López Campos celebra os 40 anos da Mostra de Teatro de Ribadavia como evento esencial na evolución escénica de Galicia

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa no acto de inauguración do festival, que se desenvolverá ata o 27 de xullo con máis dunha vintena de propostas artísticas en cartel
  • Destaca a cultura, a historia e o humor como eixos vertebradores da MIT e os valores de compromiso co teatro en galego, coas novas tendencias e como entidade coprodutora 
  • A Xunta mantén o seu apoio ao encontro no marco da dinámica de colaboración cos eventos de referencia para o sector teatral 
  • O espectáculo de apertura é 'Dique', de Nova Galega de Danza en coprodución coa Xunta a través do Centro Coreográfico Galego, e o Centro Dramático Galego estreará 'Nada se sabe' con Culturactiva

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Ribadavia (Ourense), 19 de xullo de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe no acto de inauguración da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia, que cumpre na actual edición o seu 40º aniversario e á que se referiu como evento esencial na evolución escénica de Galicia durante estas últimas catro décadas. O representante do Goberno galego, que acudiu ao acto acompañado polo delegado territorial en Ourense, Manuel Pardo, o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, sinalou tamén o compromiso co teatro en galego, o labor de difusión das últimas tendencias e linguaxes sobre as táboas e a súa faceta produtora de espectáculos como principais valores dun encontro que traspasa fronteiras e que ten na cultura, a historia e o humor os seus eixos vertebradores.

O titular de Cultura puxo a cita de Ribadavia como paradigma do encontro multidisciplinario e aberto a todos os públicos, ao tempo que lle recoñeceu o seu papel determinante no nacemento e evolución do teatro profesional galego, como berce da Xeración Abrente nos anos 70 e a través da organización continuada de premios e actividades formativas e de intercambio de ideas que están a contribuír na actualidade ao fortalecemento do sector.

O Concello ribadaviense volve contar coa colaboración económica da Xunta no marco da súa estratexia de apoio ás mostras de referencia para as artes escénicas de Galicia e para a dinamización das industrias culturais en xeral. A MIT 2024 forma parte, ademais, de CulturÓN, a ampla programación impulsada pola Consellería de Cultura durante os meses de verán, con máis de 30 actuacións diarias en 200 localidades do país. 

Coproducións de danza e teatro 

Ademais do apoio a través do convenio de colaboración asinado, a Mostra de Ribadavia incorpora este ano ao seu extenso programa dúas montaxes coproducidas a través de unidades dependentes da Xunta. Así, o espectáculo inaugural desta edición é unha peza de danza promovida pola Xunta de Galicia a través do Centro Coreográfico Galego. Trátase de Dique, de Nova Galega de Danza, compañía que recibe o Premio de Honra da MIT este ano). Con dirección escénica e dramaturxia de Marta Pazos e dirección coreográfica de Belén Martí Lluch, Dique abre esta mesma noite a carteleira artística cun pase ás 23:00 h. no Auditorio do Castelo para o que hai días que xa non quedan entradas dispoñibles.

O Centro Dramático Galego, que este ano está a celebrar tamén os 40 anos desde a súa fundación, achega pola súa banda Nada se sabe, a proposta que coproduce con Culturactiva e que a vindeira semana ultimará ensaios no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A obra, que afonda na liña de traballo inclusivo da compañía pública, en conexión tamén coa filosofía da MIT, terá a súa estrea absoluta o día 26 en Ribadavia. En Nada se sabe dúas actrices e dous actores con diversidade funcional repasan versións da discapacidade no teatro clásico, deténdose nunha adaptación da traxedia de Sófocles Filoctetes, asinada por Manuel Lourenzo. Ignacio García, quen fora director do Festival de Teatro Clásico de Almagro, e Fran Rei dirixen esta peza a modo de creación colectiva.

Durante os seus nove días de celebración, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia recibirá outras recoñecidas figuras da creación e dirección escénica, como Guillermo Calderón, Alice Ripoll, Alberto Conejero ou Esther Carrodeguas como parte dunha carteleira na que tamén figuran grande nomes do clown, como o arxentino Gabriel Chamé e a inglesa Peta Lily, así como as estreas en Galicia dos novos traballos de Alberto Velasco ou Los Galindos. Documentais, coloquios, cursos e presentacións complementan a intensa programación de espectáculos.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 19/07/2024
337790 {"title":"López Campos celebra os 40 anos da Mostra de Teatro de Ribadavia como evento esencial na evolución escénica de Galicia","published_date":"2024-07-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105590-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"337790"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-19/337790-lopez-campos-celebra-os-40-anos-da-mostra-teatro-ribadavia-como-evento-esencial-na-evolucion-escenica-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.