A Xunta reclama para a AESIA un modelo de gobernanza no que participen as comunidades autónomas

  • O Conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participou hoxe na Conferencia Sectorial de Transformación Dixital
  • Os representantes da maior parte dos gobernos autonómicos lamentaron que o Goberno non solicitara aportacións dos territorios para a elaboración da nova estratexia española de IA
  • Corgos pon en valor a especialización de Galicia en intelixencia artificial e destaca que será a primeira rexión europea en dispoñer dunha lei para impulsar o seu uso na Administración autonómica

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, defendeu hoxe que as comunidades autónomas teñan unha participación directa e activa na gobernanza da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial, que se vai instalar na Coruña.

Miguel Corgos participou está mañá na Conferencia Sectorial de Transformación Dixital, da que forman parte o Goberno do Estado e todas as comunidades autónomas. Na reunión participou o ministro de Transformación Dixital e Función Pública, José Luis Escrivá. O conselleiro estivo acompañado polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño.

A maior parte dos representantes autonómicos trasladaron ao ministro o seu malestar polo feito de que as Comunidades Autónomas non foran consultadas para a elaboración da nova Estratexia de Intelixencia Artificial do Estado. Neste sentido, o conselleiro insistiu en que as CCAA deben participar e ser tidas en conta para a posta en marcha desta estratexia.

Corgos lembrou que Galicia foi unha das tres primeiras comunidades españolas en atender a recomendación comunitaria de elaborar unha estratexia propia sobre intelixencia artificial.

O conselleiro tamén puxo en valor a aposta de Galicia pola especialización tecnolóxica e, en concreto, polo desenvolvemento e uso da intelixencia artificial. Neste sentido, Galicia entende a transformación dixital como unha oportunidade para afrontar a cohesión do territorio, para achegar os servizos ás zonas rurais, para proporcionar calidade de vida ás persoas e para xerar riqueza e emprego.

Nesta aposta pola especialización en intelixencia artificial enmarcouse a promoción e elaboración, por parte da Xunta, da candidatura que permitiu que a AESIA se instale na Coruña. Na mesma liña, o Consello da Xunta de Galicia aprobará nas vindeiras semanas o proxecto de Lei para o desenvolvemento e impulso da Intelixencia Artificial en Galicia que, tras someterse á aprobación do Parlamento, será a primeira lexislación deste tipo que se adopte nunha rexión Europea.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
265664 {"title":"A Xunta reclama para a AESIA un modelo de gobernanza no que participen as comunidades autónomas","published_date":"2024-06-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"265664"} galicia C. de Facenda e Administración Pública; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-14/265664-xunta-reclama-aesia-modelo-gobernanza-participen-as-comunidades-autonomas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.