A Axencia Tributaria de Galicia anula débedas residuais en período executivo por ter un importe inferior a tres euros

  • Así se desprende dunha resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG)
  • A anulación de débedas residuais evita recadacións que ocasionan perdas para a facenda pública
  • Afecta a 858 débedas dun importe medio de 0,9 euros

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución conxunta da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma pola que se acorda a anulación e baixa en contabilidade de todas aquelas liquidacións que se encontren en período executivo e das cales resulte unha débeda pendente de recadar por un importe inferior aos tres euros.

A anulación de débedas residuais realízana de xeito periódico todas as administracións tributarias. O seu obxectivo é evitar actuacións recadadoras que supoñen unha perda para a facenda pública, xa que nestas liquidacións xéranse uns custos superiores aos recursos que potencialmente se puidesen obter coas mesmas.

As actuacións previstas na resolución publicada hoxe no DOG efectuaranse en relación coas liquidacións das cales resulte unha débeda pendente inferior á referida cantidade a 31 de decembro de 2023. Neste caso, suporá a anulación de 858 débedas que suman un total de 813,66 euros, é dicir, un importe medio de 0,9 euros por cada débeda anulada.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23564 {"title":"A Axencia Tributaria de Galicia anula débedas residuais en período executivo por ter un importe inferior a tres euros","published_date":"2024-04-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23564"} galicia C. de Facenda e Administración Pública https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-12/23564-axencia-tributaria-galicia-anula-debedas-residuais-periodo-executivo-ter-importe-inferior-tres-euros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.