Miguel Corgos anuncia que o Goberno galego revisará á alza a previsión do crecemento da economía para este ano elevando en dúas décimas a estimación do PIB ata o 2,1 %

Imagen del artículo Miguel Corgos anuncia que o Goberno galego revisará á alza a previsión do crecemento da economía para este ano elevando en dúas décimas a estimación do PIB ata o 2,1 %

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Facenda e Administración Pública compareceu hoxe no Parlamento para expoñer as 10 liñas estratéxicas do seu departamento
  • Subliñou que o primeiro compromiso é seguir aprobando, en tempo e forma, os orzamentos, que impulsarán a vivenda, as infraestruturas sanitarias e priorizarán a execución dos Fondos de Recuperación e Resiliencia 
  • Destacou o compromiso de manter a Galicia como un dos territorios nos que as rendas medias e baixas pagan menos impostos e cunha política económico financeira rigorosa, responsable e prudente, co fin de seguir reducindo a ratio débeda/PIB, ata o 15,4% PIB a finais deste ano
  • En materia de emprego público, afirmou que a Xunta continuará desenvolvendo procesos selectivos para afrontar o reto de renovación de efectivos e responder ás novas necesidades, coa previsión de convocar nos vindeiros catro anos máis de 4.000 novas prazas
  • Salientou que o Goberno galego seguirá traballando para que a Comunidade estea presente no mapa europeo das tecnoloxías de vangarda

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, anunciou hoxe no Parlamento que o Goberno galego revisará á alza a previsión do crecemento da economía para este ano, elevando en dúas décimas a estimación do PIB, do 1,9% que está nos actuais orzamentos, ata o 2,1%.

Na súa intervención na Cámara galega para expoñer as 10 liñas xerais de funcionamento do seu departamento, o titular de Facenda e Administración Pública reafirmou a aposta da Xunta por blindar a solvencia de Galicia e impulsar o crecemento sostible e o emprego. 

Miguel Corgos salientou que unha das fortalezas que caracteriza á Comunidade é a estabilidade política, institucional e financeira, que o Goberno galego está a reafirmar ano a ano. "Redobraremos os esforzos para que Galicia siga poñendo a estabilidade política ao servizo da cidadanía, siga sendo unha comunidade fiscalmente competitiva e siga fortalecendo a súa sustentabilidade financeira", dixo, en alusión aos principais retos para esta lexislatura.  

O conselleiro de Facenda e Administración Pública subliñou que o primeiro compromiso é seguir aprobando, como cada ano, en tempo e forma, os orzamentos para Galicia que, tal e como recolle a orde publicada no DOG o pasado 18 de xuño, impulsarán a vivenda, as infraestruturas sanitarias e priorizarán a execución dos Fondos de Recuperación e Resiliencia, no seu último exercicio completo, para dar cumprimentos aos fitos e obxectivos previstos. 

Outra liña estratéxica para esta lexislatura é, segundo explicou, manter a Galicia como un dos territorios nos que as rendas medias e baixas pagan menos impostos. Así, recordou que se acaba de aprobar a bonificación do Imposto de Sucesións para as herdanzas de ata 25.000 euros entre irmáns, tíos, sobriños, sogros, cuñados e xenros. Ademais de seguir reforzando a loita contra a fraude fiscal, priorizando as medidas de prevención e facilitando a asistencia ao contribuínte.

O Goberno galego seguirá apostando, segundo Miguel Corgos, por unha política económico financeira rigorosa, responsable e prudente, co obxectivo de seguir reducindo aínda máis a ratio débeda/PIB, ata o 15,4% PIB a finais deste ano, e coa previsión de baixalo de maneira progresiva, medio punto cada exercicio durante toda esta lexislatura, ata rematala por debaixo do 14%. "Outra prioridade será que Galicia siga estando entre as comunidades á cabeza do período medio de pago", engadiu, recordando que o último dato publicado, correspondente ao mes de abril, sitúa a Galicia como a comunidade que paga máis axiña, en 13 días, menos da metade da media, que supera os 31 días.

