A Xunta e FEGEREC colaborarán na rehabilitación fisioterapéutica das persoas con enfermidades raras e neurodexenerativas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A experiencia previa de colaboración acredita que as actividades recollidas no convenio melloran a calidade de vida dos pacientes con resultados mesmo mellores do agardado
  • O Executivo galego achegará 32.000 euros no marco deste convenio
  • Galicia conta cunha Estratexia galega de enfermidades raras presentada no ano 2021 que permite facer un seguimento do paciente desde que entra no sistema sanitario ata que dispón do tratamento axeitado para a súa doenza
  • A Xunta puxo en marcha tres unidades funcionais multidisciplinares para atender a pacientes con enfermidades raras, nas áreas sanitarias da Coruña, de Santiago de Compostela e de Vigo, mellorando a atención a estes doentes

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2024

A Xunta, a través do Servizo Galego de Saúde, e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC) colaborarán na rehabilitación fisioterapéutica das persoas con enfermidades raras e neurodexenerativas.

O convenio foi asinado esta  mañá polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e pola presidenta de FEGEREC, Francisca Luengo, nun acto no que tamén participaron o director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Alfredo Silva, e a directora sociosanitaria da federación, Carmen López.

A Consellería de Sanidade e FEGEREC consideran de particular importancia o establecemento dunha liña conxunta de actuación e colaboración para o desenvolvemento dun programa de actividades destinadas a mellorar a situación de saúde e a calidade de vida das persoas afectadas por enfermidades raras e crónicas, máis tendo en conta a experiencia de anteriores colaboracións, nas que se obtiveron mellores resultados dos agardados inicialmente.

Tal e como recolle o acordo subscrito, favorecerase o acceso á rehabilitación fisioterápica de persoas que padecen unha enfermidade rara e que residan en Galicia. Así mesmo, ofrecerase información relacionada co ámbito da fisioterapia ás persoas que padecen unha enfermidade rara e ás súas familias, tendo en conta a patoloxía e os seus síntomas.

Ademais, actuarase na prevención de problemáticas afines, tales como alteracións circulatorias, complicacións respiratorias ou alteracións musculoesqueléticas, co obxectivo de que as persoas afectadas logren, no posible, unha máxima capacidade funcional e independencia nas actividades da vida diaria.

A prestación destes servizos levarase a cabo por parte de profesionais con suficiente experiencia e formación na abordaxe das técnicas fisioterapéuticas neste tipo de doenzas e en clínicas máis próximas aos municipios onde viven as persoas beneficiarias.

Os pacientes atendidos no marco da anterior colaboración entre a Xunta e FEGEREC foron un total de 195. A valoración global do servizo que se presta é 100% satisfactoria, xa que o 82,61% dos beneficiarios a valoraron como moi alta e o 17,39% como alta, ademais de recomendarlla a outra persoa. Os aspectos mellor valorados polos usuarios son o tempo de demora en recibir unha consulta, o cumprimento das expectativas do tratamento, o trato por parte do profesional e o interese e compromiso dese profesional.

Compromiso coas enfermidades raras

A sinatura deste convenio enmárcase no compromiso da Xunta coa atención especializada aos pacientes que padecen enfermidades pouco frecuentes.  Deste xeito, o Goberno galego creou no ano 2019 o Rexistro galego de pacientes con enfermidades raras, así como a Comisión galega de enfermidades raras, o que permite coñecer a incidencia destas patoloxías e achegar coñecementos sobre a súa evolución, ademais de orientar a planificación sanitaria.

Galicia conta tamén cunha Estratexia galega de enfermidades raras, presentada no ano 2021, que permite facer un seguimento do paciente desde que entra no sistema sanitario ata que dispón do tratamento axeitado para a súa doenza.

Tal e como recolle a Estratexia, o Goberno galego puxo en marcha tres unidades funcionais multidisciplinares para atender a pacientes con enfermidades raras, nas áreas sanitarias da Coruña, de Santiago de Compostela e de Vigo, mellorando deste xeito a atención a estes doentes.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
334551 {"title":"A Xunta e FEGEREC colaborarán na rehabilitación fisioterapéutica das persoas con enfermidades raras e neurodexenerativas","published_date":"2024-07-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/104976-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"334551"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-18/334551-xunta-e-fegerec-colaboraran-na-rehabilitacion-fisioterapeutica-das-persoas-enfermidades-raras-e-neurodexenerativas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.