Todas las noticias de c. de facenda e administración pública; en Galicia en los últimos 30 días
65 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
Martes 16 Julio 2024
A Xunta garante que os orzamentos de 2025 permitirán cumprir cos retos que demandan os cidadáns malia a decepción polo resultado do CPFF
- O conselleiro de Facenda e Administración Pública incide na falta de certezas para establecer os plans financeiros das comunidades
- Manifesta que as comunidades non coñecen as entregas a conta do vindeiro ano, necesarias para elaborar o teito de gasto, que Galicia prevé presentar a finais deste mes
- Miguel Corgos pide que, paralelamente, o sistema de financiamento se revise tendo en conta tamén aos concellos, para dar resposta ás súas necesidades
Lunes 15 Julio 2024
O DOG publica hoxe a orde de actualización das retribucións que recolle o incremento salarial do 2%
- O Goberno galego fará efectiva no mes de xullo a suba prevista no acordo salarial entre o Goberno central e os sindicatos, que tardou seis meses en ser autorizado
- Este incremento adicional aplicarase con efectos do 1 de xaneiro de 2024 e suporá unha suba media anual de 782 € no salario dos empregados públicos autonómicos e un custo de 97 M€
- Sumado ao 0,5% de incremento que se aplicou en febreiro, consolida un crecemento anual do 2,5% no 2024
Jueves 11 Julio 2024
A Xunta afianza a seguridade xurídica para fomentar o uso da intelixencia artificial na administración
- O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, participou hoxe na Toxa no encontro "Transformación dixital e IA"
- Destacou a importancia de que Galicia sexa a primeira rexión europea en dispoñer dunha lei para o desenvolvemento e impulso da IA
- Enmarcou a aposta de Galicia pola IA no avance cara a unha soberanía tecnolóxica para facer fronte aos retos de sustentabilidade financeira e á adaptación ás necesidades da rexión
Martes 9 Julio 2024
Miguel Corgos anuncia que o Goberno galego revisará á alza a previsión do crecemento da economía para este ano elevando en dúas décimas a estimación do PIB ata o 2,1 %
- O conselleiro de Facenda e Administración Pública compareceu hoxe no Parlamento para expoñer as 10 liñas estratéxicas do seu departamento
- Subliñou que o primeiro compromiso é seguir aprobando, en tempo e forma, os orzamentos, que impulsarán a vivenda, as infraestruturas sanitarias e priorizarán a execución dos Fondos de Recuperación e Resiliencia
- Destacou o compromiso de manter a Galicia como un dos territorios nos que as rendas medias e baixas pagan menos impostos e cunha política económico financeira rigorosa, responsable e prudente, co fin de seguir reducindo a ratio débeda/PIB, ata o 15,4% PIB a finais deste ano
- En materia de emprego público, afirmou que a Xunta continuará desenvolvendo procesos selectivos para afrontar o reto de renovación de efectivos e responder ás novas necesidades, coa previsión de convocar nos vindeiros catro anos máis de 4.000 novas prazas
- Salientou que o Goberno galego seguirá traballando para que a Comunidade estea presente no mapa europeo das tecnoloxías de vangarda
Sábado 6 Julio 2024
Román Rodríguez e Miguel Corgos asisten ao XI Encontro de artesanía tradicional e popular de Galicia, que pon en valor o pulo económico do Mercado de Pendellos en Agolada
Agolada (Pontevedra), 6 de xullo de 2024 O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e mais o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, asistiron hoxe ao XI Encontro de artesanía tradicional e popular de Galicia, que se celebra ao longo de toda a fin de semana en Agolada para poñer en valor o pulo económico do Mercado de Pendellos na localidade do Deza. Os conselleir...
A Xunta pon en marcha obradoiros de verán para incentivar vocacións tecnolóxicas entre as nenas
- As actividades desenvolveranse durante os meses de xullo, agosto e setembro nas aulas da Rede CeMIT de 14 concellos galegos e unha sesión adicional no centro GaiásTech
- Os obradoiros, dirixidos a escolares de 8 a 15 anos, teñen o obxectivo de promover o talento no ámbito das TIC e espertar vocacións tecno-científicas, sobre todo entre as nenas
- Esta iniciativa conta coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia, a Rede CeMIT e o Gaiás Tech.
