A Xunta colabora co concello de Baiona na mellora da mobilidade no edificio consistorial
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, e o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, inauguraron o novo elevador e a Oficina de Atención Cidadá
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Baiona (Pontevedra), 11 de xullo de 2025
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, inauguraron este venres o novo elevador da casa consistorial que mellora a mobilidade no interior das instalacións municipais. Ademais, a representante autonómica tamén participou na apertura da nova Oficina de Atención Cidadá.
Segundo explicou a delegada da Xunta, o Concello de Baiona recibiu unha axuda de 40.000 euros por parte da Dirección Xeral de Administración Local, dependente da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, para a construción do ascensor. "Estamos ante un investimento necesario para facilitar a mobilidade da veciñanza e dos propios traballadores dentro do edificio", indicou.
Pola súa banda, o alcalde indicou que a necesidade de dita actuación "está plenamente xustificada debido a que a casa consistorial do concello, un edificio senlleiro do Conxunto Histórico Artístico de Baiona non ten accesibilidade a persoal con algún tipo de discapacidade ou mobilidade reducida". Así, Almuiña indicou que tratándose da sede principal do concello de Baiona o número de persoas que se dirixen a el o longo do ano para a realización das diferentes tramitacións administrativas importa un volume estimado de 15.000 persoas o ano, parte das cales teñen discapacidad funcional ou son persoas con mobilidade reducida.
A posición do elevador, unindo as plantas baixa, primeira e baixocuberta, garante os maior niveis de accesibilidade posibles, xa que conta cun itinerario accesible desde a vía pública, e comunícase co patio central nas plantas baixa e primeira, núcleo vertebrador das comunicacións.
Ademais, en planta baixocuberta comunica coa zona de circulación. Dado que o edificio conta con protección patrimonial, instalouse un ascensor de dimensións reducidas, co tamaño de cabina accesible máis pequeno, así como con foso reducido e con fuxida reducida.