Belén do Campo reúnese co alcalde de Boiro para abordar vías de colaboración

Imagen del artículo Belén do Campo reúnese co alcalde de Boiro para abordar vías de colaboración

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • No encontro a delegada informoulle da orde de 2,4 M€ de axudas aos concellos de menos de 50.000 habitantes para financiar a rehabilitación e rexeneración urbanas o que lle permitirá seguir avanzando na rehabilitación do Pazo de Goiáns

Boiro, (A Coruña), 17 de xullo de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo, esta mañá, un encontro co alcalde de Boiro, José Ramón Romero. Na reunión repasaron os proxectos e axudas da Xunta neste municipio e abordaron temas relacionados coas infraestruturas, sanidade, saneamento, educación e cultura.

Os dous representantes públicos coincidiron na necesidade de seguir reforzando os vínculos locais para contribuír ao desenvolvemento sustentable dos municipios galegos. Do mesmo xeito, Belén do Campo e José Ramón Romero analizaron as necesidades do concello.

Na reunión a delegada informoulle da orde da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de 2,4 M€ para axudas aos concellos de menos de 50.000 habitantes para financiar, a través de préstamos sen xuros, actuacións de rehabilitación e rexeneración urbanas, así como a adquisición de inmobles para a súa posterior rehabilitación.

Concretamente, trátase da convocatoria para este ano 2024 dunha nova orde de axudas do Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído destes municipios.

O obxectivo deste Fondo de cooperación é facilitar que os concellos acometan actuacións de recuperación e posta en valor do patrimonio construído, co obxecto de recuperar ámbitos en estado deficiente de conservación, como medida de protección do patrimonio cultural e arquitectónico, do medio ambiente, da paisaxe e do territorio en aras de mellorar a calidade de vida dos cidadáns, facilitando que podan dispoñer dunha vivenda digna e axeitada.

Neste senso, coincidiron na proposta de que o Concello de Boiro se presente a esta convocatoria, que ten o prazo aberto ata o 31 de outubro, para continuar coas obras de rehabilitación do Pazo de Goiáns.

Transporte

No encontro a delegada explicoulle ao alcalde os pasos previstos para a nova licitación para o transporte público na comarca do Barbanza, que require da resolución previa do contrato coa concesionaria. A previsión é que se faga de mutuo acordo e prevendo a continuidade da actual empresa na explotación ata a implantación do novo contrato. Deberá tamén elaborarse un novo anteproxecto de explotación, que será sometido a información pública e audiencia aos concellos para ser logo autorizado polo Consello da Xunta. O alcalde trasladoulle a súa satisfacción por esta medida, da que tivo coñecemento nun encontro o pasado 4 de xullo co Conselleiro de  Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, o pasado 4 de xullo.

A actuación busca garantir a prestación do servizo segundo as demandas e necesidades das persoas usuarias, detectadas a través do labor de seguimento que está a realizar a Xunta. Con ela dáselle ademais cumprimento ao acordo parlamentario adoptado por unanimidade na Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos o pasado novembro, no que se instaba ao Goberno galego a utilizar todas as ferramentas incluídas no prego de cláusulas administrativas para a mellora na prestación do seu servizo público na comarca do Barbanza.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
332147 {"title":"Belén do Campo reúnese co alcalde de Boiro para abordar vías de colaboración","published_date":"2024-07-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/104721-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"332147"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-17/332147-belen-do-campo-reunese-co-alcalde-boiro-abordar-vias-colaboracion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.