Rueda destaca a recuperación do Teatro Cine Fraga como símbolo da aposta da Xunta pola preservación da riqueza cultural viguesa
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Asegura que a recuperación do inmoble supón "cumprir un compromiso" coa cidade, revitalizando un "espazo cultural pioneiro"
- Salienta a colaboración de ambas institucións para "traballar de xeito conxunto e coordinado para darlle a Vigo o espazo cultural que merece"
- Apuntou que, a partir de agora, os técnicos da Deputación e a Xunta elaborarán o plan de usos coa "participación, en especial, do enorme tecido cultural da cidade" para poder deseñar o proxecto construtivo e licitar as obras
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 19 de xullo de 2024
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo hoxe a recuperación do Teatro Cine Fraga como símbolo da aposta do Goberno galego pola preservación da riqueza cultural da cidade de Vigo. "Cumprimos un compromiso", manifestou tras asinar o acordo de compravenda do inmoble xunto ao presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, e o Conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas.
Rueda destacou o "espazo cultural pioneiro" no que se converterá este edificio, que conta con máis de 80 anos de historia pero que leva máis de dúas décadas pechado. A súa adquisición por parte da administración autonómica e a provincial para destinalo a fins culturais supón, tal e como apuntou, "traballar de xeito conxunto e coordinado para darlle a Vigo o espazo cultural que merece".
A sinatura de compra materializada hoxe, que ascende a 9,3 M€ -dos cales a Xunta achegará o 51% e a Deputación o 49%-, permite iniciar o deseño dun proxecto cultural de gran envergadura e continuidade no tempo. "Agora o que toca é que os técnicos tanto da Deputación como da Xunta culminen canto antes o plan de usos para poder deseñar o proxecto construtivo para rematar e adecuar a ese plan estas obras e poder así licitalo", indicou o presidente do Goberno galego. Así mesmo, redactarase un proxecto este mesmo ano para dotalo do equipamento necesario e reservarase a previsión de investimento necesaria nos orzamentos de 2025.
Neste sentido, Rueda asegurou que en todo este proceso se contará coa "participación e suxestións de todo o mundo", en especial, do "enorme tecido cultural que hai en Vigo". "Aquí do que se trata é de que, unha vez este rematado, este edificio sexa un antes e un despois na vida cultural de Vigo e tamén, en gran parte, na vida cultural de Galicia", indicou.
Un gran espazo con grandes posibilidades
O proxecto conta con máis de 7.000 metros cadrados, nos que se prevé aproveitar ao máximo as instalacións xa levantadas, como o auditorio, con máis de 1.600 prazas, que permitirán levar a cabo unha ampla variedade de programacións e acoller eventos e espectáculos que esixen unhas dimensións como as que ofrece este inmoble.
Ademais, a antiga sala de festas vai permitir desenvolver un proxecto baseado na exhibición, creación e participación do tecido artístico e o conxunto de espazos anexos tamén vai permitir instalar na cidade propostas culturais e creativas de relevancia.