La Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia entra a formar parte de la Alianza Global de Ciberseguridad (GCA)

  • Esta adhesión fortalece o ecosistema do Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal  
  • A GCA é unha organización internacional e intersectorial, da que forman parte máis de 130 empresas e institucións, dedicada a reducir o risco cibernético e mellorar o mundo interconectado  
  • A Xunta colaborará en iniciativas de investigación para a protección do Internet das Cousas, incluídas infraestruturas críticas

Santiago, 12 de febreiro de 2024

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia acaba de asinar un acordo de adhesión á Alianza Global de Ciberseguridade (GCA). Esta incorporación permitirá achegar a labor desta importante organización internacional ao ecosistema galego de ciberseguridade, agrupado no Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal. 

A adhesión da Axencia comezou a xestarse coa colaboración con Dominio PuntoGal, entidade que forma parte da GCA e tamén de CIBER.gal. A GCA destaca que, como socio, PuntoGal mostrou un compromiso firme coa misión xeral da organización e con iniciativas específicas, como Domain Trust, que permite a posta en común de dominios sospeitosos. 

A Axencia galega e a GCA acordaron poñer en marcha iniciativas de colaboración  na protección do Internet das Cousas. Abordarán tamén accións de divulgación e explorarán unha colaboración reforzada a través da futura incorporación da GCA ao Nodo CIBER.gal. 

Esta incorporación, ademais de fortalecer o ecosistema creado en torno ao Nodo, reforza a súa presenza internacional e a posición de Galicia como rexión pioneira na sensibilización, concienciación e investigación neste ámbito. A colaboración coa GCA aportará valor ao aliñarse co obxectivo de reforzar a ciberseguridade para a cidadanía, empresas e Administracións Públicas. 

Philip Reitinger, presidente e CEO da Global Cyber Alliance, indicou que con este acordo se amplía a valiosa colaboración con socios activos e cunha forte implantación en Galicia, que teñen a visión de levar a ciberseguridade máis lonxe". Engadiu, neste sentido que a Axencia "e o seu magnífico labor na posta en marcha do Nodo CIBER.gal, é un aliado extraordinario para conseguir avanzar na nosa misión". 

Global Cyber Alliance (GCA) é unha organización internacional sen ánimo de lucro dedicada a crear comunidades para despregar ferramentas, servizos e programas que proporcionen ciberseguridade a escala global. Para elo, traballa coas comunidades; implica aos propietarios e operadores de infraestruturas; e impulsa mobilizacións estratéxicas para a acción colectiva en materia de ciberseguridade.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22494 {"title":"La Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia entra a formar parte de la Alianza Global de Ciberseguridad (GCA)","published_date":"2024-02-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"22494"} galicia C. de Facenda e Administración Pública,I+D+i https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-02-12/22494-axencia-modernizacion-tecnoloxica-galicia-entra-formar-parte-alianza-global-ciberseguridad-gca https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.