Viernes 5 Julio 2024
Preto do 95% dos contribuíntes galegos cumpren de forma voluntaria coas súas obrigas tributarias
- A directora da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) compareceu hoxe na Comisión 3ª do Parlamento para explicar a Memoria de actividades do organismo correspondente ao ano 2023
- Sonia Lafont puxo en valor os esforzos dos traballadores da Atriga para facilitar aos cidadáns o cumprimento das súas obrigas tributarias
- A Atriga atendeu o ano pasado máis de 290.000 contribuíntes, tanto de maneira presencial como por vía telefónica
- Os fogares galegos aforraron máis de 257 millóns de euros en 2023 polas baixadas fiscais da Xunta en Sucesións e Transmisións Patrimoniais
Domingo 30 Junio 2024
Galicia alenta unha postura común das comunidades autónomas para a xestión ética e responsable da IA
- Na xuntanza participaron representantes de 12 gobernos autonómicos, que avanzaron nun documento de consenso de principios xerais para afrontar os retos do uso desta tecnoloxía nas Administracións públicas
- As CCAA aplicarán estes principios cando deseñen, adquiran e utilicen sistemas ou modelos de intelixencia artificial
- O documento conxunto garante, entre outros, a intervención e revisión humana, a transparencia, a seguridade, a imparcialidade e ausencia de sesgos ou a claridade
Sábado 29 Junio 2024
A Estratexia Galicia Dixital 2030 mobilizou cerca de 900 millóns de euros dende a súa posta en marcha en 2021 ata finais de 2023
- Case 230 millóns corresponden a capital privado e os investimentos públicos foron de fondos propios da Xunta e da Unión Europea
- O sector tecnolóxico de Galicia representa xa o 2,7% do PIB da Comunidade, cun Valor Engadido Bruto anual que supera os 1.700 millóns de euros
Viernes 28 Junio 2024
A Xunta pon en marcha unha nova convocatoria de bonos para subvencionar a conexión a internet a preto de 5.000 persoas vulnerables
- Esta terceira liña de axudas conta cun orzamento de 1,16 millóns de euros
- As axudas están destinadas tanto á contratación como ao mantemento de servizos de banda ancha cunha velocidade mínima de 30 Mpbs durante un ano
- Os bonos permitirán unha redución mensual de ata 20 euros no custe do servizo e poderán solicitarse ata o 30 de setembro, previa publicación da convocatoria no DOG
Jueves 27 Junio 2024
Miguel Corgos pon en valor a declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade hai hoxe 15 anos
A Coruña, 27 de xuño de 2024 O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, puxo en valor a declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade hai hoxe 15 anos durante o acto conmemorativo da efeméride, celebrado na contorna do Faro. Miguel Corgos destacou que os bens e lugares que ostentan esta distinción contribúen a facer Galicia aínda máis atractiva como destino turístico e ademais axudan á súa co...
Miércoles 26 Junio 2024
A Xunta urxe a convocatoria do CPFF e destaca que un financiamento singular para Cataluña prexudicaría a Galicia
- O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, respondeu á pregunta oral sobre a valoración do modelo de financiamento para Cataluña
- Pediu ao Goberno central que se poña a traballar e poña enriba da mesa, no foro multilateral axeitado, un novo modelo que garanta unha prestación equitativa de servizos e que reflicta o custe diferencial da prestación dos servizos en cada territorio
Lunes 24 Junio 2024
As políticas activas da Xunta para atraer poboación modifican á alza as previsións para os vindeiros anos
- As iniciativas do Goberno galego están a reverter os fluxos migratorios con saldos positivos nos últimos anos e cunha tendencia a que no vindeiro decenio máis persoas escollan Galicia para vivir e traballar
Domingo 23 Junio 2024
As medianas e grandes empresas con actividade en Galicia superan a media estatal no uso da intelixencia artificial
- Máis do 11 % das entidades deste segmento empresarial emprega IA fronte ao 9,6 % da media estatal
- Preto do 20 % das medianas e grandes con actividade na Comunidade contan con persoal especialista en TIC contratado, superando a media do conxunto do Estado (16,4 %)
- Os perfís tecnolóxicos máis demandados polas grandes empresas son os especialistas en datos e ciberseguridade
- As empresas de dez ou máis traballadores incrementaron as vendas online máis dun 25 %
Viernes 21 Junio 2024
Miguel Corgos felicita aos economistas no acto de celebración da festividade de San Pablo
A Coruña, 21 de xuño de 2024 O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, felicitou esta tarde aos economistas no acto de celebración da festividade de San Pablo, organizado polo Colexio de Economistas de A Coruña. Así mesmo, Miguel Corgos aproveitou a súa intervención para trasladar os parabéns aos alumnos que forman parte da promoción deste ano do Máster en Fiscalidad y Tributación que, desde 2007, vén impart...
