Ana Ortiz destaca o compromiso da Xunta co festival Iacobus Maris Experience para "converter a Vigo en parada dos grandes veleiros"
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada da Xunta, Ana Ortiz, presentou o evento que se celebra no peirao de Trasatlánticos do 24 ao 28 de xullo
- O festival conta con activid ades para nenos e maiores, xogos infantís, casetas de comida e bebida, concertos e visitas guiadas aos barcos

Vigo, 27 de xullo de 2024
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou este mércores a terceira edición do festival Iacobus Maris Experience, que converte a Vigo durante cinco días, do 24 ao 28 de xullo, nunha grande festa marítima. Nun acto celebrado no peirao de Portocultura, a representante autonómica destacou o compromiso do Goberno galego cun evento que "converte á cidade en parada dos grandes veleiros".
Un ano máis e tras a grande acollida en 2022 e 2023 do festival de grandes veleiros, a Fundación Traslatio, con patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Autoridade Portuaria de Vigo, organiza este ano con numerosas actividades e talleres, acompañado por un espazo gastronómico de cociña do mar e música en directo para todos os públicos e familias.
A delegada territorital apuntou que os grandes veleiros tamén traen peregrinos a Vigo. "Como xa sabedes, e ademais é fácil comprobar cada día, a afluencia de peregrinos disparouse neste ano 2024 (máis de 38.000 camiñantes a estas alturas) e xa se bateron todos os récords. As cifras dannos a razón e avalan o apoio da Xunta ás iniciativas para promover o espírito xacobeo", sinalou.
Ademais, volveu recalcar o apoio decidido da Xunta para que Vigo sexa sede de eventos marítimos de gran relevancia: "Por iso hoxe referendamos o noso compromiso, e xa sabedes que contades coa Xunta na vosa proxección, porque a través deste roteiro marítimo a imaxe de Vigo e Galicia seguirá dando a volta ao mundo"
"Capitán Miranda", "Evangelina", "Vera Cruz"...
Así, participará no festival, o "Capitán Miranda", buque escola de Uruguay que serviu orixinalmente como barco hidrográfico para investigación oceanográfica e eleboración de cartas mariñas. Tamén a goleta galega "Evangelina" ou a carabela portuguesa "Vera Cruz" participarán no festival, que contará tamén con barcos da Asociación de Mariñeiros Traidicionais de Bouzas.
Visor Nautilus e buque "Hidria Segundo"
Outro dos atractivos do evento serán as visitas ao visor submarino Nautilus, o observatorio baixo o mar onde pode observarse o avance do crecemento da flora e fauna mediante un proxecto ecolóxico no marco da estratexia bluegrowth. Tamén se poderá visitar o barco de vapor "Hidria Segundo", único en toda España, e que ofrece desde un percorrido guiado polo barco ata talleres para grandes e pequenos onde a diversión está asegurada.
"Sons do Porto"
Outro aspecto importante será a música en directo con "Sons do Porto", concertos con grupos locais. Tampouco faltará a comida no espazo gastronómico, desde o máis tradicional ata a nova cociña galega ou os obradoiros e programas radiofónicos de música.