Todas las noticias de c. de facenda e administración pública en Galicia en los últimos 30 días
27 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
Viernes 17 Mayo 2024
Declaración institucional da Xunta de Galicia con motivo do 17 de maio, Día Mundial de Internet
A Xunta de Galicia súmase ao obxectivo "Por unha intelixencia artificial comprometida cos dereitos dixitais" ao que se dedica o Día Mundial de Internet que hoxe conmemoramos e que para nós ten unha significación especial pola súa coincidencia co Día das Letras Galegas. A Xunta de Galicia reitera o seu compromiso coa salvagarda de todos os dereitos das persoas (incluídos os dixitais) ante o desenvolvemento e uso dunha intelixencia artifici...
Os galegos e galegas de 16 a 44 anos superan a media estatal en competencias dixitais básicas e avanzadas
- Á cabeza está o grupo de idade de 25 a 34 anos, no que a porcentaxe de capacitación dixital sitúase no 93,2%, 11 puntos máis que a media estatal
- O 64,1% dos galegos ten competencias dixitais básicas e avanzadas, 8,5 puntos por riba da a media europea e a só 2,1 puntos da media estatal
- O 36% da poboación de Galicia dispón dun nivel avanzado de competencias dixitais en todas as áreas: acceso á información, comunicación, creación de contidos, resolución de problemas e seguridade
- A proporción de cidadáns que non usan internet en Galicia baixou máis dun 20% nos dous últimos anos
Miércoles 8 Mayo 2024
A Xunta destaca a importancia do deporte como ferramenta de transformación social
- A Escola Galega de Administración Pública organiza a primeira edición do curso superior de Deporte, Dereitos Humanos e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), cunha duración de 25 horas lectivas
- A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, destacou a importancia desta nova actividade formativa na que se analizará o deporte como instrumento de transformación social e ferramenta para cumprir os obxectivos marcados pola ONU na Axenda 2030
- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, participou na sesión inaugural e resaltou o importante investimento da Xunta de Galicia en materia de deporte, que nos orzamentos deste ano alcanza os 56 millóns de euros
Martes 7 Mayo 2024
O comité de seguimento do programa FEDER de Galicia 2021-2027 reúnese na Ribeira Sacra
- A Comunidade galega xestionará preto de 950 M€ de fondos FEDER
A Xunta colabora con 36 funcionarios na campaña de atención telefónica para a elaboración da renda 2023 que comeza hoxe
- Os contribuíntes galegos xa se están a beneficiar das medidas de alivio fiscal postas en marcha en Galicia para loitar contra a suba de prezos
Viernes 3 Mayo 2024
A Xunta estenderá o novo modelo de xestión de dixitalización e impresión ao 100% dos dispositivos
- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia licita hoxe un acordo marco que permitirá continuar o proceso de optimización dos medios de impresión e dixitalización da Administración autonómica
- Desde a posta en marcha deste modelo de xestión reducíronse nun 26% os equipos de impresión na Administración xeral e de Xustiza e estableceuse un modelo de pago por copia para reducir o uso do papel
Jueves 2 Mayo 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública preside a toma de posesión da nova directora da Atriga
Santiago de Compostela, 2 de maio de 2024 O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presidiu hoxe a toma de posesión da nova directora da Axencia Tributaria de Galicia, Sonia Lafont Sendino, que substitúe a María Victoria González Vázquez. Sonia Lafont é funcionaria do Corpo Superior da Administración da Xunta de Galicia, Escala Superior de Finanzas, na especialidade de Inspección e Xestión e Intervención. Tod...
Domingo 28 Abril 2024
A Xunta presentará no IV Encontro CIBER.gal os proxectos para liderar a ciberseguridade no ámbito do transporte
- O Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal organiza a cuarta edición deste evento de referencias para os días 6 e 7 de novembro na Cidade da Cultura
- O parque tecnolóxico Tecnópole de Ourense acollerá o 3 de outubro unha xornada sobre ciberseguridade enmarcada no Encontro CIBER.gal, que estará dirixida ao tecido empresarial e enfocada á investigación e innovación
- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia prepara a renovación do convenio do Nodo CIBER.gal, que estenderá as iniciativas e traballos deste espazo de colaboración público-privado por un período de catro anos máis
Jueves 25 Abril 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública preside a toma de posesión dos novos altos cargos do seu departamento
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presidiu hoxe a toma de posesión dos novos altos cargos do seu departamento. Así, David Cabañó estréase como secretario xeral Técnico e do Tesouro. A nova Interventora xeral da Comunidade Autónoma é Almudena Chacón; Arturo López asume as tarefas de director xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico e Nuria Aguilar as de directora xeral de Emprego Público e Admin...
