A Xunta e o Consorcio Zona Franca de Vigo renovan as súas liñas de colaboración mutua para impulsar a atracción de empresas en Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Tanto a conselleira como o delegado amosaron a súa disposición a seguir explorando novos ámbitos de traballo en común para xerar solo industrial e atraer novos proxectos empresariais cara á Comunidade
  • Lorenzana enmarca a relación de colaboración co CZFV dentro dos obxectivos da política industrial do Goberno galego, que busca fomentar a colaboración público-privada e institucional para impulsar a competitividade dos sectores estratéxicos

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co delegado especial do Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, con quen abordou as liñas de colaboración que a Xunta de Galicia mantén abertas con esta entidade para impulsar o desenvolvemento e a atracción de empresas en Galicia.

Entre outros asuntos, na xuntanza, Lorenzana e Regades abordaron o proxecto de ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo (PTL), cunha superficie bruta de 252.000 m². De igual xeito, tamén trataron os avances na tramitación para ampliar a Plataforma Loxística Industrial Salvaterra-As Neves (Plisan).

Tanto a conselleira como delegado do Consorcio da Zona Franca de Vigo amosaron a súa disposición a seguir explorando novos ámbitos de colaboración para xerar solo industrial e atraer novos proxectos empresariais cara a Galicia. Ao respecto, Regades coincidiu na necesidade dunha aposta mutua de ambas as dúas institucións polos sectores estratéxicos para desenvolver a política industrial, e cualificou de imprescindible a colaboración entre as administracións que teñen intereses comúns.

En liñas xerais, Lorenzana enmarcou a relación de colaboración que veñen mantendo a Xunta de Galicia e o Consorcio da Zona Franca de Vigo dentro dos obxectivos da política industrial do Goberno galego, que busca fomentar a colaboración público-privada e institucional para impulsar a competitividade dos sectores estratéxicos da economía galega con medidas en materia de solo industrial, innovación e atracción de investimentos a través da Oficina Económica de Galicia no Igape.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
335011 {"title":"A Xunta e o Consorcio Zona Franca de Vigo renovan as súas liñas de colaboración mutua para impulsar a atracción de empresas en Galicia","published_date":"2024-07-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105048-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"335011"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-18/335011-xunta-e-consorcio-zona-franca-vigo-renovan-as-suas-linas-colaboracion-mutua-impulsar-atraccion-empresas-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.