A Xunta estenderá o novo modelo de xestión de dixitalización e impresión ao 100% dos dispositivos

  • A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia licita hoxe un acordo marco que permitirá continuar o proceso de optimización dos medios de impresión e dixitalización da Administración autonómica
  • Desde a posta en marcha deste modelo de xestión reducíronse nun 26% os equipos de impresión na Administración xeral e de Xustiza e estableceuse un modelo de pago por copia para reducir o uso do papel

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2024

A Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia licita hoxe un acordo marco para a contratación centralizada do mantemento e renovación de equipos e o subministro de consumibles, que permitirá continuar o proceso de optimización dos medios de impresión e dixitalización da Administración autonómica.   

O acordo marco permitirá acadar a renovación do 100% do equipamento, estendendo este servizo de impresión e dixitalización onde non estea implantado; ademais de garantir o mantemento integral do equipamento de dixitalización e impresión xa existente, así como a dotación de consumibles. O acordo marco establece un valor estimado de ata 17,7 millóns de euros, un 20% menos que o valor estimado dos dous contratos anteriores (22,1 millóns de euros).

A Xunta de Galicia iniciou en 2017 a implantación dun modelo de xestión dos sistemas de  dixitalización e impresión que permitiu a redución de 1.700 equipos de impresión, o que supón o 26% do parque de impresoras da Administración xeral e de Xustiza. Ademais,  no período 2017-2023 integráronse 5.500 equipos de dixitalización e impresión neste modelo de xestión corporativa e renovouse o 90%.

O modelo de xestión que está a implantar a Xunta baséase na contratación de servizos integrais, que se encargan tanto da renovación tecnolóxica de novos equipos como da retirada dos obsoletos; no incremento de equipos multifunción, que dan unha mellor resposta aos postos administrativos; na redución dos equipos en postos individuais a favor de equipos en rede; na aposta pola homoxeneidade de modelos e fabricantes, o que posibilita unha xestión remota de todas as máquinas; e no subministro de consumibles mediante o sistema de pago por copia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24032 {"title":"A Xunta estenderá o novo modelo de xestión de dixitalización e impresión ao 100% dos dispositivos","published_date":"2024-05-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24032"} galicia C. de Facenda e Administración Pública https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-03/24032-xunta-estendera-novo-modelo-xestion-dixitalizacion-e-impresion-ao-100-dos-dispositivos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.