Rueda adianta que a Xunta busca reforzar a cooperación público-privada de cara o Xacobeo 2027

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Lembra que o Goberno galego impulsou que o Consello Xacobeo aprobase a ampliación dos beneficios fiscais para as empresas que apoien a celebración do Ano Santo
  • Reivindica que o modelo turístico galego é sostible e sen masificacións, e cada vez máis desestacionalizado

Madrid, 18 de xullo de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, adiantou hoxe que o Goberno galego ten como obxectivo reforzar e potenciar a cooperación público-privada de cara a celebración do Xacobeo 2027, no que xa se está traballando.

Así o sinalou ante profesionais e empresas do sector, nun acto organizado pola Mesa do Turismo de España e no que presentou o modelo turístico galego e as súas perspectivas de futuro.

En canto á celebración do próximo Ano Santo, Rueda lembrou que a Xunta impulsou que o Consello Xacobeo -un órgano de cooperación entre o Goberno central e as autonomías- aprobase unha ampliación dos beneficios fiscais para as empresas que apoien o próximo Xacobeo, un compromiso que, segundo demandou, agora debe ser recollido nos Orzamentos Xerais do Estado. Así, en virtude deste acordo, estas compañías gozarán de excepcións fiscais desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de decembro de 2027 para desenvolver aqueles proxectos vinculados a este evento.

Lembrou que no Xacobeo 21-22 foron un total de 40 as firmas que apoiaron esta celebración e fixou como obxectivo para o próximo Ano Santo, que se prevé de récord, conseguir unha colaboración privada aínda maior.

Cifras turísticas

Durante a súa intervención, o presidente da Xunta destacou as boas cifras turísticas que está rexistrando Galicia, logo dun 2023 no que se bateron todos os récords con 7 millóns de viaxeiros, e cunha desestacionalización cada vez maior. A tendencia positiva continúa nestes primeiros meses do ano.

Ademais, defendeu o modelo de calidade e sen masificacións do turismo galego. Puxo en valor que a sostibilidade é un dos sinais de identidade do sector en Galicia, e indicou que xa están tomando medidas para garantila, coa instalación de nodos para estudar a afluencia nos Camiños de Santiago; coa licitación do Observatorio de Sostibilidade Turística; ou coa regulación dos fluxos de afluencia en lugares sensibles como a praia das Catedrais, o Parque Nacional das Illas Atlánticas ou a Catedral de Santiago.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
334550 {"title":"Rueda adianta que a Xunta busca reforzar a cooperación público-privada de cara o Xacobeo 2027","published_date":"2024-07-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278582\/20240716_BonoTuristico.jpg","id":"334550"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-18/334550-rueda-adianta-xunta-busca-reforzar-cooperacion-publico-privada-cara-xacobeo-2027 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.