O DOG publica hoxe a orde de actualización das retribucións que recolle o incremento salarial do 2%

Imagen del artículo O DOG publica hoxe a orde de actualización das retribucións que recolle o incremento salarial do 2%

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Goberno galego fará efectiva no mes de xullo a suba prevista no acordo salarial entre o Goberno central e os sindicatos, que tardou seis meses en ser autorizado
  • Este incremento adicional aplicarase con efectos do 1 de xaneiro de 2024 e suporá unha suba media anual de 782 € no salario dos empregados públicos autonómicos e un custo de 97 M€
  • Sumado ao 0,5% de incremento que se aplicou en febreiro, consolida un crecemento anual do 2,5% no 2024

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2024

O DOG publica hoxe a orde de actualización das retribucións que recolle o incremento salarial do 2% na nómina do persoal empregado público para compensar os efectos da inflación.

O Goberno galego fará efectiva no mes de xullo a suba prevista no acordo salarial entre o Goberno central e os sindicatos. Esta medida estaba xa contemplada na disposición adicional oitava da Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, pero para a súa aplicación precisaba que o habilitara a normativa básica do Estado. O Goberno central tardou medio ano en aprobar esa norma que establece a actualización das retribucións do persoal ao servizo do sector público.

Esta medida complementa a xa adoptada en febreiro deste mesmo ano, ao cumprirse a condición de crecemento do PIB prevista, o que supuxo un aumento do 0,5%, que determina que o incremento anual consolidado para os empregados públicos autonómicos sexa do 2,5% neste 2024.

Salarios e custes

Este incremento adicional aplicarase con efectos do 1 de xaneiro de 2024 e suporá unha suba media anual de 782 € no salario dos empregados públicos autonómicos e un custo de 97 M€, mentres que o incremento de febreiro supuxo de media 196 € máis na nómina dos empregados e un custo de 24 M€.

O 2,5% anual de incremento consolidado deste 2024 supón un custo para a Facenda pública de 121 M€ e un incremento salarial medio de preto de mil euros para os empregados públicos autonómicos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
325945 {"title":"O DOG publica hoxe a orde de actualización das retribucións que recolle o incremento salarial do 2%","published_date":"2024-07-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"325945"} galicia C. de Facenda e Administración Pública https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-15/325945-dog-publica-hoxe-orde-actualizacion-das-retribucions-recolle-incremento-salarial-do-2 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.