Declaración institucional da Xunta de Galicia con motivo do 17 de maio, Día Mundial de Internet

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

A Xunta de Galicia súmase ao obxectivo "Por unha intelixencia artificial comprometida cos dereitos dixitais" ao que se dedica o Día Mundial de Internet que hoxe conmemoramos e que para nós ten unha significación especial pola súa coincidencia co Día das Letras Galegas.

A Xunta de Galicia reitera o seu compromiso coa salvagarda de todos os dereitos das persoas (incluídos os dixitais) ante o desenvolvemento e uso dunha intelixencia artificial que debe garantir a humanidade das decisións e actuacións, a súa legalidade, as liberdades individuais, a non discriminación e a seguridade e integridade das persoas.

Este compromiso estará reflectido na Lei que a Xunta está a preparar para regular o desenvolvemento e uso da intelixencia artificial na Administración Xeral de Galicia e no sector público autonómico; para garantir os dereitos das persoas ante a aplicación desta tecnoloxía nas súas relacións coa administración e para promover e incentivar a súa utilización en beneficio do benestar e xeración de riqueza.

Así, a lei galega será a primeira en recoñecer, para o ámbito do uso da intelixencia artificial, os dereitos de liberdade, de igualdade e de reacción. En concreto garantirá, entre os dereitos de liberdade, a obriga de proporcionar unha información completa e accesible, o establecemento duns criterios e controis para a toma de decisións, ou a creación de mecanismos de reclamación sobre as decisións adoptadas. Garantirá, así mesmo, os dereitos de igualdade e non discriminación, e os dereitos de reacción en cuestións como a protección de datos ou o dereito á revisión das decisións nas que interveña a intelixencia artificial.

A Xunta de Galicia reitera tamén a súa adhesión ao 'enfoque europeo' para o liderado no desenvolvemento dunha intelixencia artificial humanista e de confianza e felicita a aprobación do Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial (AIA). Ao mesmo tempo, avoga porque os esforzos normativos sexan compatibles coas liberdades individuais e as necesidades de innovación para a competitividade, en liña co obxectivo dunha soberanía dixital europea.

Reiteramos tamén o compromiso para que as tecnoloxías de información e comunicacións e a intelixencia artificial sexan usadas para vertebrar e cohesionar o territorio, para avanzar na igualdade de oportunidades, para a saúde, a atención sanitaria e os servizos sociais, para a xeración de talento, emprego e riqueza e, en definitiva, para mellorar a calidade de vida da cidadanía de Galicia.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 17/05/2024
24430 {"title":"Declaración institucional da Xunta de Galicia con motivo do 17 de maio, Día Mundial de Internet","published_date":"2024-05-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets_v2\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia.png","id":"24430"} galicia C. de Facenda e Administración Pública; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-17/24430-declaracion-institucional-da-xunta-galicia-motivo-do-17-maio-dia-mundial-internet https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.