A Policía Autonómica detén á persoa presunta autora de oito incendios forestais en Lalín

Imagen del artículo A Policía Autonómica detén á persoa presunta autora de oito incendios forestais en Lalín

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A detención enmárcase na denominada 'operación Errante' co obxectivo de previr e atallar a sucesión de lumes na zona

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2024

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica detiveron e tomaron declaración a unha persoa como presunta autor de oito incendios forestais rexistrados no lugar de Porcallos, no concello pontevedrés de Lalín entre os anos 2016 e 2024.   

A detención enmárcase na investigación levada a cabo pola Policía Autonómica denominada operación Errante, co obxectivo de previr e atallar a reincidencia pola sucesión continuada destes lumes que xeraron un risco para ás persoas e os bens inmobles e infraestruturas creando alarma social entre a veciñanza.

A investigación corroborou que a persoa investigada provocaba os lumes de maneira metódica, todos ás mesmas horas e nun terreo acoutado, o que demostra segundo os axentes, que se trataba dunha soa persoa coñecedora do lugar.

As dilixencias e actuacións por estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución en Funcións de Garda de Lalín, se ben a operación Errante segue aberta á espera de investigar a posible implicación da persoa detida noutros incendios similares na mesma zona.

No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas un total de oito persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

A Xunta apela á concienciación e á prudencia de cara a evitar o rexistro de incendios. Así mesmo, o Goberno galego lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar no caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
336931 {"title":"A Policía Autonómica detén á persoa presunta autora de oito incendios forestais en Lalín","published_date":"2024-07-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105053-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"336931"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-19/336931-policia-autonomica-deten-persoa-presunta-autora-oito-incendios-forestais-lalin https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.