A Xunta salienta a necesidade de dar visibilidade aos referentes femininos na enxeñería informática para potenciar o acceso das rapazas a esta disciplina
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2025
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, clausurou este mediodía a II Xornada Nacional de Mulleres en Enxeñaría Informática, un encontro no que se entrega, ademais, o Premio Ángela Ruiz Robles a Catalina Grimalt, subdirectora xeral de Organización e Recursos Internos no Port de Barcelona.
Durante a clausura deste encontro, capitaneado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia, a directora xeral fixo fincapé na necesidade de dar visibilidade aos referentes femininos -como o eran todas as alí presentes, apuntou- que existen na enxeñería informática para potenciar o acceso das rapazas a esta disciplina. Neste sentido, Quintiana explicou que desde a Xunta de Galicia estase traballando na Estratexia Galega de emprego feminino en sectores masculinizados para avanzar neste camiño tamén no eido STEM e, polo tanto, tamén na enxeñería informática.
Do mesmo xeito, a directora xeral puxo de manifesto a importancia de traballar desde a infancia para rachar cos estereotipos de xénero, do mesmo xeito que seguir avanzando en conciliación e tamén na corresponsabilidade. Todo isto, dixo, é fundamental para seguir avanzando na igualdade e rachar coas fendas de xénero.