A Xunta reclama a Stellantis que teña en conta os provedores galegos en futuras licitacións

Imagen del artículo A Xunta reclama a Stellantis que teña en conta os provedores galegos en futuras licitacións

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A reunión convocouse para dar a coñecer a Stellantis o programa de axudas a provedores da automoción convocado pola Xunta e o borrador do Plan director para o sector, aprobado esta semana
  • Na xuntanza tamén participaron o delegado de Compras de Stellantis na Península Ibérica, Luis Lozano; a presidenta e o xerente do Clúster de Automoción de Galicia (Ceaga), Patricia Moreira e Alberto Cominges, respectivamente; e o secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez
  • Agradece o compromiso que vén mantendo Stellantis con toda a industria de compoñentes en Galicia exercendo unha función de empresa tractora que é fundamental, e apela ao traballo conxunto con toda a cadea de valor

Vigo, 20 de xullo de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo esta semana un encontro co vicepresidente de Compras e Cadea de Subministración de Stellantis en Europa, Yann Martin, a quen lle reclamou que se teña en conta aos provedores galegos en futuras licitacións da compañía, especialmente, vinculadas á nova plataforma STLA Small.

Na reunión, que se convocou para dar a coñecer a Stellantis o programa de axudas a provedores da automoción aprobado pola Xunta, tamén participaron o delegado de Compras de Stellantis na Península Ibérica, Luis Lozano; a presidenta e o xerente do Clúster de Automoción de Galicia (Ceaga), Patricia Moreira e Alberto Cominges, respectivamente; e o secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez.

Lorenzana, agradeceu o compromiso que vén mantendo Stellantis con toda a industria de compoñentes en Galicia exercendo unha función de empresa tractora que é fundamental. "A automoción en Galicia é un referente e debe seguir sendo así, polo que o traballo conxunto entre a Xunta e toda a cadea de valor é esencial para a boa saúde do sector, para que sexa cada vez máis innovador e competitivo", sinalou.

Neste contexto, lembrou que o apoio do Goberno galego ao sector é firme e se materializa a través de distintos programas, plans formativos e axudas, tanto a Stellantis como ás empresas provedoras. De feito, avanzou que esta mesma semana aprobouse o borrador do plan director deseñado para o sector que xa lle foi trasladado aos axentes económicos e sociais para as súas alegacións e achegas.

O sector de automoción en Galicia, con máis de 25.000 empregos, xera unha cifra de negocio equivalente ao 15 por cento do PIB da comunidade autónoma.  E entidades como Ceaga e o Centro Tecnolóxico da Automoción (CTAG), líder no campo da innovación con máis de 1.000 profesionais que traballan para ofrecer as solucións tecnolóxicas máis avanzadas, "son un exemplo a seguir", afirmou a conselleira.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
338629 {"title":"A Xunta reclama a Stellantis que teña en conta os provedores galegos en futuras licitacións","published_date":"2024-07-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105048-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"338629"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-20/338629-xunta-reclama-stellantis-tena-conta-os-provedores-galegos-futuras-licitacions https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.