A Xunta renova un ano máis a súa colaboración coa Fundación Andrea para o apoio ás familias con nenos hospitalizados con enfermidades graves
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Fabiola García pon en valor o traballo desta entidade a través de iniciativas como 'Soporte Vital', que ofrece atención de fisioterapia, logopedia ou musicoterapia, así como aloxamento temporal ás familias na contorna do hospital
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2025
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta mañá a Aula Andrea do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), na que se presta atención educativa a nenos e nenas hospitalizados con enfermidades graves. Acompañada da presidenta da Fundación Andrea, Charo Barca, a conselleira tamén visitou o parque infantil acondicionada nunha das terrazas da Área de Pediatría do Hospital.
Durante o acto, a conselleira puxo en valor o traballo que desenvolve desde hai case vinte anos esta entidade, centrada no apoio ás nenas e nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais e ás súas familias. Ademais, avanzou que a Xunta vén de renovar, un ano máis, a súa colaboración co programa 'Soporte Vital ás familias con nenas e nenos con enfermidades de longa duración ou terminais con escasos recursos económicos', que a Consellería de Política Social e Igualdade apoia desde 2014.
Deste xeito, cunha achega de 20.000 euros, a Xunta contribúe a financiar os custos de persoal de servizos que a Fundación Andrea presta no eido da fisioterapia, musicoterapia, logopedia e apoio psicoterapéutico, así como o aluguer das vivendas coas que contan para as familias de nenos hospitalizados de larga duración.
Por último, Fabiola García agradeceu á Fundación Andrea o seu esforzo e traballo para garantir o benestar dos nenos e nenas e o confort das súas familias, nas circunstancias máis adversas e cando máis o precisan.