A Xunta e concello de Riós selan o acordo para a reforma de rúa en Fumaces, mellorando a accesibilidade neste núcleo do municipio polo que pasa a Vía da Prata

Imagen del artículo A Xunta e concello de Riós selan o acordo para a reforma de rúa en Fumaces, mellorando a accesibilidade neste núcleo do municipio polo que pasa a Vía da Prata

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A actuación, que suporá un investimento de preto de 307.000 €, forma parte do Plan Hurbe impulsado pola Xunta, co que se contribúe a promover o desenvolvemento dos núcleos rurais da comunidade, como motores de dinamización
  • A Xunta, a través da Consellería de Vivenda e Planificación de infraestruturas, asume o 70% do orzamento, preto de 215.000€, e contratará e executará as obras 

Ourense, 17 de xullo de 2024

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue e a alcaldesa de Riós, Eva Barrio López, veñen de asinar hoxe na delegación territorial da Xunta en Ourense o convenio de colaboración para executar a obra de  reforma e mellora de rúa en Fumaces. No acto de rúbrica, tamén participou o delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo. 

A actuación, que suporá un investimento de preto de 307.000 euros enmárcase no Plan Hurbe impulsado polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas. Neste caso, o obxectivo é mellorar a accesibilidade da poboación deste municipio ourensán e contribuír á mellora paisaxística da contorna do Camiño de Santiago.

A intervención  prevista consistirá no acondicionamento dun tramo da rúa de Fumaces, núcleo pertencente a localidade de Riós e polo que pasa a Vía da Prata. Na actualidade, esta rúa atópase en mal estado de conservación, tendo un pavimento moi deteriorado.

Para iso, baixo este convenio realizarase unha reforma da rúa, levantando o pavimento existente, arranxando aqueles tramos da canalización de augas pluviais que presenten deficiencias e colocando unha nova pavimentación acorde coa contorna do Camiño de Santiago.

A Xunta asumirá o 70% do orzamento desta intervención, case 215.000 euros, e contratará e executará as obras.

O convenio asinado hoxe, establece que lle corresponde ao Concello achegar o 30% restante do custe das obras, 92.000 euros; así como a redacción do proxecto das obras, a realización das xestións pertinentes para posibilitar a súa execución, e incorporar ao patrimonio público municipal as actuacións que se leven a cabo. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
332078 {"title":"A Xunta e concello de Riós selan o acordo para a reforma de rúa en Fumaces, mellorando a accesibilidade neste núcleo do municipio polo que pasa a Vía da Prata","published_date":"2024-07-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/104424-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"332078"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-17/332078-xunta-e-concello-rios-selan-acordo-reforma-rua-fumaces-mellorando-accesibilidade-neste-nucleo-do-municipio-polo-pasa-via-da-prata https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.