medidas pioneira impulsadas pola Xunta para a conciliación están contribuíndo a mellorar o reto demográfico.

Algunhas destas medidas e programas postos en marcha pola Xunta e que xa están a ser imitados por outras comunidades, son fundamentais para facilitar a conciliación das familias en todos os ámbitos, especialmente nas zonas rurais. Así, implantouse a gratuidade na etapa educativa de 0 a 3 anos e que permitiu que Galicia conte coas mellores cifras de escolarización infantil do conxunto de España, unha iniciativa que se complementa coa creación das casas niño, recursos gratuítos e específicos de atención aos cativos nas zonas máis despoboadas.

Ademais, o Executivo autonómico conta con achegas económicas destinadas a apoiar as familias na crianza dos seus fillos, entre elas destacan o Bono Concilia Familia, que permite sufragar os custos dun servizo de conciliación para as etapas non lectivas, ou a Tarxeta Benvida, que permite financiar a adquisición de produtos necesarios para os primeiros meses de vida dos bebés.

Tarxeta Benvida

En concreto, esta mañá, a conselleira visitaba unha das farmacias adheridas á Tarxeta Benvida, e na que os pais e nais poden adquirir calquera produto para o coidado dos fillos. Trátase dunha medida impulsada hai case dez anos e que beneficia a máis de 115.000 familias e cun investimento da Xunta de máis de 220 millóns de euros.

Esta achega é de 1.200 euros para a crianza durante o primeiro ano de vida do cativo, pero aumenta o dobre nos casos nos que o bebé é o terceiro fillo da familia e conta tamén cun incremento do 25% para as unidades familiares que vivan en concellos de menos de 5.000 habitantes. Ademais, desde o ano pasado, as mulleres embarazadas poden solicitar esta achega a partir da semana 21 de xestación, ao igual que as familias acolledoras.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/06/2025
1073084 {"title":"A Xunta destaca que Galicia inverteu a evolución demográfica dos últimos anos cun aumento da poboación","published_date":"2025-06-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1073084"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-27/1073084-xunta-destaca-galicia-inverteu-evolucion-demografica-dos-ultimos-anos-cun-aumento-da-poboacion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.