A Xunta licita as obras de urbanización do polígono 2 de San Paio de Navia cun investimento de máis de 16 millóns

Imagen del artículo A Xunta licita as obras de urbanización do polígono 2 de San Paio de Navia cun investimento de máis de 16 millóns

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, visitou este xoves o segundo polígono do barrio vigués onde construiranse un total de 719 vivendas protexidas
  • As obras do polígono 1 están xa en execución, con remate previsto na primavera do ano 2025

Vigo, 18 de xullo de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, anunciou este xoves que a Consellería de Vivenda e Promoción de Infraestruturas, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS),  autorizou a contratación da obra de urbanización do polígono 2 (Fases A e B) do plan parcial de Navia cun investimento de 16.368.975,04 euros. Así o fixo durante unha visita ao barrio vigués onde xa están en marchas as obras do polígono 1, con remate previsto para a primavera do ano 2025.

"A ampliación de Navia é un exemplo das políticas de vivenda da Xunta, un dos obxectivos centrais do Goberno galego, que se comprometeu a duplicar o parque de vivenda público nesta lexislatura", sinalou Ortiz. A representante autonómica incidiu en que "a política de vivenda é clave no futuro de Galicia, por iso seguiremos protexendo aos propietarios, eliminando trabas e priorizando aos galegos e galegas".  

A delegada explicou que o Consello da Xunta do pasado 1 de xullo autorizou a licitación da obra de urbanización do polígono 2 da ampliación de San Paio de Navia, que ten unha superficie total de 106.361 metros cadrados e prevese que poida acoller un total de 719 vivendas, todas protexidas. Desta forma, na Fase A, con 44.538 metros cadrados, haberá 337 vivendas, e na Fase B, con 61.823 metros cadrados, serán 382 vivendas.

En canto á dotación de aparcamentos, para o conxunto do polígono 2 proxéctanse 311 prazas de aparcamento público e 10 para persoas de mobilidade reducida, correspondendo 180 (6 PMR) para a Fase A e 131 (4 PMR) para a Fase B. Ademais, Ortiz explicou que en relación á mobilidade ciclista, habilitarase un carril ciclista en colindancia coa calzada para facilitar a transición.

Ampliación do PAU de Navia

A Xunta xa aprobou tamén o pasado 9 de xullo dar luz verde á contratación das obras de construción de 58 novas vivendas de promoción pública no polígono 1 de San Paio de Navia, ás que se destina un investimento autonómico de máis de 13 millóns de euros.

Con esta nova contratación, impulsouse o sétimo grupo de vivendas que a Xunta licita neste barrio vigués de Navia. Cos dous grupos que autorizou o Executivo autonómico, que totalizan 58 vivendas, resultan na primeira fase da ampliación un total de 259 vivendas de promoción pública que se construirán neste polígono. A estas vivendas se engadirán outras 100 vivendas de promoción pública que están programadas.

Cómpre lembrar tamén que a finais do ano pasado comezaron as obras de urbanización do polígono 1 de San Paio, e co obxectivo de que estas vivendas poidan ser unha realidade o antes posible, se desenvolverán de forma paralela aos traballos construtivos dos edificios residenciais.

A Xunta continua traballando no obxectivo de reforzar o parque residencial da cidade de Vigo, habilitando solo no polígono 1 de San Paio de Navia, que permitirá a construción dun total de 733 vivendas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
334463 {"title":"A Xunta licita as obras de urbanización do polígono 2 de San Paio de Navia cun investimento de máis de 16 millóns","published_date":"2024-07-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105036-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"334463"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-18/334463-xunta-licita-as-obras-urbanizacion-do-poligono-2-san-paio-navia-cun-investimento-mais-16-millons https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.