Jueves 20 Junio 2024
Rueda aposta por consolidar a Galicia como comunidade pioneira na integración da intelixencia artificial na administración
Santiago de Compostela, 20 de xuño 2024 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reafirmou o compromiso do Executivo autonómico por seguir consolidando a Galicia como unha comunidade pioneira na integración da intelixencia artificial na administración para facela máis eficiente e útil para os cidadáns. Así llo trasladou aos representantes do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), que lle fixeron entrega do pr...
Miércoles 19 Junio 2024
A Xunta traballa para que Galicia teña tecnoloxías seguras que melloren a calidade de vida das persoas e as oportunidades de creación de riqueza
- O Goberno galego quere consolidar unha Comunidade dixitalmente madura e intelixente
- O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, inaugura na Coruña o VII Congreso Español de Informática
Martes 18 Junio 2024
A Xunta presenta o Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Ourense como unha oportunidade para construír un futuro cunhas tecnoloxías seguras ao servizo das persoas
- O conselleiro de Facenda e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas visitaron as obras deste novo complexo, que acollerá os sistemas de monitorización e xestión da ciberseguridade na Comunidade, en coordinación co Centro Criptolóxico Nacional e co Instituto Nacional de Ciberseguridad
- Miguel Corgos destacou que o centro contará cun espazo para a instalación de empresas e emprendedores, que poderán aproveitar as vantaxes desta concentración de coñecementos e recursos
- María Martínez Allegue salientou que a Consellería de Vivenda está a executar estas obras, cun investimento de 6M€ e cuxo remate se prevé no 1º primeiro trimestre de 2026
- Explicou que o edificio se levantará na parcela 3E de Tecnópole e contará con máis de 2.000 m² de superficie construída
- Remarcou que a construción destas instalacións se completará coa habilitación dunha área con arredor de 40 prazas de aparcadoiro
A Xunta inicia a elaboración dos Orzamentos 2025, que priorizarán a vivenda, as infraestruturas sanitarias e a execución dos Fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia
- O DOG publica hoxe a orde pola que se ditan as instrucións para a elaboración das contas do vindeiro exercicio
A Xunta presenta o Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Ourense como unha oportunidade para construír un futuro cunhas tecnoloxías seguras ao servizo das persoas
- O conselleiro de Facenda e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas visitaron as obras deste novo complexo, que acollerá os sistemas de monitorización e xestión da ciberseguridade na Comunidade, en coordinación co Centro Criptolóxico Nacional e co Instituto Nacional de Ciberseguridad
- Miguel Corgos destacou que o centro contará cun espazo para a instalación de empresas e emprendedores, que poderán aproveitar as vantaxes desta concentración de coñecementos e recursos
- María Martínez Allegue salientou que a Consellería de Vivenda está a executar estas obras, cun investimento de 6M€ e cuxo remate se prevé no 1º primeiro trimestre de 2026
- Explicou que o edificio se levantará na parcela 3E de Tecnópole e contará con máis de 2.000 m² de superficie construída
- Remarcou que a construción destas instalacións se completará coa habilitación dunha área con arredor de 40 prazas de aparcadoiro
A Xunta inicia a elaboración dos Orzamentos 2025, que priorizarán a vivenda, as infraestruturas sanitarias e a execución dos Fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia
- O DOG publica hoxe a orde pola que se ditan as instrucións para a elaboración das contas do vindeiro exercicio
Sábado 15 Junio 2024
A Xunta, o Estado, a Fegamp e as deputacións renovan o seu compromiso de colaboración en materia de cibeseguridade a través do nodo CIBER.gal
- A Administración autonómica, o INCIBE, o CCN, a Fegamp e as catro deputacións veñen de prorrogar o convenio que garante a continuidade do Nodo catro anos máis
- Este espazo público-privado, ao que están adheridas 50 entidades, desenvolve desde 2020 labores de formación, capacitación e prestación de servizos á cidadanía, empresas e administracións
- En novembro deste ano o Nodo celebrará a IV edición do Encontro CIBER.gal, o evento anual da ciberseguridade en Galicia que xa suma máis de 4.500 asistentes e 125 entidades participantes nas tres edicións anteriores
Viernes 14 Junio 2024
Miguel Corgos felicita aos novos graduados do Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia
A Coruña, 14 de xuño de 2024 O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, felicitou hoxe aos novos graduados do Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia en Administración y Dirección de Empresas, en Publicidad y Relaciones Públicas, en Traducción y Comunicación Intercultural, en Arquitectura e en Técnico Superior en Animación 3D, Juegos y Entornos Interactivos. Miguel Corgos desexoulles os maiores ...
