Lorenzana destaca o crecente posicionamento das empresas galegas no mercado alemán, con 350 xa implantadas no país

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Son firmas de sectores tan diversos como o téxtil, o agroalimentario, o sector da maquinaria, as TIC, o farmacéutico, os servizos bancarios ou de consultaría
  • Apunta que desde o ano 2019 as exportacións galegas a Alemaña creceron case un 25% e rexistraron o pasado ano os 1.815M€, mentres que as importacións acadaron un volume de 797M€
  • Precisa que as empresas galegas que exportan regularmente a aquel país creceu no mesmo período un 15%, ata acadar a día de hoxe as 479, das que 316 o fan xa regularmente
  • Manifesta a intención do Goberno galego de continuar abrindo mercado ao tecido empresarial a través de programas como o Plan Foexga e da convocatoria de misións comerciais
  • A embaixadora amosa o seu interese pola política de incentivos da Xunta de Galicia para captar investimento foráneo, entre os que figuran a Oficina Económica de Galicia, o plan de aceleración de proxectos industriais e a Lei de Recursos Naturais

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe o crecente posicionamento das empresas galegas no mercado alemán, que se reflicte tanto no incremento das exportacións a aquel país como no nivel de implantación.

Nun encontro coa embaixadora de Alemaña en España, Maria Margarete Gosse, con quen abordou as relacións comerciais que mantén Galicia co país xermano e a política industrial da Xunta, Lorenzana salientou que se trata do cuarto mercado receptor das exportacións galegas.

Así, apuntou que desde o ano 2019 as exportacións desde Galicia a Alemaña creceron case un 25% e rexistraron o pasado ano os 1.815M€, mentres que as importacións acadaron un volume de 797M€. A mesma tendencia que se rexistrou canto ao número de empresas galegas que exportan regularmente a aquel país, que creceu no mesmo período un 15%, ata acadar a día de hoxe as 479, das que 316 o fan xa regularmente.

Neste momento, ademais, son aproximadamente 350 empresas galegas as que están implantadas no país, de sectores tan diversos como o téxtil, o agroalimentario, o sector da maquinaria, as TIC, o farmacéutico ou os servizos bancarios ou de consultaría. O téxtil, a automoción, o metalmecánico, o agroalimentario, os produtos minerais e as industrias químicas -cun incremento do 85% desde o ano 2029-, son, de feito, os principais sectores exportadores a Alemaña. 

Política industrial da Xunta e RDG

Na xuntanza, Lorenzana manifestou a intención do Goberno galego de seguir consolidando esta tendencia e continuar abrindo mercado ás empresas galegas no país, a través de programas como o Plan Foexga e da convocatoria de misións comerciais por parte do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), en colaboración coas Cámaras de Comercio.

Igualmente, a embaixadora de Alemaña en España, Maria Margarete Gosse, amosou o seu interese pola política de incentivos da Xunta de Galicia para captar investimento foráneo, entre os que figuran o servizos de asesoramento da Oficina Económica de Galicia, o plan de aceleración de proxectos industriais e a Lei de Recursos Naturais xunto coa sociedade público-privada RDG (Recursos de Galicia).

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
329443 {"title":"Lorenzana destaca o crecente posicionamento das empresas galegas no mercado alemán, con 350 xa implantadas no país","published_date":"2024-07-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278582\/20240716conselleiro+reunion+directores+e+orientadores+oficinas+de+emprego+lugo.JPG","id":"329443"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-16/329443-lorenzana-destaca-crecente-posicionamento-das-empresas-galegas-mercado-aleman-350-xa-implantadas-pais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.