A conselleira M. Allegue destaca que eventos coma o festival IKFEM Tui-Valença fortalecen a eurorrexión
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, xunto co presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a comisaria europea de Cohesión e Reformas, Elisa Ferreira, participa hoxe na duodécima edición deste evento cultural
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Valença (Portugal), 19 de xullo de 2024
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, destacou hoxe que eventos coma o IKFEM Festival Tui-Valença fortalecen a Eurorrexión.
M. Martínez, xunto co presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a comisaria europea de Cohesión e Reformas, Elisa Ferreira, asistíu hoxe a este evento cultural. No festival tamén participaron, entre outras autoridades, o presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte, António M. Cunha, e o alcalde do Concello de Tui, Enrique Cabaleiro.
A conselleira, agradeceu en nome do Goberno galego a invitación a asistir hoxe en Valença á duodécima edición deste festival, que cualificou non só como un dos eventos culturais "máis relevantes do ano", "se non que tamén fortalece os lazos que historicamente unen Portugal e Galicia".
Destacou a implicación da Xunta con el Ikfem desde o seu inicio, apoiando desde a Consellería de Cultura este evento, que se foi asentando como "un proxecto cultural de primeiro nivel".
M. Allegue, aplaudiu esta iniciativa que vencella a Galicia co país veciño. Neste caso, a creación da orquestra Sinfónica Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal integrada por músicos de 26 concellos das dúas marxes do Miño -que hoxe se estrea- é, segundo subliñou a conselleira "o mellor exemplo da Galicia que a través da cultura, das infraestruturas, das políticas transfronteirizas mira máis aló das propias fronteiras".
A conselleira tamén quixo felicitar a organización deste festival que durante as súas doce edicións puideron desfrutar máis de 100.000 persoas, e aplaudiu esta iniciativa "diferenciadora" que, co tempo, converteuse en referencia no amplo calendario cultural estival. A este respecto, M. Martínez, puxo o acento en como este festival non só une as dúas beiras do Miño, senón tamén é un punto de encontro para os milleiros de peregrinos que cruzan o río percorrendo o camiño de Santiago.