Miguel Corgos participa nunha visita do alumnado do CEIP Monte dos Postes ao edificio administrativo de San Caetano dentro da Semana do Goberno Aberto
- Os alumnos e os seus mestres puideron visitar algunhas das principais dependencias do edificio da Xunta, como a sala de Consello, e aprender sobre diversos procedementos e xestións administrativas que se desenvolven a diario
- Os rapaces participaron tamén nunha charla co conselleiro de Facenda e Administración Pública, que contestou ás preguntas sobre a administración autonómica e o seu funcionamento
- A Semana da Administración Aberta chega ao seu remate hoxe tras a realización de diferentes actividades e xornadas de participación social na que se implicaron o conxunto das consellerías
A Xunta reclama para a AESIA un modelo de gobernanza no que participen as comunidades autónomas
- O Conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participou hoxe na Conferencia Sectorial de Transformación Dixital
- Os representantes da maior parte dos gobernos autonómicos lamentaron que o Goberno non solicitara aportacións dos territorios para a elaboración da nova estratexia española de IA
- Corgos pon en valor a especialización de Galicia en intelixencia artificial e destaca que será a primeira rexión europea en dispoñer dunha lei para impulsar o seu uso na Administración autonómica
Galicia reduciu a súa débeda en máis de 200 M€ no último ano e 1,4 puntos a ratio débeda/PIB
- O incremento puntual do endebedamento no primeiro trimestre de 2024 vén provocado pola falta de actualización por parte do Goberno central das entregas a conta do sistema de financiamento autonómico
Miércoles 12 Junio 2024
A Xunta aposta por un sistema de financiamento baseado na suficiencia e na igualdade e pide "unha posición de país" na defensa dos intereses de Galicia
- O conselleiro de Facenda e Administración Pública respondeu no Parlamento a unha interpelación sobre a posición de Galicia no Sistema de Financiamento Autonómico
- Destacou que os recursos globais do novo modelo deben estar correlacionados co peso do gasto público das CCAA, que xestionan a sanidade, a educación e os servizos sociais
- Miguel Corgos insistiu en que a revisión do modelo debe abordarse nunha negociación multilateral, co máximo consenso posible e reivindica a Galicia como voz autorizada para pedir un novo modelo de financiamento
Miguel Corgos pon en valor as rebaixas fiscais, a simplificación administrativa e a planificación como piares de apoio aos empresarios que impulsan o desenvolvemento de Galicia
- O conselleiro de Facenda e Administración Pública participa no Pleno da Cámara de Comercio na cidade herculina
- Defende o papel da Administración como aliada das familias e as empresas, para achegarlles seguridade e reactivar a economía
Martes 11 Junio 2024
Galicia pide que as Comunidades Autónomas participen no deseño dos mecanismos de coordinación e seguimento do novo marco fiscal en España
- A Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIREF) reúne en Madrid a representantes do ámbito autonómico para analizar as implicacións do novo marco fiscal nas CC.AA.
