A Xunta enxalza o festival musical Ponte Farruca como un encontro referente coa igualdade e a diversidade no rural
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A cuarta edición do evento celebrarase en Laza os días 15, 16 e 17 de agosto e contará coa presenza de numerosos artistas do panorama musical galego e portugués

Laza (Ourense), 18 de xullo de 2025
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou esta mañá na presentación da cuarta edición do festival Ponte Farruca. Trátase dun encontro cultural e musical que está consolidado no panorama cultural galego como un referente no compromiso coa igualdade de xénero e a diversidade sexual no rural e que conta co apoio da Xunta de Galicia,
A directora xeral recalcou que o festival Ponte Farruca supón un encontro lúdico cultural no que se mestura a música, a tradición e o compromiso social. Co obxectivo, dixo, de dar visibilidade aos dereitos das mulleres e do colectivo LGBTI nos espazos rurais como parte esencial da transformación social. Deste xeito, Quintiana destacou que este evento é unha mostra máis da colaboración entre a Administración e os axentes sociais para seguir traballando na promoción da igualdade e da diversidade sexual.
Actividades para reivindicar a igualdade e a diversidade
Durante a celebración do festival, as persoas asistentes poderán desfrutar de numerosas actividades e obradoiros, así como asistir aos concertos de artistas recoñecidos do panorama musical galego e portugués como Tanxugueiras, Ibarraka ou o grupo de música tradicional Unto Vello. Ademais, Ponte Farruca tamén contará co show drag de Lolamenta, que amosará toda a súa forza escénica con orgullo e creatividade.
Un cartel de actividades que se completa, ao igual que en edicións anteriores, coa tradicional feira de artesanía e material agrícola, que suporá un espazo de encontro interxeracional para o público, ao igual que a popular tractorada engalanada que encherá as rúas de cor e orgullo.