A Xunta traballa para que Galicia teña tecnoloxías seguras que melloren a calidade de vida das persoas e as oportunidades de creación de riqueza

  • O Goberno galego quere consolidar unha Comunidade dixitalmente madura e intelixente 
  • O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, inaugura na Coruña o VII Congreso Español de Informática
  •  

A Coruña, 19 de xuño de 2024

A Xunta traballa para que Galicia teña tecnoloxías seguras coas que mellorar a calidade de vida das persoas e as oportunidades de creación de riqueza. Así o explicou o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, durante a inauguración do VII Congreso Español de Informática, hoxe na Coruña.

O Goberno galego quere consolidar unha Comunidade dixitalmente madura e intelixente. A intelixencia artificial, o Internet das Cousas, os vehículos non tripulados ou a ciberseguridade representan unha oportunidade para dar cohesión e vertebrar un territorio como o galego, que require dunha modernización tecnolóxica singular debido ás características do seu territorio, á dispersión da poboación e á elevada esperanza de vida.

Deste xeito, o Goberno galego favorece a implantación desas tecnoloxías poñéndoas ao servizo das persoas aproveitando todas as oportunidades que presentan, tanto no ámbito social, como no da saúde, no medio ambiental, no turismo ou no sector primario.

Miguel Corgos lembrou que é o traballo de máis de 15 anos, cunha Estratexia Dixital Galega planificada a través de tres agendas: 2010, 2020 e 2030 o que permite hoxe configurar un territorio dixitalmente maduro que se impulsa a través do despregue de redes de telecomunicacións, a capacitación dixital da cidadanía e o desenvolvemento de servizos dixitais con vocación universal.

AESIA e Ciberseguridade

O conselleiro de Facenda e Administración Pública puxo en valor o traballo conxunto impulsado desde a Xunta para que Galicia acolla a sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) e ofreceu a colaboración do Goberno galego ao novo director da axencia.

Precisamente, apuntou Miguel Corgos, a coordinación dos esforzos das distintas administracións, as universidades, os centros de investigación, o sector tecnolóxico e o resto dos sectores produtivos é fundamental para avanzar na soberanía dixital que Galicia precisa para desenvolver unhas tecnoloxías á medida das súas necesidades, se consolide como unha rexión especializada en tecnoloxía.

Ademais, Miguel Corgos avogou por que as Administracións públicas asuman a responsabilidade de garantir á cidadanía o acceso seguro a todas estas ferramentas, como está a facer a Xunta a través de iniciativas como o Centro de Excelencia en CIberseguridade de Ourense.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
276553 {"title":"A Xunta traballa para que Galicia teña tecnoloxías seguras que melloren a calidade de vida das persoas e as oportunidades de creación de riqueza","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"276553"} galicia C. de Facenda e Administración Pública https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/276553-xunta-traballa-galicia-tena-tecnoloxias-seguras-melloren-calidade-vida-das-persoas-e-as-oportunidades-creacion-riqueza https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.