Comezan as estadías do programa da Xunta Benestar en Balnearios

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Máis de 1.230 persoas pasarán 10 días nun dos 15 establecementos termais adheridos a esta iniciativa de envellecemento activo
  • Este ano adiantouse o calendario de inicio para aquelas persoas que prefiran desfrutar desta experiencia durante o verán

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe o Balneario de Carballo, onde esta semana comezan as primeiras quendas do programa Benestar en Balnearios. É un dos 15 establecementos termais adheridos a esta iniciativa de envellecemento activo da Xunta de Galicia. Como novidade, este ano ofértanse estadías xa dende o mes de xullo, para que as persoas que así o prefiran poidan desfrutar desta experiencia durante o verán.

En total, ata finais de decembro, máis de 1.230 persoas poderán pasar 10 días nun balneario en réxime de pensión completa, con prezos que van dende os 270€ por persoa grazas aos descontos de ata o 45% financiados polo Goberno galego. Poden beneficiarse destas tarifas os maiores de 60 anos -ou os de 55, se teñen a condición de pensionista- e un acompañante.

O director xeral destacou que o Goberno galego inviste 300.000 euros neste programa, un 9% máis que na edición anterior. O obxectivo, engadiu, é promover os beneficios da terapia termal como parte da aposta da Xunta polo envellecemento activo. Unha aposta que se completa, entre outras medidas, co Carné+65, con descontos en viaxes e outras vantaxes, ou coas aulas sénior e os convenios coas tres universidades.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
335008 {"title":"Comezan as estadías do programa da Xunta Benestar en Balnearios","published_date":"2024-07-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/103741-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"335008"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-18/335008-comezan-as-estadias-do-programa-da-xunta-benestar-balnearios https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.