A Xunta apoia a 'Ruada das Gotas' de Ribadumia, un evento cultural para reivindicar os dereitos LGBTI no rural
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana leu o manifesto do festival durante a inauguración
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ribadumia (Pontevedra), 21 de xuño de 2025
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou esta mañá, xunto ao alcalde do municipio, David Castro, na lectura do manifesto da Asociación pola diversidade social Gotas co que se deu inicio á Ruada das Gotas, un evento cultural organizado pola esta entidade. O obxectivo deste evento, que conta co apoio da Xunta de Galicia, é reivindicar os dereitos das persoas LGBTI e amosar o compromiso da veciñanza.
"Porque si, é un orgullo vivir e reivindicarse nun pobo rural. É un orgullo resistir, existir e amar dende aquí", di o manifesto, ao tempo que pon o foco na necesidade de rematar coa violencia LGBTIfóbica: "Queremos unha Ribadumia onde as persoas LGBTIQ+ non só poidan vivir con liberdade a súa orientación e identidade, senón tamén envellecer con dignidade, sen medo, con seguridade. Un pobo onde cada nena, mozo ou persoa maior saiba que ten un lugar, que é respectada e valorada tal e como é".
María Quintiana puxo en valor este festival convertido xa nun referente na posta en valor da diversidade sexual no rural. Neste sentido, fixo fincapé na importancia de que todos os axentes sociais sigan impulsando iniciativas coma esta que contribúan a dar viabilidade ás persoas LGBTI sobre todo no rural.