A Xunta resolve a convocatoria do programa Galicia Investiga Igualdade para apoiar estudantes da etapa predoutoral
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Esta iniciativa do Executivo galego destina 1,1 millóns de euros para financiar contratos de investigación en materia de igualdade e xénero que se poderán prorrogar catro anos
- Con esta bolsa tamén se sufraga unha estadía no estranxeiro de tres meses para a mención do doutoramento internacional
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2025
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución da convocatoria do programa Galicia Investiga Igualdade, unha iniciativa pioneira que permitirá ás universidade públicas do sistema universitario de Galicia contratar a estudantes predoutorais para que leven a cabo proxectos de investigación en materia de igualdade e xénero. Os contratos formalízanse o 1 de setembro co obxectivo de impulsar as súas carreiras investigadoras baixo a perspectiva de xénero.
A Xunta de Galicia destina 1,1 millóns de euros a este programa, que é o primeiro específico para o apoio á investigación en materia de xénero durante a etapa predoutoral. As persoas beneficiarias pertencen ás tres universidades galegas, en concreto hai tres estudantes da Universidade da Coruña (UDC), catro da Universidade de Santiago (USC) e outras tres da Universidade de Vigo (UVigo).
Os traballos que se desenvolverán na UDC realizarán as súas teses nas ramas das Ciencias e das Ciencias da Saúde e Ciencias Sociais e Xurídicas. No caso da USC, tres das investigacións estarán centradas na rama das Artes e as Humanidades e a restante enfocada as Ciencias Sociais e Xurídicas. No caso da UVigo, realizaran os estudos centrados en Artes e Humanidades e no eido da Enxeñería e a Arquitectura.
Entre as temáticas dos traballados beneficiados destacan estudos sobre o papel das células nai na endometriose, a manipulación remota de nanoestruturas magnéticas híbridas de xeito efectivo no eido da saúde en función do sexo, a prostitución e a pornografía ou as dinámicas migratorias urbanas e rurais en Galicia desde un enfoque de xénero, entre outros.
O obxectivo da Xunta con este programa é apoiar a etapa predoutoral, dando axudas ás tres universidades públicas galegas que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutoras ou doutores, en materia de xénero en calquera das áreas de coñecemento. Esta iniciativa inclúe, ademais, o financiamento dunha estadía no estranxeiro de tres meses de duración, que lles permitirá acadar a mención de doutora ou doutor internacional, para o que se outorga unha axuda dun máximo de 6.000€ en función do destino.
Con este programa tamén se busca mellorar o coñecemento da situación, condicións e posición de mulleres e homes nas relacións de xénero nos distintos ámbitos da vida. Así como dar a coñecer os resultados da investigación que poidan constituír boas practicas de políticas de igualdade.
A perspectiva de xénero está presente en todas as áreas do Goberno galego de xeito transversal e este novo programa é un paso importante da Xunta de Galicia para apoiar o impulso da perspectiva de xénero no eido da investigación universitaria. Neste senso, este programa enmárcase noutros instrumentos de planificación do Goberno galego como é o RIS3 de Galicia 2021-2027, respondendo ao obxectivo estratéxico de desenvolver o talento das persoas, e no VIII Plan estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027, no relativo á introdución da perspectiva de xénero na ciencia e na investigación.