Coordinación, complementariedade e sinerxías dos fondos europeos

En materia de fondos europeos, recordou que Galicia ten demostrado o seu exemplar comportamento na execución dos recursos comunitarios. "Nesta lexislatura executaremos con axilidade ao completo o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (Next Generation), pese á falta de cogobernanza do Goberno central coas CC.AA.", avanzou, subliñando que a Xunta, ata o mes de marzo, publicou convocatorias por 1.107 millóns, das que adxudicou 1.007 millóns, un 91 % do convocado.

O titular de Facenda e Administración Pública aproveitou a súa intervención para demandar novamente unha maior capacidade de xestión dos fondos europeos e asegurou que a Xunta promoverá a coordinación, complementariedade e sinerxías destes recursos.

O Plan Estratéxico como folla de ruta

En materia de planificación, explicou que os obxectivos fixados para o orzamento de 2025 continuarán a ter o Plan Estratéxico como horizonte das liñas de investimento e gasto. Unha folla de ruta que establece as prioridades e retos para esta década: acadar no ano 2030 a práctica converxencia con España en termos de renda bruta dispoñible e superar o 90% do PIB per cápita da Unión Europea; aumentar un 10% a taxa de ocupación, rebaixar a taxa de paro ata o 8%, reducir á metade o desemprego xuvenil e diminuír 6 puntos a temporalidade; ademais de eliminar as fendas de xénero, cunha equiparación das taxas de ocupación feminina e masculina.

Respecto ao emprego público, Miguel Corgos afirmou que o Goberno galego continuará desenvolvendo procesos selectivos para afrontar o reto de renovación de efectivos e responder ás novas necesidades, coa previsión de convocar nos vindeiros catro anos máis de 4.000 novas prazas. Ademais de culminar a estabilización do persoal empregado público, con máis de 6.000 persoas beneficiadas, co que a taxa de temporalidade quedará no entorno do 7%.

A Administración autonómica da terceira década do século XXI

Ao longo da súa comparecencia, o conselleiro de Facenda e Administración Pública referiuse tamén á necesidade de afondar na modernización dos procedementos e dos servizos prestados aos cidadáns, de cara á Administración autonómica da terceira década do século XXI. Unha administración capaz de ir incorporando cada vez máis procedementos activos, de xeito que sexa esta a que, de oficio, lle facilite os trámites ás persoas beneficiadas dos mesmos.

Así mesmo, destacou que nesta lexislatura continuarase coa política de redución, racionalización e aforro en alugueiros e de aproveitamento do patrimonio propio da Administración autonómica. A iniciativa reducirá o gasto en alugueiros ao entorno de 1,5 millóns de euros; é dicir, a menos dunha cuarta parte do que se gastaba en 2009.

Miguel Corgos salientou que o Goberno galego seguirá ademais traballando para que a Comunidade estea presente no mapa europeo das tecnoloxías de vangarda: posicionándoa como rexión punteira en intelixencia artificial ética e fiable; reforzando de forma integral a ciberseguridade en Galicia, coa implicación de administracións, empresas e cidadanía, e apostando por unha xestión intelixente do dato. O conselleiro destacou que o Goberno galego deu luz verde onte mesmo ao anteproxecto da Lei de Intelixencia Artificial, situando a Galicia na primeira rexión europea que a regula.

Para rematar, o titular de Facenda e Administración Pública incidiu na necesidade de revisar o sistema de financiamento autonómico. "O Goberno galego ten clara a súa posición desde o ano 2015 e así está expoñéndoo de maneira reiterada en todos os foros aso que asiste", dixo, recordando os cinco puntos sobre os que pivota: negociación multilateral, suficiencia de recursos, asignación do custe de servizos de maneira equitativa entre comunidades, autonomía fiscal e corresponsabilidade fiscal. O conselleiro finalizou a súa comparecencia insistindo en que o Goberno galego seguirá mantendo unha posición forte na defensa dos intereses de Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
313705 {"title":"Miguel Corgos anuncia que o Goberno galego revisará á alza a previsión do crecemento da economía para este ano elevando en dúas décimas a estimación do PIB ata o 2,1 %","published_date":"2024-07-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"313705"} galicia C. de Facenda e Administración Pública https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-09/313705-miguel-corgos-anuncia-goberno-galego-revisara-alza-prevision-do-crecemento-da-economia-ano-elevando-duas-decimas-estimacion-do-pib-ata-2-1 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.