A Xunta financia con preto de 470.000 euros as obras para a construción do futuro fogar residencial da Gudiña
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As actuacións que se están desenvolvendo permitirán crear 14 prazas para a atención de persoas maiores da contorna
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Gudiña (Ourense), 25 de xuño de 2025
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou as obras que está desenvolvendo o concello da Gudiña para a construción do futuro fogar residencial. A Xunta de Galicia destina preto de 470.000 euros para estas actuacións, cuxo custo total ascende a 885.000 euros e que conta tamén co apoio económico da Deputación de Ourense.
Na visita, na que tamén participaron o alcalde da Gudiña, Nestor Ogando, e o deputado provincial, José María Lago, o xerente do Consorcio destacou que estas obras forman parte do Plan de Investimentos impulsado pola Xunta de Galicia tras un acordo coa Fegamp e para o que o Executivo autonómico destina 18,5 millóns de euros de fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (NextGenerationEU). A través deste Plan, finánciase unha vintena de proxectos de construción, reforma ou ampliación de residencias, centros de día, vivendas comunitarias e centros sociais municipais, especialmente nas zonas rurais co obxectivo de dotalas deste tipo de servizos.
No caso concreto da Gudiña, a rehabilitación de tres edificios permitirá crear un fogar residencial de 14 prazas de atención destinadas aos maiores da contorna. Deste xeito, a planta baixa do novo recurso estará destinada ás zonas comúns de comedor, cociña, un despacho médico e a enfermería; mentres que a primeira planta concentraría as habitacións dos usuarios.
Perfecto Rodríguez sinalou que grazas ao proxecto e á colaboración da Xunta e da Deputación de Ourense, este concello ourensán contaría co seu primeiro recurso municipal destas características e que ademais supón un gran paso para a conciliación no rural.