Os galegos e galegas de 16 a 44 anos superan a media estatal en competencias dixitais básicas e avanzadas

  • Á cabeza está o grupo de idade de 25 a 34 anos, no que a porcentaxe de capacitación dixital sitúase no 93,2%, 11 puntos máis que a media estatal 
  • O 64,1% dos galegos ten competencias dixitais básicas e avanzadas, 8,5  puntos por riba da a media europea e a só 2,1 puntos da media estatal  
  • O 36% da poboación de Galicia dispón dun nivel avanzado de competencias dixitais en todas as áreas: acceso á información, comunicación, creación de contidos, resolución de problemas e seguridade
  • A proporción de cidadáns que non usan internet en Galicia baixou máis dun 20% nos dous últimos anos

Santiago de Compostela, 17 de maio de 2024

Os galegos e galegas de 16 a 44 anos superan a media estatal en competencias básicas e avanzadas. Á cabeza está o grupo de idade de 25 a 34 anos, no que a porcentaxe de capacitación dixital está no 93,2%, 11 puntos máis que a media estatal. A continuación, está o tramo de idade de 16 a 24 anos, no que o 86,9% dispón dese nivel de habilidades dixitais, 3 puntos por riba da media estatal, e en terceiro lugar, o 76,6% dos galegos e galegas de 35 a 44 anos.

A partir dos 45 anos descende a porcentaxe de galegos e galegas con competencias dixitais, de forma leve ata os 54 anos, cunha diferencia de menos dun punto con respecto ao conxunto do Estado; e de forma máis acusada nos tramos de idade dos 55 a os 74 anos con diferencias que superan os 5 puntos.

Estes datos do Informe de "Competencias Dixitais da poboación galega 2023", elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica, apuntan á idade como un dos factores con máis peso na capacitación dixital da sociedade.

Segundo o documento, publicado hoxe, o 64,1% dos galegos e galegas conta con competencias dixitais básicas e avanzadas, o que supón un crecemento de 2,4  en dous anos e a redución da fenda coa media estatal a 2,1 puntos. Estas cifras sitúan a Galicia na sétima posición da clasificación estatal en competencias dixitais básicas e avanzadas e 8,5 puntos por riba da media europea, que está no 55,5%.

O informe sinala que o 36% dos galegos posúe competencias dixitais avanzadas nas cinco áreas que establece o indicador de competencias dixitais, é dicir, que mais dun terzo dos galegos e galegas dispoñen de nivel avanzado de habilidades dixitais na obtención de información e alfabetización, comunicación, creación de contidos, resolución de problemas e seguridade. Outro dos datos destacados do informe é que, nos últimos dous anos, reduciuse nun 20% a porcentaxe de galegos que non emprega internet.

Xunto coa idade, a formación é tamén un dos factores determinantes no nivel das habilidades dixitais. O 90,3% dos galegos e galegas con grao universitario dispoñen de competencias dixitais básicas e avanzadas fronte ao 87,7% da media estatal; así como o  73,1% galegos que teñen cursado o bacharelato, a 3 puntos da media estatal.  Ademais, a porcentaxe de estudantes galegos con estas habilidades sitúase no 94,7% fronte ao 86,4% do estudantes do resto do Estado. 

Por áreas competenciais, Galicia sitúase a unha importante distancia da media europea en todas as dimensións e reduce distancias coa media estatal. Máis do 86% dos galegos posúe competencias dixitais básicas ou avanzadas na busca de información e comprobación de datos; preto do 91% da poboación galega conta cun nivel básico ou avanzado na comunicación a través de internet: preto do 85% dos galegos dispón destes niveis de habilidades para a resolución de problemas e o 76,6 % contan con capacidades básicas ou avanzadas en materia de seguridade. A creación de contidos dixitais é área menos estendida en Galicia cun 71,5% de galegos con competencias neste ámbito. 

Competencias Dixitais

O nivel de competencias dixitais é o principal indicador de dixitalización dos cidadáns, utilizado como referente básico en toda a Unión Europea dende 2015. Elabórase a partir do Marco de Competencias Dixitais para o Cidadán.

A Estratexia Galicia Dixital 2030, que está a desenvolver a Xunta, asume o obxectivo definido pola Comisión Europea de facilitar a capacitación dixital á cidadanía para que poida desenvolverse a nivel persoal, participar no conxunto da sociedade como cidadáns activos, utilizar os servizos públicos e exercer os seus dereitos básicos.

Para facilitar este obxectivo Galicia aprobou un Marco Galego de Competencias Dixitais que permitirá aos galegos e galegas acreditar as súas habilidades dixitais ante calquera instancia. Ademais, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia está a desenvolver un Plan de Reforma e Ampliación da Rede de aulas públicas CeMIT, con dotación de novo material innovador e un reforzo da formación en tecnoloxías Innovadoras.

Converxencia coa UE

A Rede CeMiT, integrada por 96 aulas e con preto de 115.000 usuarios, é un dos instrumentos principais na capacitación dixital da sociedade galega, e xunto coa mellora da conectividade grazas aos diferentes plans de banda larga impulsados pola Xunta entre 2010 e 2020, tivo un papel fundamental no obxectivo de converxer con Europa na dixitalización de Galicia.

Os últimos datos do INE sinalan que preto do 93% dos fogares galegos contan con Internet contratado e máis do 92% dos galegos emprega internet. Galicia creceu naqueles indicadores nos que partía con desvantaxe, como no acceso á internet nos tramos de idade máis elevados ou na contratación deste servizo nos concellos de menor tamaño.

Hoxe, preto do 70% dos galegos e galegas de entre 65 e 74 anos empregan internet, fronte ao 53% de 2020. Entre a poboación máis nova, por debaixo dos 35 anos, o uso de Internet é practicamente universal, nuns valores moi similares ao dos do conxunto do Estado.

Por hábitat, nos concellos de menos de 10.000 habitantes os fogares con conexión a internet superan o 91%; nos de 10.000 a 20.000 a porcentaxe acada o 93%; nos de 20.000 a 50.000 sitúase en preto do 95% e nos de 50.000 a 100.000 habitantes o 100% dos fogares dispoñen de conexión a internet.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24422 {"title":"Os galegos e galegas de 16 a 44 anos superan a media estatal en competencias dixitais básicas e avanzadas","published_date":"2024-05-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24422"} galicia C. de Facenda e Administración Pública https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-17/24422-os-galegos-e-galegas-16-44-anos-superan-media-estatal-competencias-dixitais-basicas-e-avanzadas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.