A Xunta comprométese a seguir impulsando iniciativas e medidas que visibilicen a comunidade LGBTI
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Fabiola García lembrou que os CIMS ofrecen asesoramento ás persoas LGBTI e que agora se ampliará con catro recursos móbiles que estarán nos concellos rurais e nos campus universitarios
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2025
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, respondeu unha pregunta oral no Parlamento sobre os dereitos das persoas LGBTI. Na súa intervención, trasladou o compromiso da Xunta de Galicia para seguir impulsando iniciativas e medidas que permitan dar visibilidade á comunidade LGBTI e aos seus dereitos.
Fabiola García recalcou que é fundamental seguir traballando para que "as persoas LGBTI ocupen espazo visible na sociedade" e para iso - dixo- é necesario seguir ofrecendo ferramentas de apoio. Por iso mesmo, fixo fincapé no incremento das achegas económicas do Executivo galego ao movemento asociativo e as iniciativas de asesoramento e atención directa. Ademais, lembrou que a través do Observatorio LGBTI se aprobou recentemente o protocolo de Atención Sanitaria as persoas trans; así como o asesoramento profesional que se ofrece nos Centros de Información á Muller ou nos Quérote+.
Nesta liña, a conselleira salientou que se trata de grandes avances que permiten consolidar a comunidade LGBTI e que con motivo do Día Internacional do Orgullo, o 28 de xuño, a Xunta dará un paso máis no seu apoio incondicional, a través "dunha acción especial coa que poñeremos en valor a historia invisibilizada de galegos e galegas que foron discriminados, da Galicia Orgullosa".
Con todo, Fabiola García lamentou que os avances en igualdade sexan froito do esforzo e traballo das Comunidades Autónomas; mentres que - dixo- o Goberno central impulsa unha estratexia estatal para a igualdade de trato e a non discriminación, fundamental para o colectivo, pero que carece de financiamento. Trátase, lembrou a conselleira, dunha situación que xa se viu co Plan Corresponsables, no que o Executivo central recortou a Galicia 2,3 millóns de euros para impulsar a igualdade de xénero e a corresponsabilidade.