A décima edición de tecnólog@ por un día ofrece preto de 50 prazas para o alumnado de 12 a 17 anos

  • Esta iniciativa brinda a estudantes de secundaria e bacharelato a oportunidade de coñecer o funcionamento dunha empresa tecnolóxica
  • Ata o 9 de abril, os interesados en participar poden inscribirse a través dos seus centros educativos
  • Esta actividade enmárcase nas actuacións do Plan DigiTalent 2030 para fomentar as vocacións dixitais entre os máis novos

Santiago de Compostela, 1 de abril do 2024

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia vén de poñer en marcha a décima edición do programa Tecnólog@ por un día, que ofrece aos estudantes de secundaria e bacharelato a oportunidade de formar parte dunha xornada laboral dunha empresa tecnolóxica.

Esta nova edición conta con 48 prazas dispoñibles para visitar o Centro GaiásTech ou as instalacións das empresas TIC que colaboran coa iniciativa: Altia, Bahía Software, DXC Technology, NTT DATA, Quobis e Duacode.

Tecnlóg@ por un día é unha actividade lúdica e interactiva que permite a rapaces e rapazas de 12 a 17 anos coñecer o funcionamento dos centros de traballo das empresas tecnolóxicas galegas, achegarse a proxectos reais e tomar contacto coas novas profesións dixitais da man do persoal experto destas compañías.

Inscrición a través dos centros educativos

Os centros educativos, a través do seu persoal docente, serán os encargados de solicitar a inscrición dos mozos e mozas con interese en converterse en tecnólog@s por un día; e o prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 9 de abril.

O formulario de inscrición está dispoñible no espazo de Tecnólog@ por un día da web DigiTalent, no que se deberá achegar a autorización de participación asinada polos pais, nais ou titores/as responsables dos estudantes. Neste espazo, ademais, docentes, alumnado e profesionais das entidades colaboradoras poden atopar toda a documentación de referencia sobre esta actividade.

Sorteo para listaxe definitiva

Durante a terceira semana de abril celebrarase o sorteo público para a asignación das prazas e a listaxe de reservas e, a partir do 16 de abril, docentes e empresas comezarán a recibir no seu enderezo electrónico as comunicacións co resultado do sorteo e os pasos a seguir para a participación na actividade.

Todos os detalles desta e outras actuacións dirixidas á infancia e adolescencia, así como as instrucións para participar atópanse en constante actualización na web DigiTalent.

Plan DigiTalent

Tecnólog@ por un día forma parte do catálogo de actividades do Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital, para o impulso  da inclusión, capacitación e talento dixital galego que, a través do seu terceiro eixe estratéxico, canaliza iniciativas dirixidas a fomentar as vocacións dende idades temperás e o talento dixital avanzado en Galicia.

O obxectivo desta iniciativa é fomentar as vocacións STEAM, mellorar a súa perspectiva sobre os perfís dixitais e resolver as súas inquedanzas sobre as profesións científico-tecnolóxicas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23332 {"title":"A décima edición de tecnólog@ por un día ofrece preto de 50 prazas para o alumnado de 12 a 17 anos","published_date":"2024-04-01","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23332"} galicia C. de Facenda e Administración Pública https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-01/23332-decima-edicion-tecnolog-dia-ofrece-preto-50-prazas-alumnado-12-17-anos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.