- A interventora xeral da consellería de Facenda e Administración Pública, Almudena Chacón, participou nunha das mesas redondas
Domingo 9 Junio 2024
A Xunta invita aos cidadáns a coñecer o funcionamento do Goberno a través da Semana da Administración Aberta
- Desde mañá luns 10 e ata o venres 14 de xuño celebraranse diferentes xornadas de participación social para divulgar a súa actividade e os seus obxectivos
Viernes 7 Junio 2024
A Xunta avanza polo camiño da solvencia e a estabilidade como máximas garantías para todas as empresas que queiran investir na Comunidade
- Miguel Corgos clausurou o Encontro Finance Date 2024 da APD, onde afirmou que este marco de seguridade permite a Galicia ter un bo acceso aos mercados capitais e cubrir as súas necesidades de financiamento en mellores condicións que outras administracións
- Lembrou que nas vindeiras semanas aprobarase no Consello da Xunta a lei para o desenvolvemento e impulso da IA, que se converterá na primeira do seu rango en Europa
Galicia acolle a sinatura da Declaración de Compostela para reclamar unha cultura de cooperación no ámbito da contratación pública en beneficio dos cidadáns
- O documento, asinado por todas as CCAA, incide na importancia de reforzar o papel do Comité de Cooperación en materia de contratación pública, que permita ás distintas entidades participar e aportar o seu coñecemento, desde o inicio das actuacións
- O director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, José María Barreiro, clausurou o III Encontro Autonómico de Contratación Pública, do que Galicia foi a Comunidade anfitrioa
Jueves 6 Junio 2024
A Xunta reclama unha cogobernanza efectiva no ámbito da contratación pública en beneficio de toda a cidadanía
- O conselleiro de Facenda e Administración Pública inaugura o III Encontro Autonómico de Contratación Pública do que Galicia é a Comunidade anfitrioa
- Miguel Corgos recoñece o labor dos responsables da contratación pública, que conseguen que os servizos públicos máis críticos cheguen as persoas
Miércoles 5 Junio 2024
A Xunta organiza a III edición de Somos Cibernéticas, un encontro para promover o talento feminino no eido da ciberseguidade
- Arredor de medio cento de rapazas de 4º da ESO participarán o 11 de xuño nos desafíos que formularán catro mulleres especialistas en ciberseguridade
- O encontro finalizará cun relatorio de Belén Pérez, coordinadora do Centro de Ciberseguridade Industrial en Galicia
- A xornada poderá seguirse en streaming, previa inscrición no portal do GaiásTech
Lunes 3 Junio 2024
Os contribuíntes galegos xa se están a beneficiar das medidas de alivio fiscal postas en marcha en Galicia para loitar contra a suba de prezos
- A Xunta colabora con 36 funcionarios na campaña de atención aos contribuíntes para a elaboración da renda 2023
Jueves 30 Mayo 2024
O Centro Gaiástech aborda os horizontes dixitais dos sectores cultural, deportivo e turístico nun encontro con expertos
- A xornada, que terá lugar o día 4 en horario de mañá na Sala Eisenman da Cidade da Cultura, analizará en tres mesas redondas os retos e aplicacións da tecnoloxía en cada ámbito
- O encontro completarase cun relatorio de Raúl Serapio, CEO de Neuromobile e un dos 100 directivos máis creativos segundo Forbes
- Os interesados en participar só precisan inscribirse na web do GaiásTech
Miércoles 29 Mayo 2024
A Xunta e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia colaboran no fomento das vocacións tecnolóxicas entre os máis novos
- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica e o CPETIG desenvolverán seminarios e obradoiros sobre programación e profesións dixitais para nenos e nenas de 7 a 15 anos
- Tamén están previstas actividades para as familias con sesións sobre o bo uso da tecnoloxía e o control parental
- A programación desenvolverase de xuño a outubro en colaboración coas aulas da Rede CeMIT
Jueves 23 Mayo 2024
A Rede CeMIT incorpora novo material para facilitar a capacitación dixital das persoas con diversidade funcional
- A Rede engade unha serie de dispositivos como ratos tipo panca, pantallas táctiles ou teclados braille, que poden ser solicitados polas aulas que os precisen
- Axentes TIC e representantes de asociacións que traballan con este colectivo participaron hoxe nunha xornada formativa para impulsar unha aprendizaxe máis inclusiva nas aulas desta rede pública
- No encontro entregáronse os premios Axentes TIC que recoñecen o labor de dinamización destes profesionais
Miércoles 22 Mayo 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública pon en valor a capacidade da industria aseguradora para proporcionar á sociedade unha importante rede de seguridade
- Santiago de Compostela, 22 de maio de 2024
- O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, puxo hoxe en valor a capacidade da industria aseguradora para proporcionar á sociedade unha importante rede de seguridade.
- Durante a entrega dos premios Galicia Segura 2024, da Fundación INADE, o conselleiro incidiu, tamén, en que o compromiso dos Gobernos ten que ser traballar para construír un marco institucional, económico e xurídico estable, que aporte certeza, seguridade e credibilidade, e que contribúa e apoie a actividade económica e o investimento.
- Nesta liña, recordou que Galicia conta con esta estabilidade institucional, que se evidencia na aprobación en tempo e forma dos Orzamentos cada ano, na aposta por unha política fiscal previsible e competitiva, e nunha política financeira prudente, que non hipoteque o futuro das novas xeracións.
