A Xunta e o concello do Vicedo acordan a adhesión deste municipio ao programa Xantar na Casa
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Inicialmente, cinco persoas poderán beneficiarse desta iniciativa, que garante unha dieta saudable e equilibrada durante toda a semana
- A través deste programa repártanse 17.500 menús semanais a domicilio por toda Galicia

O Vicedo (Lugo), 8 de xullo de 2025
O programa Xantar na Casa da Xunta de Galicia conta desde hoxe cun novo concello beneficiario. Esta mañá, o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asinou co alcalde do Vicedo, Jesús Novo, o convenio de adhesión do municipio a esta iniciativa que garante unha alimentación saudable, equilibrada e adaptada ás necesidades de persoas maiores que viven soas, con dependencia ou en risco de exclusión social.
Inicialmente, ata cinco veciños da localidade poderán beneficiarse deste programa, que podería contar con máis prazas nun futuro en función da demanda que exista. O xerente do Consorcio explicou que son os servizos sociais municipais os que se encargan de seleccionar aos beneficiarios do servizo, que reciben no seus fogares o menú para os sete días das semana, festivos incluídos.
O prezo de cada menú é de 7,32 euros. No seu financiamento participa a Xunta, que achega 3,42 euros; o concello, que asume 1,95 euros e a persoa beneficiaria, que abona tamén 1,95 euros. A comida repártese nos domicilios nunha única entrega, polo que os destinatarias teñen que quentala antes de consumila. Ademais, o programa facilita neveira e microondas no caso de que os fogares dos beneficiarios non dispoñan deles. Na actualidade, o Xantar na Casa chega a máis de 2.500 persoas e a 200 concellos de toda Galicia, repartíndose máis de 17.000 menús semanais.