Domingo 21 Abril 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública inaugura o Congreso Lotero 2024
- Miguel Corgos destacou que a Xunta ofrece un entorno institucional estable, con seguridade xurídica e cunha fiscalidade competitiva para o tecido empresarial
Viernes 19 Abril 2024
O sector tecnolóxico galego xerou preto de 4.000 postos de traballo nos últimos cinco anos
- Roza xa os 23.000 empregos directos na Comunidade e mantense no quinto posto do Estado en número de empresas, con 3.140
- O volume de facturación do sector TIC galego foi de preto de 3.700 millóns de euros en 2022, 450 millóns máis que o ano anterior
- Increméntase o uso das tecnoloxías innovadoras coa Internet das cousas á cabeza, seguida do Big Data e a Intelixencia Artificial
- Crece un 8% a porcentaxe de traballadores con titulacións universitarias STEM
- Preto do 80% das empresas considera difícil atopar persoal especializado
O sector tecnolóxico galego xerou preto de 4.000 postos de traballo nos últimos cinco anos
- Roza xa os 23.000 empregos directos na Comunidade e mantense no quinto posto do Estado en número de empresas, con 3.140
- O volume de facturación do sector TIC galego foi de preto de 3.700 millóns de euros en 2022, 450 millóns máis que o ano anterior
- Increméntase o uso das tecnoloxías innovadoras coa Internet das cousas á cabeza, seguida do Big Data e a Intelixencia Artificial
- Crece un 8% a porcentaxe de traballadores con titulacións universitarias STEM
- Preto do 80% das empresas considera difícil atopar persoal especializado
Viernes 12 Abril 2024
Galicia, Castela e León, Madrid e País Vasco son as comunidades cos portais institucionais máis accesibles
- O Observatorio de Accesibilidade Web destaca no seu informe anual o traballo realizado por estas catro comunidades
- O portal da Xunta ocupa o segundo posto a nivel estatal na categoría de portal principal e a sede electrónica sube ata a sexta posición das 18 analizadas
- Destacan tamén as webs de emprego e educación, que ocupan o primeiro e segundo posto nas súas respectivas categorías
A Axencia Tributaria de Galicia anula débedas residuais en período executivo por ter un importe inferior a tres euros
- Así se desprende dunha resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG)
- A anulación de débedas residuais evita recadacións que ocasionan perdas para a facenda pública
- Afecta a 858 débedas dun importe medio de 0,9 euros
Domingo 7 Abril 2024
A Xunta lanza o seu plan anual de Software libre para fomentar o seu uso entre cidadáns, empresas e administracións
- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia colabora con distintos axentes do tecido galego do software libre no deseño do plan
- As actuacións previstas abranguen a celebración de cursos, obradoiros, servizos para probar aplicacións, difusión de boas prácticas ou formación na Rede CeMIT
- En 2023, o plan sumou máis de 80 actividades nas que participaron máis de 2.800 persoas
Martes 2 Abril 2024
A Xunta apela á formación do persoal empregado público en Ciberseguridade para evitar ataques aos sistemas informáticos
- A Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en colaboración co Centro Cripotolóxico Nacional, inauguran a cuarta edición do curso superior en ciberseguridade, cun total de 70 participantes e 102 horas lectivas
- A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, destaca a importancia da formación en materia de seguridade dos empregados públicos para dotar á cidadanía duns servizos públicos dixitais de calidade
- O director da AMTEGA, Julián Cerviño, lembra que en 2023 as plataformas de seguridade da Administración Autonómica bloquearon máis de 167 millóns de intentos de ataque
A Comisión de Expertos en Intelixencia Artificial analiza o modelo de xestión e seguimento para o uso desta tecnoloxía na administración autonómica
- A Comisión reuniuse hoxe por segunda vez na Cidade da Cultura
- Os expertos avanzaron na discusión sobre o proxecto de Lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia, a primeira que se tramita nunha rexión europea
- A reunión centrouse no debate sobre o procedemento para a identificación, avaliación de riscos e eficiencia para a adquisición de sistemas de IA por parte da Xunta de Galicia
Lunes 1 Abril 2024
A décima edición de tecnólog@ por un día ofrece preto de 50 prazas para o alumnado de 12 a 17 anos
- Esta iniciativa brinda a estudantes de secundaria e bacharelato a oportunidade de coñecer o funcionamento dunha empresa tecnolóxica
- Ata o 9 de abril, os interesados en participar poden inscribirse a través dos seus centros educativos
- Esta actividade enmárcase nas actuacións do Plan DigiTalent 2030 para fomentar as vocacións dixitais entre os máis novos