Galicia é a comunidade que paga máis rápido aos seus provedores, 18 días antes que a media
- O período medio de pago de Galicia no mes de marzo situouse en 12,14 días, máis de 17 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal
A Xunta pon en valor o papel da Axenda Urbana para facer das cidades e pobos ámbitos de convivencia saudables, seguros, inclusivos e concienciados
- A Escola Galega de Administración Pública organiza o curso superior "A Axenda Urbana: un novo marco para as políticas públicas nas cidades e pobos. Elaboración, execución e avaliación de Axendas urbanas locais"
- A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, destacou a importancia da Axenda Urbana española "como unha folla de roteiro, que permitirá facer dos nosos pobos e cidades ámbitos de convivencia amables, acolledores, saudables, inclusivos, seguros e concienciados"
- O obxectivo principal do curso é dar a coñecer e compartir experiencias a nivel local, autonómico e nacional relacionadas coa implementación das Axendas Urbanas, entendidas como políticas e estratexias de sustentabilidade integrada, e analizar as distintas oportunidades de financiamento
Viernes 17 Mayo 2024
Declaración institucional da Xunta de Galicia con motivo do 17 de maio, Día Mundial de Internet
A Xunta de Galicia súmase ao obxectivo "Por unha intelixencia artificial comprometida cos dereitos dixitais" ao que se dedica o Día Mundial de Internet que hoxe conmemoramos e que para nós ten unha significación especial pola súa coincidencia co Día das Letras Galegas. A Xunta de Galicia reitera o seu compromiso coa salvagarda de todos os dereitos das persoas (incluídos os dixitais) ante o desenvolvemento e uso dunha intelixencia artifici...
Os galegos e galegas de 16 a 44 anos superan a media estatal en competencias dixitais básicas e avanzadas
- Á cabeza está o grupo de idade de 25 a 34 anos, no que a porcentaxe de capacitación dixital sitúase no 93,2%, 11 puntos máis que a media estatal
- O 64,1% dos galegos ten competencias dixitais básicas e avanzadas, 8,5 puntos por riba da a media europea e a só 2,1 puntos da media estatal
- O 36% da poboación de Galicia dispón dun nivel avanzado de competencias dixitais en todas as áreas: acceso á información, comunicación, creación de contidos, resolución de problemas e seguridade
- A proporción de cidadáns que non usan internet en Galicia baixou máis dun 20% nos dous últimos anos
Miércoles 8 Mayo 2024
A Xunta destaca a importancia do deporte como ferramenta de transformación social
- A Escola Galega de Administración Pública organiza a primeira edición do curso superior de Deporte, Dereitos Humanos e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), cunha duración de 25 horas lectivas
- A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, destacou a importancia desta nova actividade formativa na que se analizará o deporte como instrumento de transformación social e ferramenta para cumprir os obxectivos marcados pola ONU na Axenda 2030
- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, participou na sesión inaugural e resaltou o importante investimento da Xunta de Galicia en materia de deporte, que nos orzamentos deste ano alcanza os 56 millóns de euros
Martes 7 Mayo 2024
O comité de seguimento do programa FEDER de Galicia 2021-2027 reúnese na Ribeira Sacra
- A Comunidade galega xestionará preto de 950 M€ de fondos FEDER
A Xunta colabora con 36 funcionarios na campaña de atención telefónica para a elaboración da renda 2023 que comeza hoxe
- Os contribuíntes galegos xa se están a beneficiar das medidas de alivio fiscal postas en marcha en Galicia para loitar contra a suba de prezos
Viernes 3 Mayo 2024
A Xunta estenderá o novo modelo de xestión de dixitalización e impresión ao 100% dos dispositivos
- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia licita hoxe un acordo marco que permitirá continuar o proceso de optimización dos medios de impresión e dixitalización da Administración autonómica
- Desde a posta en marcha deste modelo de xestión reducíronse nun 26% os equipos de impresión na Administración xeral e de Xustiza e estableceuse un modelo de pago por copia para reducir o uso do papel
Jueves 2 Mayo 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública preside a toma de posesión da nova directora da Atriga
Santiago de Compostela, 2 de maio de 2024 O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presidiu hoxe a toma de posesión da nova directora da Axencia Tributaria de Galicia, Sonia Lafont Sendino, que substitúe a María Victoria González Vázquez. Sonia Lafont é funcionaria do Corpo Superior da Administración da Xunta de Galicia, Escala Superior de Finanzas, na especialidade de Inspección e Xestión e Intervención. Tod...
