Rueda informa da autorización da contratación das obras de rehabilitación de 4 edificios para crear 14 vivendas para alugamento social en Ourense, Ribadavia e Tui

Imagen del artículo Rueda informa da autorización da contratación das obras de rehabilitación de 4 edificios para crear 14 vivendas para alugamento social en Ourense, Ribadavia e Tui

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Salienta que unha das liñas da política de vivenda da Xunta é apostar pola rehabilitación, especialmente nos cascos históricos, o que tamén permite "darlles vida e evitar a súa degradación"
  • A licitación destes contratos dividirase en tres lotes distintos, un por municipio, e suporá un investimento global de preto de 3,2 millóns de euros
  • Os inmobles foron adquiridos pola Xunta, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, no marco do Programa Rexurbe, por un importe de máis de 630.000 euros e están situados nos conxuntos históricos destes concellos

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Consello deu o seu visto e prace á contratación das obras de rehabilitación de catro edificios para crear 14 vivendas para alugamento social no núcleo histórico da cidade de Ourense e nos núcleos das vilas de Ribadavia e Tui.

O titular do Executivo autonómico sinalou que unha das liñas da política de vivenda da Xunta é apostar pola rehabilitación, especialmente nos cascos históricos, o que ademais permite "darlles vida e evitar a súa degradación".

As actuacións cuxa licitación autorizou hoxe o Goberno galego suporán un investimento global de preto de 3,2 millóns de euros. A contratación das obras realizarase por lotes co obxectivo de rehabilitar estes catro inmobles adquiridos pola Xunta, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), no marco do Programa Rexurbe, por un importe de 633.359 euros.

Todas as vivendas rehabilitadas serán cualificadas como de promoción pública, polo que pasarán a formar parte do parque de vivendas propiedade da Xunta e serán adxudicadas en réxime de alugamento social, para o que se recorrerá ás persoas inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia.

A licitación destes contratos autorizados hoxe polo Executivo autonómico dividirase en tres lotes distintos, un por municipio. En conxunto, o obxectivo é habilitar un total de 14 vivendas, e inclúese a habilitación de 14 rochos e 3 de locais.

O lote primeiro correspóndese coa contratación das obras de rehabilitación integral de dous edificios na cidade de Ourense.

Un dos inmobles en que se vai a actuar está situado na praza de Manuel Sueiro, 3-esquina Liberdade 28, no núcleo histórico, e o obxectivo é destinalo a 5 vivendas de promoción pública (unha delas adaptada), que contarán, ademais, con 5 rochos e 1 local. A superficie construída total será de 740,96 m2 e o orzamento de licitación das obras rolda o 1,1 M€.

Este edificio que se vai rehabilitar procede da agregación das parcelas situadas na rúa Liberdade 28 e na praza Manuel Sueiro 3, que foi aprobada polo Concello de Ourense con base no estudo de detalle presentado polo IGVS.

O segundo inmoble sitúase na rúa Pelaio 9, tamén no núcleo histórico de Ourense, e destinarase a 1 vivenda de promoción pública. O inmoble que se vai rehabilitar ocupa toda a parcela, cunha superficie de 49,97 m2 , e consta de planta baixa, tres plantas e baixo cuberta; a súa superficie construída é de 187,77 m2. O orzamento desta obra achégase aos 253.000 euros.

No concello de Ribadavia o obxectivo é realizar traballos nun edificio en esquina, situado na praza García Boente, 1, para destinalo a 5 vivendas de promoción pública, 5 rochos e 1 local.

Esta edificación está situada en solo cualificado como solo urbano consolidado, dentro do ámbito do núcleo histórico de Ribadavia. O soar ten unha superficie de 260 m2, que serán ocupados na súa totalidade pola edificación. A superficie construída é de 855,51 m2 e o orzamento da obra supera o 1,1 M€.

En Tui, na provincia de Pontevedra, proponse a contratación das obras de rehabilitación integral dun inmoble na rúa Bispo Castañón, 20, para dedicalo a 3 vivendas de promoción pública, 3 rochos e 1 local. Esta edificación está situada en solo cualificado como solo urbano consolidado, dentro do ámbito do núcleo histórico da vila. A superficie construída é de 663,4 m2 e o orzamento de licitación da obra supera os 692.000 euros.

Todos os proxectos compren o Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia. En concreto, teñen en conta as prescricións sobre eficiencia enerxética, consumo de enerxía non renovable, circularidade e xestión de residuos, que se reflicten no dito decreto.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
326890 {"title":"Rueda informa da autorización da contratación das obras de rehabilitación de 4 edificios para crear 14 vivendas para alugamento social en Ourense, Ribadavia e Tui","published_date":"2024-07-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"326890"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-15/326890-rueda-informa-da-autorizacion-da-contratacion-das-obras-rehabilitacion-4-edificios-crear-14-vivendas-alugamento-social-ourense-ribadavia-e-tui https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.