A Xunta enche o Monte do Gozo de actividades para toda a familia co Festival 'Revenidas Miúdo'

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O secretario xeral da Lingua e o director de Turismo de Galicia presentan esta cita que terá lugar o día 28 

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2024

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presentaron hoxe a segunda edición do Festival Revenidas Miúdo, unha cita que se celebra o vindeiro 28 de xullo no Monte do Gozo co apoio da Xunta de Galicia. Tal e como destacou o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, trátase dunha iniciativa incluída na campaña CulturON que o Goberno galego ten en marcha este verán con máis dunha trintena de actividades diarias para todos os públicos. Ademais sinalou que todos os grupos que participan fan música en galego e entran dentro da intervención en política lingüística co público infantil e as familias para consolidar o emprego da lingua nas idades máis temperás.

Pola súa banda, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, animou ás familias a participar nesta iniciativa e recordou a importancia que ten o turismo familiar na estratexia da Xunta de Galicia, á hora de incluír unha oferta para todos os públicos e en conexión coa natureza. Puxo de manifesto, tamén o valor do Monte do Gozo, cuxa recuperación para acoller eventos e concertos contou co apoio da Xunta de Galicia, e se consolida como lugar estratéxico para a posta en marcha deste tipo de eventos.

O Festival Revenidas Miúdo terá lugar este domingo cun amplo abano de actividades como zona de xogos populares, un mercado creativo ou o concerto de Xabier Díaz e Guillerme Fernández, que interpretarán as cancións do disco Arrolos de leite. A programación inclúe tamén a proposta con música, humor e narración de Cé Orquestra a actuación de Ollo Piollo. Finalmente, o Mago Noel presentará o seu espectáculo Que Curioso!.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
343077 {"title":"A Xunta enche o Monte do Gozo de actividades para toda a familia co Festival 'Revenidas Miúdo'","published_date":"2024-07-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105981-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"343077"} galicia Axencia de Turismo de Galicia; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-22/343077-xunta-enche-monte-do-gozo-actividades-familia-co-festival-revenidas-miudo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.