A aplicación da robotización á xestión de pagos en procesos xudiciais facilitará a axilización da tramitación

  • A Xunta está a pilotar a automatización robótica de procesos nunha vintena de procedementos, tanto da Administración xeral como do eido xudicial
  • O emprego destas tecnoloxías libera ao persoal empregado público de tarefas repetitivas, incrementa a capacidade de tramitación das unidades administrativas e reduce os tempos de resposta

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2024

A Xunta está a pilotar a aplicación de tecnoloxías de automatización robótica de procesos (RPA), xestión de contas de consignación e depósitos xudiciais. O emprego desta tecnoloxía evitará ao persoal empregado público a revisión de ingresos e transferencias vinculados a un mínimo de 165.000 casos anuais, que poderán dedicarse a tarefas de maior valor, reducindo os tempos de tramitación.

As contas de consignación e depósitos xudiciais permiten á cidadanía realizar ingresos vinculados a un proceso xudicial concreto, así como recibir os importes que determine  o órgano xudicial. A aplicación da robótica permitirá obter o detalle dos movementos de ingresos e transferencias recibidas para cada xulgado, cruzar os datos entre o número de conta e o expediente xudicial correspondente no sistema de información Minerva e cargar o PDF deste movemento no expediente xudicial correspondente.  Este é un dos preto de 20 procedementos nos que se está a pilotar a aplicación da automatización, tanto na Administración xeral autonómica como no eido xudicial.

Plataforma de automatización intelixente

A Xunta de Galicia busca estender o uso das tecnoloxías de intelixencia artificial e robótica aos procedementos administrativos de xeito progresivo grazas á plataforma de automatización intelixente que comezou a desenvolver en 2022.

Esta plataforma permite dar resposta áxil ás necesidades de tramitación de grandes volumes de expedientes que inclúen procesos repetitivos; reducir os tempos de tramitación e dar un mellor servizo á cidadanía, e incrementar a capacidade de tramitación das unidades administrativas, evitando que as persoas realicen tarefas que poden ser automatizadas.

As principais vantaxes da aplicación destas tecnoloxías é que facilitan a revisión de grandes volumes de datos de maneira automática de xeito que liberan ao persoal empregado público de tarefas repetitivas e automáticas, e poden dedicarse a tarefas de maior valor.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23278 {"title":"A aplicación da robotización á xestión de pagos en procesos xudiciais facilitará a axilización da tramitación","published_date":"2024-03-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23278"} galicia C. de Facenda e Administración Pública https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-27/23278-aplicacion-da-robotizacion-xestion-pagos-procesos-xudiciais-facilitara-axilizacion-da-tramitacion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.