Domingo 28 Abril 2024
A Xunta presentará no IV Encontro CIBER.gal os proxectos para liderar a ciberseguridade no ámbito do transporte
- O Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal organiza a cuarta edición deste evento de referencias para os días 6 e 7 de novembro na Cidade da Cultura
- O parque tecnolóxico Tecnópole de Ourense acollerá o 3 de outubro unha xornada sobre ciberseguridade enmarcada no Encontro CIBER.gal, que estará dirixida ao tecido empresarial e enfocada á investigación e innovación
- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia prepara a renovación do convenio do Nodo CIBER.gal, que estenderá as iniciativas e traballos deste espazo de colaboración público-privado por un período de catro anos máis
Jueves 25 Abril 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública preside a toma de posesión dos novos altos cargos do seu departamento
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presidiu hoxe a toma de posesión dos novos altos cargos do seu departamento. Así, David Cabañó estréase como secretario xeral Técnico e do Tesouro. A nova Interventora xeral da Comunidade Autónoma é Almudena Chacón; Arturo López asume as tarefas de director xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico e Nuria Aguilar as de directora xeral de Emprego Público e Admin...
Domingo 21 Abril 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública inaugura o Congreso Lotero 2024
- Miguel Corgos destacou que a Xunta ofrece un entorno institucional estable, con seguridade xurídica e cunha fiscalidade competitiva para o tecido empresarial
Viernes 19 Abril 2024
O sector tecnolóxico galego xerou preto de 4.000 postos de traballo nos últimos cinco anos
- Roza xa os 23.000 empregos directos na Comunidade e mantense no quinto posto do Estado en número de empresas, con 3.140
- O volume de facturación do sector TIC galego foi de preto de 3.700 millóns de euros en 2022, 450 millóns máis que o ano anterior
- Increméntase o uso das tecnoloxías innovadoras coa Internet das cousas á cabeza, seguida do Big Data e a Intelixencia Artificial
- Crece un 8% a porcentaxe de traballadores con titulacións universitarias STEM
- Preto do 80% das empresas considera difícil atopar persoal especializado
Viernes 12 Abril 2024
Galicia, Castela e León, Madrid e País Vasco son as comunidades cos portais institucionais máis accesibles
- O Observatorio de Accesibilidade Web destaca no seu informe anual o traballo realizado por estas catro comunidades
- O portal da Xunta ocupa o segundo posto a nivel estatal na categoría de portal principal e a sede electrónica sube ata a sexta posición das 18 analizadas
- Destacan tamén as webs de emprego e educación, que ocupan o primeiro e segundo posto nas súas respectivas categorías
A Axencia Tributaria de Galicia anula débedas residuais en período executivo por ter un importe inferior a tres euros
- Así se desprende dunha resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG)
- A anulación de débedas residuais evita recadacións que ocasionan perdas para a facenda pública
- Afecta a 858 débedas dun importe medio de 0,9 euros
Domingo 7 Abril 2024
A Xunta lanza o seu plan anual de Software libre para fomentar o seu uso entre cidadáns, empresas e administracións
- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia colabora con distintos axentes do tecido galego do software libre no deseño do plan
- As actuacións previstas abranguen a celebración de cursos, obradoiros, servizos para probar aplicacións, difusión de boas prácticas ou formación na Rede CeMIT
- En 2023, o plan sumou máis de 80 actividades nas que participaron máis de 2.800 persoas
Martes 2 Abril 2024
A Xunta apela á formación do persoal empregado público en Ciberseguridade para evitar ataques aos sistemas informáticos
- A Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en colaboración co Centro Cripotolóxico Nacional, inauguran a cuarta edición do curso superior en ciberseguridade, cun total de 70 participantes e 102 horas lectivas
- A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, destaca a importancia da formación en materia de seguridade dos empregados públicos para dotar á cidadanía duns servizos públicos dixitais de calidade
- O director da AMTEGA, Julián Cerviño, lembra que en 2023 as plataformas de seguridade da Administración Autonómica bloquearon máis de 167 millóns de intentos de ataque
A Comisión de Expertos en Intelixencia Artificial analiza o modelo de xestión e seguimento para o uso desta tecnoloxía na administración autonómica
- A Comisión reuniuse hoxe por segunda vez na Cidade da Cultura
