O Museo Catedralicio de Mondoñedo exhibe unha peza de cerámica de época baixoimperial cedida pola Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Foi descuberta nunha escavación financiada polo Goberno galego no 2017 e presenta unha inscrición interpretada como un Crismón arcaico

Mondoñedo (Lugo), 24 de xullo de 2024

A Xunta de Galicia entregou ao Museo Diocesano e Catedralicio de Mondoñedo unha antiga peza de cerámica descuberta nun xacemento da localidade no ano 2017. No acto, celebrado hoxe na Catedral, participaron o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, entre outros.

O fragmento é parte dunha cunca e presenta no seu fondo un grafito con sete liñas incisas radiais, interpretadas como a representación dun Crismón arcaico, segundo figura na memoria da intervención. Neste sentido, constituiría o achado máis antigo indicativo da presenza do cristianismo en Mondoñedo.

Apareceu nunha escavación financiada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural na zona dos Castros, na parte alta da área urbana de Mondoñedo, nun contexto habitacional con abundantes fragmentos de cerámica tardía e cunha moeda que, polas súas características, parece corresponder á época baixoimperial ou comezos da medieval, entre os séculos V e VI.

O Museo do Castro de Viladonga, que depende da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, custodiaba a peza que agora cede ao Museo catedralicio de Mondoñedo, inicialmente durante cinco anos prorrogables de xeito automático por períodos iguais.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
345911 {"title":"O Museo Catedralicio de Mondoñedo exhibe unha peza de cerámica de época baixoimperial cedida pola Xunta","published_date":"2024-07-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/106196-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"345911"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-23/345911-museo-catedralicio-mondonedo-exhibe-unha-peza-ceramica-epoca-baixoimperial-cedida-pola-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.