A Xunta aproba a construción de preto de 70 novos parques eólicos cun investimento de máis de 1.800 M€

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Galicia cumpre cos prazos establecidos polo Goberno central que marcaban o vindeiro 25 de xullo como data límite para obter a licencia de construción
  • O Goberno galego está a preparar a futura Lei de administración ambiental simplificada, cuxo obxectivo é contribuír á transición cara a un novo modelo produtivo máis sostible e eficiente

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2024

A Xunta de Galicia aprobou a construción de preto de 70 novos parques eólicos na Comunidade, que suporán un investimento de máis de 1.800 millóns de euros e unha potencia de 1.824,6 megavatios.

Logo da aprobación das correspondentes declaracións de impacto ambiental, a Xunta autorizou xa a construción de 69 proxectos e está a piques de dar o visto e prace a outro parque eólico. Deste xeito, con esta última autorización Galicia cumpre cos prazos establecidos polo Goberno central que marcaban o vindeiro 25 de xullo como data límite para obter a licencia de construción de novos proxectos eólicos.

O cumprimento do devandito fito administrativo foi posible grazas á lexislación autonómica vixente en materia de simplificación administrativa e reactivación económica, pola que a Xunta aproba de xeito conxunto a autorización administrativa previa e a construción do parque eólico, o que supón unha maior axilidade á hora de poñer en marcha estas iniciativas.

Nesa liña, cómpre indicar que o Goberno galego está a preparar a futura Lei de administración ambiental simplificada, cuxo obxectivo é contribuír á transición cara a un novo modelo produtivo máis sostible e eficiente. Así, a futura normativa pretende reforzar a seguridade xurídica dos proxectos para garantir o imprescindible equilibrio entre o desenvolvemento das distintas iniciativas e a protección do medio natural así como unificar e actualizar a regulación nesta materia e adaptar a normativa europea aos novos retos climáticos.

A Xunta avanza así no seu compromiso cunha planificación enerxética ordenada que permita achegar seguridade xurídica ao tempo que se prioriza un desenvolvemento compatible co medio natural. De feito, o Goberno galego aposta pola estabilidade e a seriedade á hora de desenvolver proxectos industriais coas máximas garantías medioambientais para garantir que o futuro da Comunidade sexa máis competitivo, máis verde, máis sostible e máis resiliente.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
342673 {"title":"A Xunta aproba a construción de preto de 70 novos parques eólicos cun investimento de máis de 1.800 M€","published_date":"2024-07-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105354-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"342673"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-22/342673-xunta-aproba-construcion-preto-70-novos-parques-eolicos-cun-investimento-mais-1-800-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.