- Os expertos avanzaron na discusión sobre o proxecto de Lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia, a primeira que se tramita nunha rexión europea
- A reunión centrouse no debate sobre o procedemento para a identificación, avaliación de riscos e eficiencia para a adquisición de sistemas de IA por parte da Xunta de Galicia
Lunes 1 Abril 2024
A décima edición de tecnólog@ por un día ofrece preto de 50 prazas para o alumnado de 12 a 17 anos
- Esta iniciativa brinda a estudantes de secundaria e bacharelato a oportunidade de coñecer o funcionamento dunha empresa tecnolóxica
- Ata o 9 de abril, os interesados en participar poden inscribirse a través dos seus centros educativos
- Esta actividade enmárcase nas actuacións do Plan DigiTalent 2030 para fomentar as vocacións dixitais entre os máis novos
Sábado 30 Marzo 2024
Máis do 86% das entradas de rexistro na Xunta son por vía electrónica e más de 1.5 millóns de personas usan Chave365
- Meteogalicia é o portal web autonómico máis consultado, con más de 2 millóns de visitantes e os portais de turismo suman cerca de 3,5 millóns de persoas usuarias
- En 2023 aumentáronse as canles dixitais de comunicación coa cidadanía con apps como XuntaEu ou novos portais sobre ciberseguridade, investigación e innovación sobre saúde ou mobilidade, entre outros
- A aplicación abalarMobil ten máis de 400 mil persoas usuarias activas, con máis de 38 millóns de accesos en 2023
- As aplicacións para móbiles desenvolvidas pola Xunta acumulan máis de 3,1 millóns de descargas
Miércoles 27 Marzo 2024
A aplicación da robotización á xestión de pagos en procesos xudiciais facilitará a axilización da tramitación
- A Xunta está a pilotar a automatización robótica de procesos nunha vintena de procedementos, tanto da Administración xeral como do eido xudicial
- O emprego destas tecnoloxías libera ao persoal empregado público de tarefas repetitivas, incrementa a capacidade de tramitación das unidades administrativas e reduce os tempos de resposta
Viernes 22 Marzo 2024
Galicia soporta xa preto de 180 M€ de déficit acumulado polo retraso nas entregas a conta por parte do Goberno central
- Ademais, o custo financeiro desta demora acadaría os 4 M€ nos primeiros seis meses do ano
- A Xunta de Galicia pide seriedade e responsabilidade ao delegado do Goberno central porque os números non menten
Sábado 16 Marzo 2024
Máis da metade da poboación de Galicia declara que sufriu un incidente de ciberseguridade no último ano
- O Observatorio da Sociedade da Información e Modernización publica o seu informe anual sobre "O estado da Ciberseguridade en Galicia"
- Máis do 70% das persoas consultadas asegura ter coñecementos sobre a información que se comparte en internet e un 42% denega permisos para usar datos con fins publicitarios
Viernes 15 Marzo 2024
A Xunta e o Clúster TIC suman esforzos para promover o talento galego para unha transformación dixital adaptada ás necesidades de Galicia
- O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia participou hoxe nunha sesión de presentación de ideas no marco do proxecto TechAngels
- TechAngels forma parte das actuacións do convenio entre a Axencia, o IGAPE e o Clúster TIC
- O obxectivo da iniciativa e poñer en contacto a emprendedores e startups con investidores e empresas tecnolóxicas con capacidade para poñer en marcha os proxectos
- As actuacións da Xunta sobre conectividade, xestión do territorio, mobilidade e transporte, servizos sociais, ou Administración e servizos dixitais requiren de solucións adaptadas e autóctonas que utilicen tecnoloxías de alto impacto como a intelixencia artificial
Lunes 11 Marzo 2024
Galicia pagou aos seus provedores nunha media de 14 días durante o ano 2023 por debaixo da media das comunidades
- Ademais, o período medio de pago de Galicia no mes de decembro situouse en 19,46 días, 11 dias por debaixo da media autonómica
Lunes 12 Febrero 2024
La Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia entra a formar parte de la Alianza Global de Ciberseguridad (GCA)
- Esta adhesión fortalece o ecosistema do Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal
- A GCA é unha organización internacional e intersectorial, da que forman parte máis de 130 empresas e institucións, dedicada a reducir o risco cibernético e mellorar o mundo interconectado
- A Xunta colaborará en iniciativas de investigación para a protección do Internet das Cousas, incluídas infraestruturas críticas
0 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
0 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.