Román Rodríguez coñece os proxectos de CETIM aos que a Xunta apoia con máis de 8 M€

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Ciencia visita as instalacións deste centro tecnolóxico multisectorial para coñecer as iniciativas nas que traballan
  • O Goberno galego ten colaborando coas súas iniciativas de investigación e ampliación de capacidades

Culleredo (A Coruña), 19 de xullo de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitou hoxe o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIM) para coñecer as súas instalacións e os numerosos proxectos nos que traballan co obxectivo de crear valor económico e social a través do coñecemento, a ciencia e as tecnoloxías.

En concreto, o representante da Xunta de Galicia coñeceu, da man do director xeral de CETIM, Toni Pons, o futuro Centro de Excelencia para a Competitividade en Economía Circular ou o proxecto Circular Excellence CETIM, iniciativa esta última apoiada pola Consellería a través da dotación de equipamento avanzado cun investimento de 1M€.

Tamén se presentaron outros proxectos nos que está somerxido CETIM como H2 verde, co que se busca producir e almacenar hidróxeno verde a partir do desenvolvemento de materiais sustentables que melloran os procesos actuais a niveis económico e medioambiental, ou Dickens, que se focaliza na creación de biocompostos a través de fontes naturais como aceites vexetais, a través do que se poden conseguir produtos sostibles para o sector do plástico (fabricación aditiva, pezas compostas) ou para a construción. Púxose en valor tamén o proxecto 0Accidntes, co que se investigan tecnoloxías dixitais para reducir a tasa de accidentes laborais en construción.

O titular de Ciencia afirmou que o "traballo que desenvolve este centro tecnolóxico é unha mostra clara do gran crecemento de Galicia no campo da innovación", comprometido co impulso dos centros tecnolóxicos de Galicia debido a que son "elementos fundamentais para converter a nosa Comunidade nun referente no eido da innovación, sustentabilidade e colaboración público-privada".

Apoio do Goberno galego

A través do apoio económico do Goberno galego, que desde a creación do centro leva investido directamente máis de 8M€, CETIM dispón de varias unidades mixtas de investigación, entre as que destaca o desenvolvemento de Volta. Cun orzamento de máis de 2M€, este proxecto ten por obxectivo obter baterías cunha alta densidade enerxética, sustentables e con longa vida útil baseadas no elemento químico silicio para o seu uso en mobilidade eléctrica. "Este e todos os proxectos das unidades mixtas de investigación facilitan a vida das persoas, e conscientes diso, levamos apoiado desde 2014 un total de 55 unidades coa participación de 39 empresas e 14 centros de coñecemento, o que supuxo a mobilización de 155M€", remarcou Román Rodríguez.

Ademais, a Xunta de Galicia colabora con outros proxectos de CETIM a través da iniciativa Fábrica Intelixente e Sustentable 2024, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, que favorece a innovación galega e a xeración de emprego. Para que esta entidade continúe crecendo e consolidándose como un centro punteiro, o departamento de Ciencia aporta o 50% ao fortalecemento e ampliación das capacidades deste centro, que conta cun orzamento de 888.753 euros ata 2026, cofinanciado pola Unión Europa no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. Así mesmo, tamén se traballa en conxunto para a consolidación e estruturación dos centros tecnolóxicos achegando un financiamento basal.

Outros proxectos

Actualmente, CETIM conta con 90 traballadores e ten unha facturación de 6,33M€. Dentro do seu carácter multisectorial e as súas áreas de traballo, nas que se inclúen os novos materiais, as biotecnoloxías ou a industria dixital, o centro tecnolóxico está a desenvolver uns 60 proxectos e conta con 280 clientes.  

Entre eles, atópase a investigación de nanopartículas de celulosa para crear con elas produtos industriais, a conformación de sistemas intelixentes capaces de xestionar obras ou o traballo centrado na procura de solucións innovadoras para loitar contra a deforestación a través dos fungos e os tecnosolos (chans artificiais).

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
336921 {"title":"Román Rodríguez coñece os proxectos de CETIM aos que a Xunta apoia con máis de 8 M€","published_date":"2024-07-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/104982-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"336921"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-19/336921-roman-rodriguez-conece-os-proxectos-cetim-aos-xunta-apoia-mais-8-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.