Sábado 30 Marzo 2024
Máis do 86% das entradas de rexistro na Xunta son por vía electrónica e más de 1.5 millóns de personas usan Chave365
- Meteogalicia é o portal web autonómico máis consultado, con más de 2 millóns de visitantes e os portais de turismo suman cerca de 3,5 millóns de persoas usuarias
- En 2023 aumentáronse as canles dixitais de comunicación coa cidadanía con apps como XuntaEu ou novos portais sobre ciberseguridade, investigación e innovación sobre saúde ou mobilidade, entre outros
- A aplicación abalarMobil ten máis de 400 mil persoas usuarias activas, con máis de 38 millóns de accesos en 2023
- As aplicacións para móbiles desenvolvidas pola Xunta acumulan máis de 3,1 millóns de descargas
Miércoles 27 Marzo 2024
A aplicación da robotización á xestión de pagos en procesos xudiciais facilitará a axilización da tramitación
- A Xunta está a pilotar a automatización robótica de procesos nunha vintena de procedementos, tanto da Administración xeral como do eido xudicial
- O emprego destas tecnoloxías libera ao persoal empregado público de tarefas repetitivas, incrementa a capacidade de tramitación das unidades administrativas e reduce os tempos de resposta
Viernes 22 Marzo 2024
Galicia soporta xa preto de 180 M€ de déficit acumulado polo retraso nas entregas a conta por parte do Goberno central
- Ademais, o custo financeiro desta demora acadaría os 4 M€ nos primeiros seis meses do ano
- A Xunta de Galicia pide seriedade e responsabilidade ao delegado do Goberno central porque os números non menten
Sábado 16 Marzo 2024
Máis da metade da poboación de Galicia declara que sufriu un incidente de ciberseguridade no último ano
- O Observatorio da Sociedade da Información e Modernización publica o seu informe anual sobre "O estado da Ciberseguridade en Galicia"
- Máis do 70% das persoas consultadas asegura ter coñecementos sobre a información que se comparte en internet e un 42% denega permisos para usar datos con fins publicitarios
Viernes 15 Marzo 2024
A Xunta pon en marcha unha aplicación que permitirá á cidadanía acceder de forma áxil e sinxela aos servizos da Axencia Tributaria de Galicia
- A través desta APP os usuarios poderán pedir cita, pagar taxas ou obter os certificados de estar ao corrente de pago coa Xunta, entre outros servizos
- Neste momento, está dispoñible para o sistema IOS e nos vindeiros días xa estará tamén en Android
- Está dispoñible en galego e en castelán e inclúe servizos de acceso libre e outros que requiren acreditar a identificación do usuario
- Esta nova aplicación irá ampliando os servizos dispoñible e enmárcase nas actuacións para reforzar a información e simplificar a asistencia a toda a cidadanía
A Xunta e o Clúster TIC suman esforzos para promover o talento galego para unha transformación dixital adaptada ás necesidades de Galicia
- O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia participou hoxe nunha sesión de presentación de ideas no marco do proxecto TechAngels
- TechAngels forma parte das actuacións do convenio entre a Axencia, o IGAPE e o Clúster TIC
- O obxectivo da iniciativa e poñer en contacto a emprendedores e startups con investidores e empresas tecnolóxicas con capacidade para poñer en marcha os proxectos
- As actuacións da Xunta sobre conectividade, xestión do territorio, mobilidade e transporte, servizos sociais, ou Administración e servizos dixitais requiren de solucións adaptadas e autóctonas que utilicen tecnoloxías de alto impacto como a intelixencia artificial
Lunes 11 Marzo 2024
Galicia pagou aos seus provedores nunha media de 14 días durante o ano 2023 por debaixo da media das comunidades
- Ademais, o período medio de pago de Galicia no mes de decembro situouse en 19,46 días, 11 dias por debaixo da media autonómica
Lunes 12 Febrero 2024
La Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia entra a formar parte de la Alianza Global de Ciberseguridad (GCA)
- Esta adhesión fortalece o ecosistema do Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal
- A GCA é unha organización internacional e intersectorial, da que forman parte máis de 130 empresas e institucións, dedicada a reducir o risco cibernético e mellorar o mundo interconectado
- A Xunta colaborará en iniciativas de investigación para a protección do Internet das Cousas, incluídas infraestruturas críticas
Jueves 1 Junio 2023
La Xunta colabora con 36 funcionarios en la campaña de atención presencial para la elaboración de la renta 2022 que comienza hoy
- Os contribuíntes galegos xa se están a beneficiar das medidas de alivio fiscal postas en marcha en Galicia para loitar contra a suba de prezos
0 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
0 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.