López Campos destaca a contribución do voluntariado no coidado e conservación das illas Cíes

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A iniciativa pon en marcha unha serie de actividades para a preservación da illa e o seu entorno ademais de propostas lúdicas e deportivas
  • O representante de Cultura da Xunta sinala que dende o Goberno galego existe o compromiso de promover unha oferta plural e de calidade, como os 44 campos de voluntariado ofertados na Comunidade
  • Nesta edición participan por quenda 20 mozos de varias comunidades autónomas e outro países

Vigo, 17 de xullo de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado pola delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitou hoxe o campo de voluntariado das Illas Cíes que se enmarca dentro da programación O teu mellor verán para maiores de 18 anos, onde salientou "a contribución fundamental destes mozos para preservar un elemento importante do patrimonio natural e sensibilizar as persoas da importancia do seu coidado". 

Na visita ás Illas Cíes, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude destacou "a grande oferta, plural e de calidade que ofrece Galicia, con 44 campos de voluntariado repartidos por todo o territorio galego". Neste senso, recordou que a campaña de verán deste ano conta coa maior oferta da historia con programas como Conecta con Galicia, os minicampamentos Coñece Galicia ou esta iniciativa campos de voluntariado, na que participan mozos de 18 a 30 anos. 

O titular de Cultura tamén agradeceu o labor de coidado e preservación das Illas Cíes "elemento moi importante do noso patrimonio natural" levado a cabo polos 20 participantes que proceden de México, Italia, Francia, Albacete, Cáceres, Palencia, Vizcaia, Ceuta, Cantabria, Córdoba, Madrid, Pontevedra e A Coruña, aos que o representante da Xunta lles pediu "ser embaixadores desta terra, da cultura e dos seus valores". 

No campo de voluntariado que se desenvolve no entorno das Illas Cíes ata o próximo 26 de xullo, a vintena de participantes fan labores de mantemento, vixilancia de incendios, información e sensibilización das persoas visitantes en colaboración cos traballadores do servizo de Medio Ambiente.

En canto ao programa lúdico de actividades no campo, os mozos e mozas terán propostas deportivas, mergullo, dinámicas grupais, obradoiros, veladas temáticas e iniciativas ambientais.

 

A campaña de campamentos O teu mellor verán sumou un total de 11.533 prazas que se repartiron entre a mocidade galega. No caso dos campos de voluntariado ofertáronse 695, repartidas polas provincias con 180 en A Coruña, 115 en Lugo, 165 en Ourense e 235 en Pontevedra.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
332150 {"title":"López Campos destaca a contribución do voluntariado no coidado e conservación das illas Cíes","published_date":"2024-07-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278582\/240716_Presidente_VisitaIndaeDia_MAC-1.JPG","id":"332150"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-17/332150-lopez-campos-destaca-contribucion-do-voluntariado-coidado-e-conservacion-das-illas-cies https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.